Guía de procedementos e servizos

IN614C

Rexistro de instalacións eléctricas de baixa tensión.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

Sobre o procedemento

Rexistrar as novas instalacións eléctricas ás que lle sexa de aplicación o Regulamento electrotécnico para baixa tensión antes da súa posta en servizo mediante a presentación, no departamento territorial correspondente, do certificado da instalación eléctrica asinado polo instalador e selado pola empresa instaladora, acompañado da documentación necesaria, e obter o xustificante da súa presentación para constancia do interesado e para a solicitude de subministro de enerxía en cumprimento do disposto no Real Decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE nº 224 do 18 de setembro de 2002).

Para mais información e consultas públicas acudir a:

http://oficinavirtualindustria.xunta.es/

Persoas físicas e xurídicas titulares de instalacións eléctricas conectadas a unha fonte de subministro nos límites de baixa tensión.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial

Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4ª planta

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 545 572

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Industria da Coruña

Vicente Ferrer, 2 - 1ª planta

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981 184 906

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Servizo de Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982 294 651

Email:

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Industria de Ourense

Curros Enríquez, 1º- 4º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988 386 755

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Industria de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43 - 5º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986 805 240

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Coordinación Industrial de Vigo

Edificio administrativo Praza da Estrela, 9, 6º

36203  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986 817 550

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

As instalacións eléctricas de baixa tensión deberán ser realizadas por empresas instaladoras habilitadas de baixa tensión e dispoñer do certificado da instalación, asinado polo instalador e selado pola empresa instaladora ademais da documentación técnica (proxecto ou memoria técnica de deseño), o certificado de dirección de obra, no seu caso, e o certificado de inspección inicial, cando así o determine a correspondente ITC.

    • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)
    • Inscrición no rexistro de instalacións eléctricas receptoras ( 32.19.04)
    • Modificación no rexistro de instalacións eléctricas receptoras ( 32.19.32)

    Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

    Forma e lugar de presentación

      O procedemento IN614C realizarase mediante a presentación da solicitude de inscrición, modificación ou baixa. Estas irán dirixidas aos departamentos territoriais, con competencias en materia de industria para o rexistro deste trámite, que correspondan polo ámbito territorial onde se sitúe a instalación eléctrica de baixa tensión.

      Presentarase por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

      Efectuarase integramente por medios electrónicos, de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e será a sede electrónica da Xunta de Galicia o punto de acceso para que os interesados presenten calquera solicitude, comunicación, declaración responsable ou documento.

      De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa comunicación presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a corrección.

      Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

      Co fin de efectuar a inscrición no rexistro, a empresa instaladora deberá cumprimentar e presentar no Departamento Territorial correspondente o formulario de solicitude correspondente ó procedemento IN614C xunto con:

      - Documento que recolla os principais datos e características da instalación que pode consistir nun dos dous seguintes:

      a) Proxecto e certificado de dirección de obra asinado polo correspondente técnico titulado competente, no caso de que as características das instalacións se encontren comprendidas nas indicadas no punto terceiro da Instrución Técnica Complementaria 04 do Regulamento Electrotécnico de baixa tensión (ITC-BT-04).

      b) Memoria Técnica de Deseño (MTD), asinada polo instalador autorizado para a categoría da instalación correspondente ou técnico titulado competente, para as instalacións non incluídas no punto terceiro da ITC-BT-04, sexan as instalacións novas, ampliación ou modificación.

      - Certificado de Instalación asinado polo instalador e selado pola empresa instaladora.

      - Anexo de información ao usuario e croquis de trazado da instalación.

      - Certificado de inspección inicial con cualificación de resultado favorable, emitido por Organismo de Control nos casos indicados no apartado 4 da ITC-BT-05.

      A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante.

      Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polas persoas interesadas, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

      Comprobación de datos

      Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

      • DNI ou NIE da persoa comunicante.

      • DNI ou NIE da persoa representante.

      • NIF da persoa xurídica comunicante.

      • NIF da persoa xurídica representante.

      No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado para tal efecto no formulario e achegar os documentos.

      Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

      Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

      Trámites administrativos posteriores á presentación:

      Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da comunicación deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

      Despois de presentar

      Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

      Normativa
      • Ámbito Autonómico
        • Orde do 23 de xullo de 2003 pola que se regula a aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia do Regulamento electrotécnico de baixa tensión, aprobado polo Real decreto 842/2002, do 2 de agosto (DOG nº 152 do 7 de agosto de 2003)

        • Corrección de erros.-Orde do 23 de xullo de 2003 pola que se regula a aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia do Regulamento electrotécnico de baixa tensión, aprobado polo Real decreto 842/2002, do 2 de agosto (DOG nº 178 do 15 de setembro de 2003)

        • Orde do 2 de febreiro de 2005 pola que se modifican os modelos de impresos relativos ao rexistro e posta en servizo das instalacións eléctricas de baixa tensión, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 43 do 3 de marzo de 2005)

        • Resolución do 22 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se informa sobre a tramitación electrónica de diversos procedementos (DOG nº 160 do 25 de agosto de 2014).

      • Ámbito Estatal
        • Real Decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE nº 224 do 18 de setembro de 2002).

      Descargar o contido desta ficha en formato PDF

      Outros procedementos relacionados

      FA009A

      Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

      Aberto todo o ano

      FA701A

      Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

      Tramitar en liña

      Aberto todo o ano

      FA701B

      Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

      Tramitar en liña

      Aberto todo o ano

      IF504E

      Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

      Tramitar en liña

      Aberto todo o ano