Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR239G
Cesión das axudas por cesión da explotación agraria.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Regular o procedemento de comunicación da cesión de axudas PAC/DR por cesión de toda a explotación.
Persoas físicas ou xurídicas da Comunidade Autónoma de Galicia que sexan cesionarias da totalidade dunha ou máis explotacións agrarias procedentes dunha persoa cedente que teña solicitadas as axudas da solicitude única na campaña.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Subdirección Xeral de Xestión da Pac
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546234
Fax: 981546268
Email: sxpac.fogga@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo Territorial do FOGGA da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2 - 4º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184525
Fax: 981184559
Email: fogga.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo Territorial do FOGGA de Lugo
Rolda da Muralla, nº 70-B-1
27003 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294462
Fax: 982294411
Email: fogga.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo Territorial do Fogga de Ourense
Rúa do Paseo, nº 22-1º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386948
Fax: 988386940
Email: fogga.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra
Paseo de Cervantes, nº 7-1º
36001 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805455
Fax: 986805569
Email: fogga.pontevedra@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
02/06/2026 00:00 - 15/09/2026 23:59
A comunicación poderá presentarse despois da data do fin do prazo de modificación da solicitude única, e ata o 15 de setembro de 2026 incluído.
a) A persoa cedente presente, ata o 15 de setembro de 2026 incluído, unha comunicación, segundo o modelo do anexo III dirixida á persoa titular da Dirección do Fogga.
Xunto con esta comunicación, a persoa cedente deberá presentar:
– Documento de cambio de titularidade da ou das explotacións cedidas á persoa cesionaria conforme o regulado polo procedemento MR408C.
– Acordo de cesión asinado entre as persoas cedente e cesionaria segundo o modelo do anexo III-A.
– De ser o caso, documento de autorización de sinatura.
A documentación complementaria deberá presentarse conforme o indicado no artigo 23.
b) Se cumpran todas as condicións para a concesión da axuda respecto da explotación cedida.
Comunicacións
A persoa cedente debe presentar, unha comunicación, segundo o modelo do anexo III, dirixida á persoa titular da Dirección do Fogga.
Esta comunicación presentarase obrigatoriamente a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (procedemento MR239G).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
Xunto con esta comunicación, a persoa cedente deberá presentar, conforme ao indicado no artigo 21:
– Documento de cambio de titularidade da ou das explotacións cedidas á persoa cesionaria conforme o regulado polo procedemento MR408C.
– Acordo de cesión asinado entre as persoas cedente e cesionaria segundo o modelo do anexo III-A.
– De ser o caso, documento de autorización de sinatura.
Comprobación de datos
Para o procedemento MR239G consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos:
– DNI ou NIE das persoas cedente e cesionaria.
– DNI ou NIE da persoa representante da persoa cedente e/ou cesionaria, de ser o caso.
– Declaración informativa anual de entidades en réxime de atribución de rendas do último exercicio fiscal vencido no caso de que a persoa cesionaria sexa persoa xurídica con forma de Sociedade Civil ou Comunidade de Bens.
– Certificado acreditativo de que as persoas cedente e cesionaria están ao día nas obrigas coa Seguridade Social (TXSS).
– Certificado acreditativo de que as persoas cedente e cesionaria están ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Comunidade Autónoma de Galicia, emitido pola Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA).
– Os datos relativos á inhabilitación para recibir subvencións públicas da persoa cesionaria.
– A vida laboral da persoa cesionaria dos últimos 12 meses, de ser o caso.
– NIF das persoas cedente e cesionaria.
– NIF da persoa representante da persoa cedente e/ou cesionaria, de ser o caso.
– Certificado acreditativo de que as persoas cedente e cesionaria están ao día das obrigas tributarias co Estado, emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
– No caso da persoa cesionaria, datos do IRPF correspondente ao último exercicio fiscal vencido ou, de ser o caso, dos dous últimos exercicios fiscais vencidos.
– No caso da persoa cesionaria, declaración do Imposto de actividades económicas (IAE), de ser o caso.
– No caso da persoa cesionaria, o nivel de renda, de ser o caso.
Ademais, poderanse consultar:
– NIF das persoas cedente e cesionaria.
– NIF da persoa representante da persoa cedente e/ou cesionaria, de ser o caso.
– Certificado acreditativo de que as persoas cedente e cesionaria están ao día nas obrigas tributarias co Estado, emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
– No caso da persoa cesionaria, datos do IRPF correspondente ao último exercicio fiscal vencido ou, de ser o caso, dos dous últimos exercicios fiscais vencidos.
– No caso da persoa cesionaria, declaración do Imposto de actividades económicas (IAE), de ser o caso.
– No caso da persoa cesionaria, o nivel de renda, de ser o caso.
En caso de oposición expresa ou denegación da autorización polas persoas interesadas para realizar a comprobación de datos, deberán achegar os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante, cesionaria ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos cales se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Trámites administrativos posteriores
Neste procedemento, os trámites administrativos posteriores ao de presentación desta comunicación deberán ser realizados a través da Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
- Fase de solicitude
- Acordo de cesión de axudas asinado entre as persoas cedente e cesionaria (Anexo III-A)
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Prazo de resolución:
Nove meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 13 de febreiro de 2026 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG nº 34 do 20 de febreiro de 2026).
-
Extracto da Orde do 13 de febreiro de 2026 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG nº 34 do 20 de febreiro de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano