Guía de procedementos e servizos

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Se vostede representa a un organismo que queira impartir estes cursos deberá solicita-la homologación dos mesmos ó Organismo oficial responsable (Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural) para os relacionados con productos fitosanitarios e praguicidas de uso gandeiro acompañando a documentación que se indica na presente orde.

Os cursos de formación apuntados no artigo 3º desta orde poderaos organizar directamente a Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal da Consellería do Medio Rural a través do Servizo de Formación Agroforestal, así como as universidades e os centros docentes oficiais que imparten formación profesional da familia agraria.

Tamén poderán organizar cursos de formación de nivel básico as organizacións de produtores agrarios e outras entidades vinculadas ao sector agrario que cumpran algún dos seguintes requisitos:

a) Estar inscritas no Rexistro de Entidades Colaboradoras da Consellería do Medio Rural en materia de capacitación agraria e transferencia tecnolóxica de acordo coa Orde do 17 de marzo de 2009, da Consellería do Medio Rural, pola que se ditan normas relativas á inscrición no Rexistro de Entidades Colaboradoras da Consellería do Medio Rural para a realización de actividades de formación continua e transferencia de tecnoloxía en materia agraria e sobre o procedemento de homologación dos cursos realizados por estas entidades e a expedición de certificacións e diplomas oficiais por parte da Administración pública.

b) Estar inscritas no Rexistro de Entidades con Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galicia conforme a Orde do 13 de febreiro de 2008 pola que se desenvolve o procedemento para o recoñecemento e Rexistro de Entidades con Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galicia, conforme o previsto no Decreto 235/2007, do 29 de novembro, polo que se regulan os servizos de aconsellamento e de xestión das explotacións agrarias.

Agás nos cursos organizados a través do Servizo de Formación Agroforestal para o resto dos casos será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal.

Autorización dos cursos.

As entidades interesadas na impartición dos cursos de manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios deberán solicitar a autorización de cada curso ante a Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal, seguindo o procedemento indicado nos artigos 11º a 13º da orde da Consellería do Medio Rural do 17 de marzo de 2009 e utilizando o impreso que figura no anexo I desta orde como folla de solicitude.

Logo da solicitude da entidade organizadora, e en tanto non sexan modificados os programas que figuran no anexo II desta orde, a Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal poderá autorizar a realización de sucesivas edicións do mesmo curso previamente homologado.

O persoal docente dos cursos de manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios deberá:

a) Posuír titulación universitaria de enxeñería agronómica, enxeñería de montes, enxeñería técnica agrícola ou enxeñaría técnica forestal, se ben no caso do profesorado de prácticas, será suficiente con posuír titulación de formación profesional dos ciclos medio ou superior da familia agraria.

b) Estar en posesión do carné de manipulador-aplicador de nivel cualificado ou estar exento da súa posesión conforme o especificado no artigo 12.1º desta disposición.

d) Acreditar ter recibido un curso de formación de profesorado en materia de manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios organizado pola Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal.

Queda exceptuado de acreditar posuír a titulación universitaria a que se alude no número 7.1.a) o profesorado das escolas de formación profesional da familia agraria que teña 5 ou máis anos de experiencia docente nos ciclos formativos.

Para a impartición das partes dos programas formativos relacionadas con saúde humana e primeiros auxilios estarán capacitados como persoal docente as persoas licenciadas en medicina e as que posúan unha diplomatura universitaria en enfermaría ou titulación equivalente.

Os cursos de manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios deberán cumprir os seguintes mínimos en canto a persoal docente:

a) Nos cursos de nivel básico: unha persoa con titulación universitaria superior ou media da rama agraria ou afíns que cumpra os requisitos especificados no número 7.1 e unha persoa con licenciatura en medicina ou diplomatura universitaria en enfermaría.

b) Nos cursos de nivel cualificado: dous titulados universitarios superiores ou medios da rama agraria ou afíns que cumpran os requisitos especificados no número 7.1, e unha persoa con licenciatura en medicina ou diplomatura universitaria en enfermaría. Neste tipo de cursos non poderán ser impartidas máis do 50 % das horas polo mesmo docente.

En todas as accións formativas realizaranse sempre probas de avaliación dos coñecementos e as habelencias adquiridas polos alumnos. Estas probas serán obxectivas e realizadas pola Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal, tanto nos cursos organizados directamente por esta dirección xeral coma nos impartidos por outras entidades autorizadas.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)

Área de Formación, Innovación e Investigación

Departamento de Formación

Rua Camiño Francés, 10

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546650

Fax: 981546651

Email: formacion.cmrm@xunta.es

Departamento de Formación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

1.- Encontrarse en idade laboral para poder traballar con estes produtos, según a lexislación vixente.

2.- Deberán estar en posesión del carné de manipulador de praguicidas, expedido polos Organismos oficiais responsables, unha vez superados os cursos de capacitación correspondentes.

  • Solicitude (Anexo I).

  • Programa da actividade que se vai impartir (contido e horas lectivas de cada unidade didáctica).

  • Relación dos medios humanos cos que se conta para a realización da actividade.

  • Copia titulación academica (no caso de novas incorporacións).

  • Currículum Vitae (no caso de novas incorporacións).

  • Memoria explicativa na que se acredite a dispoñibilidade dos medios e instalacións necesarias para impartir a actividade.

  • Póliza de seguros (achegar copia dunha das pólizas que se relacionan ou marcar o compromiso de achegalas):

    • Copia da póliza de seguros de responsabilidade civil referente ás dependencias onde se realizarán os cursos.

    • Copia da póliza de seguros de accidentes e responsabilidade civil que cubra á totalidade do persoal docente e do alumnado.

    • Compromiso de achegalas con anterioridade ao comezo da actividade lectiva.

Prazo de resolución: Un mes

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).

    • Orde conxunta do 14 de abril de 2009, das consellerías do Medio Rural e de Sanidade, pola que se regula a formación das persoas que realizan actividades relacionadas coa manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se crea a Comisión Técnica de Produtos Fitosanitarios (DOG nº 77 de 22 de abril de 2009).

    • Corrección de erros.-Orde conxunta do 14 de abril de 2009, das consellerías do Medio Rural e de Sanidade, pola que se regula a formación das persoas que realizan actividades relacionadas coa manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se crea a Comisión Técnica de Produtos Fitosanitarios (DOG nº 81 do 28 de abril de 2009).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios (BOE nº 223 do 15 de setembro de 2012).

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR200A

Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector subministrador de medios de defensa fitosanitaria.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR200B

Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de tratamentos fitosanitarios

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR200C

Rexistro Oficial de Produtores e peradores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de asesoramento fitosanitario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano