Guía de procedementos e servizos

MR265B

Axuda para a subministración de produtos aos centros escolares.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 29/08/2025 00:00 - 29/09/2025 23:59

Consellería do Medio Rural

Sobre o procedemento

Regular a presentación, por parte dos centros escolares interesados, das solicitudes para acollerse as axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado, de acordo co disposto no Regulamento (UE) 2016/791 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de maio de 2016, polo que se modifican os Regulamentos (UE) 1308/2013 e (UE) 1306/2013 no que atinxe ao réxime de axudas para a distribución nos centros escolares de froitas e hortalizas, plátanos e leite, e no Regulamento (UE) 2016/795 do Consello, do 11 de abril de 2016, que modifica o Regulamento (UE) 1370/2013, polo que se establecen medidas relativas á fixación de axudas e restitucións en relación coa organización común de mercados dos produtos agrícolas, e os regulamentos que os desenvolven e complementan.

Período de subministración, calendario de distribución e racións.

1. A subministración dos produtos nos centros escolares farase durante un ou os dous seguintes períodos de repartición autorizados:

1º período: de novembro de 2025 a febreiro de 2026 (ambos incluídos).

2º período: de marzo a xuño de 2026 (ambos incluídos).

A distribución de froitas frescas e castañas levarase a cabo, para cada un dos períodos autorizados, durante dez (10) días lectivos consecutivos.

A distribución de leite líquido de consumo levarase a cabo, para cada un dos períodos autorizados, durante un mínimo de dez (10) días lectivos consecutivos.

O órgano competente poderá autorizar unha variación dos días de distribución por causas xustificadas.

2. A ración máxima de consumo por alumno/a e día é de:

a) Froitas frescas e castañas: 0,17 kg.

b) Leite líquido de consumo e as súas versións sen lactosa: 200 cc.

 Poderán solicitar a axuda os centros escolares que pertenzan aos niveis de ensino citados no artigo 2 desta resolución, que teñan a súa sede na Comunidade Autónoma de Galicia e reúnan os requisitos establecidos nesta resolución.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Subdirección Xeral de Xestión da Pac

Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540071/ 981540079

Fax: 981546268

Email: mediorural.fogga@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo Territorial do FOGGA da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184525

Fax: 981184559

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo Territorial do FOGGA de Lugo

Rolda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294454

Fax: 982294411

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo Territorial do Fogga de Ourense

Rúa do Paseo, 22 - 1º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386942

Fax: 988386940

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra

Paseo de Cervantes, 7-1º

36002  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805442

Fax: 986805569

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

29/08/2025 00:00 - 29/09/2025 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As persoas solicitantes asumirán os correspondentes compromisos establecidos na presente resolución

1.Para poder participar no programa escolar as persoas solicitantes deberán estar autorizadas nos termos establecidos no artigo 7 e asumir os compromisos que figuran no anexo II.

2. Para os efectos da aplicación da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, será persoa beneficiaria da axuda unha persoa solicitante que fose aprobada para participar no Programa no curso escolar 2025/26, de acordo co establecido nesta resolución.

3. Non se lle poderá conceder a axuda a aqueles centros educativos que estean incursos nalgunha das causas de prohibición que impiden obter a condición de persoa beneficiaria previstas na normativa aplicable en materia de subvencións.

4. Para os efectos de xustificar o cumprimento dos requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas solicitantes asinarán unha declaración de cumprimento dos ditos requisitos, que se contén no anexo II desta resolución.

Solicitudes

1. As persoas solicitantes de axuda que pretendan participar no programa deberán ser autorizados pola dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga). Para estes efectos presentarán o anexo II desta resolución no prazo establecido no capítulo II.

Empregarase un anexo II para froitas frescas e castañas e outro anexo II para leite.

2. As persoas interesadas nas axudas previstas nesta resolución deberán solicitar obrigatoriamente as dúas modalidades de axuda: «froitas frescas e castañas» e «leite líquido de consumo». A presentación dunha solicitude para unha única modalidade comportará o envío dun requirimento en que se concederá un prazo para emendala ou para desistir dela.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. No caso de que os importes solicitados superen a contía das dispoñibilidades orzamentarias dun programa, estas distribuiranse proporcionalmente tomando como referencia a media do importe por alumno e día na totalidade de solicitudes e tendo en conta que non se adxudicará a cada solicitante máis importe que o solicitado.

5. Unha vez efectuados os controis pertinentes, os servizos territoriais do Fogga validarán, a través da aplicación informática creada para esta xestión, as solicitudes presentadas, para que a Dirección do Fogga dite a correspondente resolución no prazo de tres (3) meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación das solicitudes. Entenderanse desestimadas por silencio administrativo aquelas solicitudes de axuda que non sexan resoltas e notificadas no dito prazo.

6. As persoas solicitantes da axuda que foron aprobadas, deberán comunicar ao Fogga previamente á repartición dos produtos calquera modificación que pretendan realizar na distribución dos produtos da súa solicitude de axuda (supresión dun dos dous períodos de reparto previstos, cambio da data de inicio da distribución, etc).

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán solicitar obrigatoriamente as dúas modalidades de axuda: «froitas frescas e castañas» e «leite líquido de consumo», polo que teñen que presentar a seguinte documentación:

a) Para o grupo de produto de froitas frescas e castañas: anexo II de solicitude de axuda, xunto co anexo II-A de aceptación de compromisos e certificación de datos do centro escolar.

b) Para o grupo de produto de leite líquido de consumo: anexo II de solicitude de axuda, xunto co anexo II-B de aceptación de compromisos e certificación de datos do centro escolar.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia a presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación da solicitude de axuda consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

d) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores 

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 14 de agosto de 2025 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares, e se convocan para o curso escolar 2025/26 (DOG nº 164 do 28 de agosto de 2025).

    • Extracto da Resolución do 14 de agosto de 2025 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares, e se convocan para o curso escolar 2025/26 (DOG nº 164 do 28 de agosto de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR205A

Atorización e rexistro de entidades que imparten cursos de formación en materia de benestar animal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR265A

Participación no Programa Escolar.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 19/07/2018 00:00 - 17/09/2018 23:59

MR265C

Pagamento da axuda para a subministración de produtos aos centros escolares.

Tramitar en liña

Prazo pechado: Consultar as datas