Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
FA701A
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Facenda e Administración Pública
As escrituras públicas e o bastanteo do poder remitidos electronicamente deberán ser: copias electrónicas auténticas*, non sendo válidos os documentos escaneados.
As declaracións remitidas electronicamente deberán vir asinadas con sinatura electrónica.
*A expedición e remisión das copias electrónicas auténticas poderá realizarse a través de calquera rexistro público da Xunta de Galicia ou en calquera oficina integrada no SIR (Sistema de Interconexión de Rexistros), presentando os orixinais da documentación (para o escaneo das escrituras e bastanteo) con carácter previo ao envío electrónico.
No caso de que a persoa interesada desexe obter unha copia electrónica auténtica para que poida ser usada en calquera outro trámite, con carácter indefinido e por calquera medio electrónico, deberá acudir a unha das Oficinas de atención á cidadanía e rexistro da Xunta de Galicia das sete cidades principais de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela) e abonar a correspondente taxa.
As persoas físicas ou xurídicas, que pretendan concorrer ás licitacións que convoque a Administración autonómica a través das sús consellerías, organismos, entidades e empresas referidas a contratos de obra, xestión de servicios públicos, subministración , consultoria e asistencia, sevicios, ou calqueira outro de natureza administrativa, poderán quedar eximidos de achegar nas diferentes licitacións, a documentáción que figura no apartado de requisitos desta ficha, sendo necesaria a previa incrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
A inscrición no rexistro é voluntaria, polo que non impedirá concorrer ás licitacións, ahegando tódolos documentos esixidos nos pregos de claúsulas que rexan a contratación, ós contratistas non inscritos. Non obstante , a incrición será obrigatoria para os contratistas que desexen ó réxime de fianzas globais.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999057/ 981545519
Fax: 881999555
As escrituras públicas e o bastanteo do poder remitidos electronicamente deberán ser: copias electrónicas auténticas*, non sendo válidos os documentos escaneados.
As declaracións remitidas electronicamente deberán vir asinadas con sinatura electrónica.
*A expedición e remisión das copias electrónicas auténticas poderá realizarse a través de calquera rexistro público da Xunta de Galicia ou en calquera oficina integrada no SIR (Sistema de Interconexión de Rexistros), presentando os orixinais da documentación (para o escaneo das escrituras e bastanteo) con carácter previo ao envío electrónico.
No caso de que a persoa interesada desexe obter unha copia electrónica auténtica para que poida ser usada en calquera outro trámite, con carácter indefinido e por calquera medio electrónico, deberá acudir a unha das Oficinas de atención á cidadanía e rexistro da Xunta de Galicia das sete cidades principais de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela) e abonar a correspondente taxa.
Prazo de presentación: ABERTO
Solicitude segundo o Anexo I.
Escritura de constitución: Escritura de constitución ou modificación debidamente rexistrada no Rexistro Mercantil ou no rexistro que corresponda, de non ser sociedade mercantil.
Escritura de apoderamento:No caso de actuar por representación, escritura de poder notarial bastante para xustificala, inscrita no Rexistro Mercantil, ou no seu caso no Rexistro público que corresponda.
Poder bastanteado:Documento no que conste que o poder é declarado bastante por letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galiciaoutorgado ao seu favor, no caso de que actuase en representación de terceiro ou de persoa xurídica.
Escrituras de modificación:Escrituras que modifiquen datos da empresa como o obxecto, capital, domicilio, denominación social,.... Se se tivesen varias modificacións sobre o mesmo aspecto, remitirase só a última.
Declaración de non estar incursa en prohibición para contratar: Testemuño xudicial, certificación administrativa ou declaración responsable outorgada ante unha autoridade administrativa, notario público ou organismo profesional cualificado, de non estar incurso en prohibición para contratar (segundo art. 85 da Lei 9/2017, 8 de novembro, de Contratos do Sector Público) ás que se fan referencia no artigo 71 da mesma norma legal. Pode acceder a un modelo do documento que debe presentar asinado en:https://www.conselleriadefacenda.es/es/areas-tematicas/patrimonio/registro-general-de-contratistas/formularios,ou DECLARACION ART. 71 LCSP. Na tramitación en liña esta declaración deberá vir asinada electronicamente.
Certificado da situación no censo de actividades económicas da Axencia Tributaria. Unha vez inscrito deberá achegar anualmente o recibo de pago ou a declaración de exención.
Só para contratistas non españois de estados membros da U.E. ou signatarios do acordo sobre o Espazo Económico Europeo. Deberán acreditar, segundo o artigo 67.2 da Lei 9/2017 que, no caso de que a lexislación do seu Estado esixa unha autorización especial ou apertenza a unha determinada organización para poder prestar nel o servizo, cumpran este requisito.
Só para empresas non comunitarias e das non asinantes do acordo sobre o Espazo Económico Europeo, informe de reciprocidadeda Oficina económica e comercial de España no exterior, segundo o sinalado no artigo 68 da Lei 9/2017.
Só a presentar por empresas estranxeiras. Declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todos os incidentes que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponderlle ao licitador.
As escrituras públicas e o bastanteo do poder remitidos electronicamente deberán ser: copias electrónicas auténticas,* non sendo válidos os documentos escaneados.
As declaracións remitidas electronicamente deberán presentarse con sinatura electrónica.
*Para obter unha copia electrónica auténtica, que poida ser usada en calquera trámite con carácter indefinido por calquera medio electrónico, deberá acudir a unha das oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia das sete cidades principais de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela) (poderá solicitar cita previa no seguinte link: https://www.xunta.gal/cita%20previa ) ou oficinas de rexistros públicos que ofrezan este servizo e, abonar a correspondente taxa.
Nas devanditas oficinas facilitaranlle un código de verificación electrónico ( CVE) que será o que teña que remitir xunto co resto da documentación.
Tamén poderá presentar copias dixitais auténticas feitas por notario.
NOTA IMPORTANTE:
As escrituras e opoder bastanteado, como garantía de autenticidade, deberán aportarse, remitindo o CVE dos documentos, que se poderá obter en calquera oficina de Rexistro da Xunta das sete cidades principais de Galicia, previo pago da correspondente taxa administrativa. Tamén poderá presentar copias dixitais auténticas feitas por notario.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
- Documento
- Instruccións
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 262/2001, do 20 de setembro, polo que se refunde a normativa reguladora do Rexistro Xeral de Contratistas (DOG nº 200 do 16 de outubro de 2001).
-
Modificado pola Disposición final Primeira do Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula a factura electrónica e a utilización de medios electrónicos, informáticos e telemáticos en materia de contratación pública da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e entes do sector público dela dependentes (DOG nº 15 do 25 de xaneiro de 2010).
-
Outros procedementos relacionados
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano
Novacións modificativas nos préstamos concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) nos diversos programas instrumentados ao abeiro do decreto 133/2002
Aberto todo o ano
Novacións de débedas
Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00