Guía de procedementos e servizos

IN647B

Autorización/renovación de centros técnicos para realizar intervencións en tacógrafos.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Se vostede, como persoa física ou xurídica que dispón dos medios técnicos e humanos necesarios, quere montar un centro técnico en tacógrafos, debe solicitar ante a Xunta de Galicia a correspondente autorización para exercer a dita actividade.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial

Servizo de Administración Industrial - Segapi

Complejo administrativo de San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957188/ 981545572

Fax: 981957192

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Autorización e inscrición. ( 32.39.01)
  • Renovación da autorización e inscrición, cambio de titularidade, cambio de situación ou cambio do responsable e/ou do técnico: sobre a tarifa anterior devengarase o 50% dela. ( 32.39.02)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • Da seguinte relación de documentación, presentarase aquela correspondente ao obxecto da súa solicitude:

    • Solicitude segundo Anexo I.

    • Inscrición no Rexistro de fabricantes e firmas autorizadas.

    • Inscrición no Rexistro xeral de protección de datos.

    • Certificado de conformidade coa norma UNE 66102

    • TC2 actualizado ou, no caso de autónomos, última nómina.

    • Documento acreditativo da cualificación do responsable técnico.

    • Documento acreditativo da cualificación do técnico.

    • Certificados de adestramento do responsable técnico e do técnico.

    • Póliza de seguro fronte a danos materiais e a terceiros, conforme ao establecido no anexo I do Rd 125/2017.

    • Recibo de pago da póliza de seguro.

    • Escrito co persoal técnico en tacógrafos.

    • Certificados de calibración vixentes dos equipos de medida.

    • Documentación xerada nas intervencións técnicas.

    • Xustificante de pagamento das taxas (clave: 32.39.01/32.39.02).

    • Inscrición no Rexistro de talleres (IN609Y).

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 125/2017, do 24 de febreiro, polo que se establecen os requisitos técnicos e as normas de actuación que deben cumprir os centros técnicos de tacógrafos (BOE nº do 25 de febreiro de 2017).

Outros procedementos relacionados

ED527A

Inscrición nas probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 16/06/2025 00:00 - 30/06/2025 23:59

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano