Guía de procedementos e servizos

MR265C

Pagamento da axuda para a subministración de produtos aos centros escolares.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 01/03/2024 00:00 - 26/02/2025 23:59

Consellería do Medio Rural

Establecer o procedemento para o pagamento aos centros escolares das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares, consonte ao disposto no Regulamento (UE) nº 2016/791 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de maio de 2016, polo que se modifican os Regulamentos (UE) nº 1308/2013 e (UE) nº 1306/2013 no que atinxe ao réxime de axudas para a distribución nos centros escolares de froitas e hortalizas, plátanos e leite, e no  Regulamento (UE) nº 2016/795 do Consello, do 11 de abril de 2016, que modifica o Regulamento (UE) nº 1370/2013, polo que se establecen medidas relativas á fixación de axudas e restitucións en relación á organización común de mercados dos produtos agrícolas, e os regulamentos que os desenvolven e complementan.

Procedemento para o pagamento da axuda.

1. As persoas autorizadas e adxudicatarias da axuda solicitarán o pagamento da axuda conforme o modelo previsto no anexo III desta resolución, na forma establecida no artigo 7.3, que dirixirán ao servizo territorial do Fogga da provincia onde radiquen os centros escolares correspondentes.

2. Só será admisible unha única solicitude de pagamento para cada período de distribución e grupo de produto.

3. A solicitude de pagamento presentarase no prazo establecido no artigo 24.1 desta resolución.

Se o prazo de presentación da solicitude de pagamento se excedese en menos de 60 días naturais, a axuda verase reducida como se indica a continuación:

a) Un 5 %, se o prazo se supera entre 1 e 30 días naturais.

b) Un 10 %, se o prazo se supera entre 31 e 60 días naturais.

Cando o prazo se exceda en máis de 60 días naturais, a axuda reducirase, ademais, nun 1 % por cada día adicional, calculado sobre o saldo restante.

4. A persoa solicitante cubrirá a declaración de conxunto de todas as solicitudes efectuadas ás distintas administracións ou entes públicos para o mesmo proxecto, das concedidas por estas e doutros ingresos e recursos que financien as actividades subvencionadas, que se inclúe nesta solicitude.

Os alumnos dos centros escolares.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Subdirección Xeral de Xestión da Pac

Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540071/ 981540079

Fax: 981546268

Email: mediorural.fogga@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo Territorial do FOGGA da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, nº 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184525

Fax: 981184559

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo Territorial do FOGGA de Lugo

Rolda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294454

Fax: 982294411

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo Territorial do Fogga de Ourense

Rúa do Paseo, nº 22 - 1º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386942

Fax: 988386940

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra

Paseo de Cervantes, nº 7-1º

36002  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805442

Fax: 986805569

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Prazo de presentación: PECHADO

01/03/2024 00:00 - 26/02/2025 23:59

As solicitudes de pagamento presentaranse nun prazo máximo de tres meses contados a partir do día seguinte ao do remate de cada período de subministración autorizado establecido no artigo 4.1 desta resolución.

Procedemento para o pagamento da axuda (código do procedemento MR265C).

1. As persoas autorizadas e adxudicatarias da axuda solicitarán o pagamento da axuda conforme o modelo previsto no anexo III desta resolución, na forma establecida no artigo 7.3, e dirixirase ao servizo territorial do Fogga da provincia onde radiquen os centros escolares correspondentes.

2. Só será admisible unha única solicitude de pagamento para cada período de distribución e grupo de produto.

3. A solicitude de pagamento presentarase no prazo establecido no artigo 24.1 desta resolución.

Se o prazo de presentación da solicitude de pagamento se excedese en menos de 60 días naturais, a axuda verase reducida como se indica a seguir:

a) Un 5 %, se o prazo se supera entre 1 a 30 días naturais.

b) Un 10 %, se o prazo se supera entre 31 a 60 días naturais.

Cando o prazo se exceda en máis de 60 días naturais, a axuda reducirase, ademais, nun 1 % por cada día adicional, calculado sobre o saldo restante.

4. A persoa solicitante cubrirá a declaración de conxunto de todas as solicitudes efectuadas ás distintas administracións ou entes públicos para o mesmo proxecto, das concedidas por estas e doutros ingresos e recursos que financien as actividades subvencionadas, que se inclúe nesta solicitude.

Documentación complementaria.

A persoa solicitante do pagamento xuntará, a través do procedemento establecido na sede electrónica, de acordo co establecido no artigo 8, a seguinte documentación complementaria:

– As correspondentes facturas xustificativas de pagamento dos produtos subministrados ao alumnado que reflectirán, por separado, o custo unitario e o custo total de cada produto subvencionado.

– Unha proba do seu pagamento.

– Tres ofertas de diferentes provedores.

No caso de subministrar produtos avalados polos réximes de calidade recollidos no artigo 5.4 desta resolución, achegarase a documentación acreditativa correspondente:

1º. Se os mercan directamente a persoas produtoras: certificado emitido polo órgano competente correspondente de que os produtos obtidos na súa explotación e distribuídos aos centros escolares están avalados por un réxime de calidade diferenciada.

2º. Nos demais casos: copia da factura de compra dos produtos en que figuren a marca e a categoría ou clase do produto certificado coa marca de calidade e, senón se aclara a categoría ou clase de produto, deberase achegar unha fotografía da etiquetaxe dos produtos.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación da solicitude de pagamento da axuda consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

b) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 10 de xullo de 2023 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2023/24 (DOG nº 139 do 21 de xullo de 2023).

    • Extracto da Resolución do 10 de xullo de 2023 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2023/24 (DOG nº 139 do 21 de xullo de 2023).

Outros procedementos relacionados

MR205A

Atorización e rexistro de entidades que imparten cursos de formación en materia de benestar animal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR265A

Participación no Programa Escolar.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 19/07/2018 00:00 - 17/09/2018 23:59

MR265B

Autorización e axuda para a subministración de produtos aos centros escolares

Tramitar en liña

Prazo pechado: 20/08/2024 00:00 - 20/09/2024 23:59