Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN848D
Axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia (Plans de Innovación).
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas galegas (pemes), destinadas ao financiamento das actividades integradas en plans de innovación que lles permitan o fortalecemento naquelas áreas que sexan relevantes para a sistematización e internacionalización dos procesos de innovación da empresa, e estean aliñados cos retos da RIS3 para Galicia.
As microempresas, pequenas e medianas empresas.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Rúa Airas Nunes, s/n (Conxo)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541079/ 981957008/ 981957017/ 881999121
Fax: 881999121
Email: servizos.gain@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
14/02/2024 00:00 - 13/03/2024 23:59
1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
2. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, así como as entidades do terceiro sector de acción social, conforme as definicións contidas no artigo 2, validamente constituídas no momento da presentación da solicitude, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda. As entidades do terceiro sector deben ter actividade económica e entrar dentro da categoría económica de peme indicada no punto 3 do artigo 2.
2. As persoas beneficiarias das axudas deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no Documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme o disposto no artigo 23 da presente resolución.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados IN848E (anexo III) para a liña 1, e IN848D (anexo IV) para a liña 2, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de maneira presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, para ambas liñas, a seguinte documentación:
a) Memoria descritiva da entidade solicitante, segundo as especificacións do anexo V. Este anexo editable estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).
b) Documentación acreditativa daqueles criterios de avaliación que se detallan no artigo 21 desta convocatoria que sexan de aplicación.
Estes documentos acreditativos non serán emendables; polo tanto, a non presentación dos ditos documentos xunto coa solicitude implicará a non puntuación dos ditos apartados. Os criterios e documentos son os seguintes:
1. Plan de igualdade: será preciso presentar o rexistro do plan de igualdade ou certificado da oficina de rexistro conforme se cumpre a súa inscrición.
2. Compromiso coa sustentabilidade ambiental: será preciso a presentación de certificación en vigor de xestión ambiental (ISO 14001, Emas,...), de xestión enerxética (ISO 50001, outras), certificacións MSC, FSC, SAN, FAIRTRADE,... ou documento acreditativo de entidade recoñecida nestes ámbitos. Non serán válidos rexistros electrónicos nin correos electrónicos, ou outro documento non verificable.
3. Responsabilidade social empresarial: será preciso a presentación de certificación en vigor da norma OSHAS 18001 ou ISO45001, SA8000, ISO26000,...
c) Nota simple ou certificación do Rexistro Mercantil actualizadas, se é o caso, na que se especifique a data de constitución, administrador/es da sociedade (nome e apelidos ou razón social), o obxecto social, capital, sede social e clasificación CNAE. No caso de que estes documentos non estean actualizados ou non se dispoña deles, poderase substituír o dito certificado pola presentación das escrituras de constitución da empresa solicitante e as súas modificacións posteriores debidamente rexistradas.
d) No caso de que o asinante da solicitude non actúe como administrador único para a representación da entidade, deberá achegar documento acreditativo do poder de representación con validez xurídica (escrituras, poder bastanteado, entre outros).
e) Declaración completa do imposto de sociedades do último exercicio pechado, modelo 200 da Axencia Tributaria Estatal. No caso de non ter antigüidade suficiente para ter obriga de presentar o modelo 200, achegarase declaración responsable conforme non se ten pechado exercicio fiscal e obriga de presentar o imposto de sociedades.
f) No caso de non ter traballadores dados de alta no réxime xeral da seguridade social, achegarase documento acreditativo emitido pola Seguridade Social e declaración responsable do representante legal da entidade de non ter traballadores.
g) Anexo VIII, declaración da condición de peme.
No caso de pemes vinculadas, asociadas ou participadas de acordo cos criterios establecidos no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, deberanse achegar os anexos VIIIA (empresa asociada), VIII-B (empresa vinculada), VIII-A.1 (ficha de asociación), ou VIII-B.1 (ficha de vinculación) segundo corresponda.
Tamén, como documentación complementaria deberase achegar para cada unha das empresas vinculadas ou asociadas a documentación das letras c), e) e f) deste artigo.
h) Para as empresas que soliciten axudas por importe superior a 30.000€, declaración responsable do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
i) Copia da resolución das axudas concedidas para a mesma finalidade.
2. Para aquelas solicitudes que se presenten á liña 1, deberá achegarse memoria técnica do Plan de deseño para a innovación e a sustentabilidade proposto, cuxo contido se indica no anexo VI e inclúe o seu orzamento e actividades que se van desenvolver xunto con outros datos detallados. Este anexo editable estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).
3. Para aquelas solicitudes que se presenten á liña 2 deberá achegarse memoria técnica do plan de innovación en procesos e organización, cuxo contido se indica no anexo VII e inclúe o seu orzamento e actividades que se van desenvolver xunto con outros datos detallados. Este anexo editable estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).
4. A falla de presentación das memorias (anexos V, VI e VII) dentro do período de admisión de solicitudes, ou a súa presentación sen respectar as especificacións indicadas nos anexos correspondentes, non se considera emendable e acordarase de oficio a inadmisión da solicitude. Do mesmo xeito, non se admitirán melloras, adicións ou substitucións das memorias con posterioridade ao vencemento do prazo máximo para a presentación de solicitude, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva.
5. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste nos procedementos a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
6. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento nos procedementos o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
7. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
8. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa solicitante.
c) NIF da entidade representante.
d) DNI/NIE da persoa representante que asine a solicitude.
e) Certificado de estar ao día do pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.
f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública.
h) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
i) Concesións de subvencións e axudas.
j) Rexistro Único de Prestadores do Sector Social da Xunta de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo IV)
- DECLARACIÓN DA CONDICIÓN DE PEME – FICHA DE ASOCIACIÓN (Anexo VIII-A.1)
- DECLARACIÓN DA CONDICIÓN DE PEME – FICHA DE VINCULACIÓN (Anexo VIII-B.1)
- Declaración da condición de peme (Anexo VIII)
- DECLARACIÓN DA CONDICIÓN DE PEME – EMPRESA VINCULADA (Anexo VIII-B)
- DECLARACIÓN DA CONDICIÓN DE PEME – EMPRESA ASOCIADA (Anexo VIII-A)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Execución
- Solicitude de pagamento anticipado
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e en plans de innovación en procesos e organización (Deseñapeme e Innovapeme), cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e se convoca para o ano 2024 (códigos de procedemento IN848E e IN848D) (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2024).
-
Extracto da Resolución do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e en plans de innovación en procesos e organización (Deseñapeme e Innovapeme), cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e se convoca para o ano 2024 (códigos de procedemento IN848E e IN848D) (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2024).
-
Resolución do 18 de xullo de 2024 pola que se resolve a liña 2 (Plans de innovación en procesos e organización - Innovapeme) das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e plans de innovación en procesos e organización (Deseñapeme e Innovapeme), cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, convocadas pola Resolución do 29 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 31, do 13 de febreiro de 2024) (DOG nº 146 do 30 de xullo de 2024).
-
Resolución do 25 de setembro de 2024 pola que se modifican os prazos de xustificación establecidos no artigo 28.1 e de solicitude de pagamento anticipado establecidos no artigo 31.4 da Resolución do 29 de decembro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e en plans de innovación en procesos e organización (Deseñapeme e Innovapeme), cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e se convoca para o ano 2024 (códigos de procedemento IN848E e IN848D) (DOG nº 188 do 30 de setembro de 2024).
-
Resolución do 15 de outubro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 18 de xullo de 2024 pola que se resolve a liña 2 (plans de innovación en procesos e organización, Innovapeme) das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e plans de innovación en procesos e organización (Deseñapeme e Innovapeme), cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, convocadas pola resolución deste organismo do 29 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 31, do 13 de febreiro de 2024) (DOG nº 205 do 23 de outubro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Comunicación da información estatístico-contable anual dos corredores de seguros e reaseguros e dos axentes de seguros vinculados e dos operadores de banca-seguros vinculados.
Prazo aberto: 01/03/2025 00:00 - 30/04/2025 23:59
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano