Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR265A
Participación no Programa Escolar.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras do réxime de axudas destinadas á subministración, incluída a loxística e repartición, ao alumnado de centros escolares na Comunidade Autónoma de Galicia de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo, recollidos nesta resolución.
1. As persoas interesadas que teñan a súa sede social en Galicia e que pretendan subministrar produtos no marco do Programa escolar, deberán presentar unha declaración de participación de acordo co modelo do anexo II desta resolución.
2. Os requisitos para poder participar como persoa subministradora nos cursos escolares 2018/19 e 2019/20 serán os establecidos nos capítulos II e III, respectivamente.
3. As declaracións presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes destas.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa declaración presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da declaración aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das declaracións poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as declaracións presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. A declaración dirixirase ao Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga); rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela.
Será destinatario final da axuda o alumnado que asista regularmente aos centros ou establecementos escolares, administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes da Comunidade Autónoma de Galicia, que pertenza aos seguintes niveis de ensino:
a) Educación infantil.
b) Educación primaria.
c) Educación secundaria obrigatoria.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Subdirección Xeral de Xestión da Pac
Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540079
Fax: 981546268
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo Territorial do FOGGA da Coruña
Praza Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184525
Fax: 981184559
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo Territorial do FOGGA de Lugo
Rolda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294454
Fax: 982294411
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo Territorial do Fogga de Ourense
Rúa do Paseo, 22 - 1º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386942
Fax: 988386940
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra
Paseo de Cervantes, 7-1º
36002 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805442
Fax: 986805569
Prazo de presentación: PECHADO
19/07/2018 00:00 - 17/09/2018 23:59
As persoas solicitantes cuxa sede social radique na Comunidade Autónoma de Galicia e pretendan participar no Programa escolar deberán solicitalo ao Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), segundo o modelo que figura no anexo II, ata o 15 de setembro de 2018 (incluído).
1. Poderán solicitar a axuda as persoas físicas ou xurídicas que exerzan a actividade de produción e/ou comercialización dos produtos subvencionables determinados no artigo 3, cuxas empresas ou establecementos estean dados de alta no correspondente rexistro sanitario oficial (Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos-RXSEAA, ou Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos-Regasa) e que reúnan os requisitos establecidos nesta resolución.
2. Para os efectos da aplicación da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, será persoa beneficiaria da axuda unha persoa solicitante que fose aprobada para participar no Programa escolar.
3. Non poderán ser aprobados para a súa participación no Programa nin polo tanto, concedérselles a axuda a aqueles que estean incursos nalgunha das causas de prohibición que impiden obter a condición de persoa beneficiaria previstas na normativa aplicable en materia de subvencións.
4. Para os efectos de xustificar o cumprimento dos requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as persoas solicitantes asinarán unha declaración de cumprimento dos ditos requisitos.
Xunto coa declaración, as persoas provedoras que soliciten por primeira vez deberán achegar a seguinte documentación:
a) Memoria descritiva da estrutura técnica dispoñible que permita controlar a execución da actividade subvencionable e garantir o cumprimento dos obxectivos do programa, na cal consten polo menos:
1º. Instalacións necesarias para realizar a manipulación e o almacenamento dos produtos obxecto de subvención con carácter previo á súa distribución.
2º. Infraestrutura loxística (persoal, número de vehículos propios ou de terceiros e as súas características).
3º. Acreditación da experiencia da persoa solicitante relacionada coa distribución dos produtos.
b) Se é o caso, escritura de constitución e estatutos da sociedade ou asociación, e as súas modificacións.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o Fogga poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos cales se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
De se produciren cambios na documentación sinalada, a persoa solicitante terá a obriga de comunicalo no prazo dun mes desde que estes se producisen.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa declarante.
b) DNI/ NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade declarante.
d) Alta no imposto sobre actividades económicas (IAE).
e) Alta no rexistro sanitario de empresas correspondente.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, o Fogga poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da declaración. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da declaración, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da declaración e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que cómpre presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén se poderán tramitar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 9 de xullo de 2018 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2018/19, e a convocatoria da declaración de participación para o curso escolar 2019/20 (DOG nº 137 do 18 de xullo de 2018).
-
Extracto da Resolución do 9 de xullo de 2018 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2018/19, e a convocatoria da declaración de participación para o curso escolar 2019/20 (DOG nº 137 do 18 de xullo de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Atorización e rexistro de entidades que imparten cursos de formación en materia de benestar animal.
Aberto todo o ano
Pagamento da axuda para a subministración de produtos aos centros escolares
Prazo aberto: 01/03/2025 00:00 - 27/02/2026 23:59
Prazas de residencia nos centros de formación e experimentación agraria dependentes da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.
Prazo pechado: 31/08/2024 00:00 - 20/06/2025 23:59
Autorización e axuda para a subministración de produtos aos centros escolares
Prazo pechado: 20/08/2024 00:00 - 20/09/2024 23:59