Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN606A - Axudas de apoio á etapa predoutoral.
Programa de apoio á etapa predoutoral é outorgar axudas aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións públicas de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur) e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutoras e doutores nos seus centros.
Poderán ser beneficiarios destas axudas as universidades públicas do SUG, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións públicas de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur) e os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia, que asinen coas persoas seleccionadas neste programa un contrato predoutoral de duración determinada e con dedicación a tempo completo, en virtude do cal estas persoas quedarán vinculadas á institución onde desenvolvan a súa actividade, e ambas as partes asumirán as obrigas contractuais que deriven del e que, en todo caso, se adecuarán ao contido da solicitude de axuda.
1. A duración do contrato non poderá ser inferior a un ano nin exceder os catro, de conformidade co artigo 21.c) da Lei 14/2011. Se se concerta un contrato de duración inferior a catro anos, poderá prorrogarse sucesivamente sen que, en ningún caso, as prórrogas poidan ter unha duración inferior a un ano. Sen prexuízo do anterior, no suposto de que a persoa investigadora xa estivese contratada baixo esta modalidade e o tempo que reste ata o máximo de catro anos sexa inferior a un ano, poderá concertarse o contrato ou a súa prórroga polo tempo que reste ata os catro anos.
A actividade desenvolvida será avaliada anualmente pola Comisión Académica do programa de doutoramento durante o tempo que da súa permanencia no programa, e o contrato poderá resolverse no caso de non superarse favorablemente esta avaliación.
2. No caso de que a persoa contratada obteña o título de doutoramento, poderá acceder, dentro do contrato predoutoral, a un período de orientación posdoutoral por un período máximo de doce (12) meses, conforme o establecido no artigo 21.a) da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, e sempre que a obtención deste título se produza durante o período de execución desta axuda.
3. Poderán acceder a estas axudas as entidades mencionadas no punto 1 deste artigo que presenten como candidatas a ser destinatarias delas persoas que cumpran, na data de peche da convocatoria, os seguintes requisitos:
a) Ter nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Non obstante, as persoas non comunitarias poderán ser candidatas á axuda, aínda que para formalizar o contrato deberán contar cos permisos necesarios de permanencia no país. O número máximo de axudas que se concederán a cidadáns non comunitarios é o que se indica no artigo 4.2 desta orde.
b) Estar matriculadas nun programa oficial de doutoramento dunha universidade do SUG para o curso 2024/25. Esta matrícula terá que estar formalizada necesariamente a tempo completo antes da sinatura do contrato.
c) Acreditar que no momento da presentación da solicitude está en posesión do título oficial de mestrado. A data de expedición do título de mestrado debe ser posterior á data de expedición do título de grao licenciatura, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica, enxeñaría técnica, diplomatura ou equivalente en sistemas universitarios estranxeiros non adaptados ao Espazo europeo de educación superior (EEES), que cumpra co requisito da alínea d) deste artigo.
d) Que a data de finalización dos estudos que deron acceso ao programa de doutoramento indicado no anexo V −grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica, enxeñaría técnica, diplomatura ou equivalente en sistemas universitarios estranxeiros non adaptados ao Espazo europeo de educación superior (EEES)− sexa igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2021. Enténdese como data de finalización destes estudos a da superación da última materia para os completar. Esta data poderá ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2018 nos seguintes casos:
1º. As persoas que na data de peche do prazo de presentación de solicitudes estean en posesión do título oficial dalgunha das especialidades recollidas no Real decreto 183/2008, do 8 de febreiro, polo que se determinan e clasifican as especialidades en Ciencias da Saúde e se desenvolven determinados aspectos do sistema de formación sanitaria especializada.
2º. As persoas candidatas que acrediten fidedignamente que se encontraban de baixa maternal ou que tiñan a cargo menores de 6 anos entre o 1 de xaneiro encontraban 2018 e o 31 de decembro de 2020.
3º. As persoas candidatas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.
4º. As persoas que acrediten de forma fidedigna que interromperon os estudos por causa dunha enfermidade grave ou que se dedicaron á atención de persoas maiores da familia en primeira liña parental.
e) Contar no expediente académico cunha nota media mínima igual ou superior a 7,5, ou a 7 para as titulacións da rama de Enxeñaría e Arquitectura, calculada segundo o indicado no artigo 6.1.c).
No caso das persoas candidatas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, a nota media mínima do expediente académico será de 6,5.
4. Non se admitirán como candidatas a ser destinatarias destas axudas as persoas que estean en posesión do título de doutoramento nin as persoas que fosen contratadas noutras convocatorias estatais ou autonómicas de concorrencia competitiva de programas predoutorais ou de doutoramento industrial, agás os programas predoutorais propios das entidades solicitantes. Inclúense nesta incompatibilidade as axudas predoutorais e as de doutoramento industrial da Xunta de Galicia.
No caso das persoas candidatas que foron seleccionadas noutros programas de axudas predoutorais e que non asinasen o contrato, deberán entregar unha xustificación da non aceptación da axuda e/ou renuncia ante o organismo correspondente, na cal figure a data en que se produciu.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999213
Email: axudas.gain@xunta.es
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente, no ámbito das universidades do Sistema universitario de Galicia, pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025 (códigos de procedemento ED481A e IN606A) (DOG nº 23 do 4 de febreiro de 2025).
Extracto da Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente, no ámbito das universidades do Sistema universitario de Galicia, pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025 (códigos de procedemento ED481A e IN606A) (DOG nº 23 do 4 de febreiro de 2025).
Prazo de presentación: ABERTO
05/02/2025 00:00 - 04/03/2025 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. O prazo dun mes para a presentación de solicitudes é común para os dous procedementos.
Forma e lugar de presentación de solicitudes .
1.As entidades solicitantes presentarán as solicitudes de xeito individualizado para cada unha das persoas candidatas propostas. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado anexo II.bis IN606A, para as demais entidades indicadas no artigo 2, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Así mesmo, será necesaria a sinatura electrónica con certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados dos documentos que deban asinar os representantes das entidades solicitantes e as persoas candidatas propostas.
2. Cada persoa soamente poderá ser presentada como candidata por unha entidade, sempre e cando cumpra os requisitos exixidos. De se presentar máis dunha solicitude da mesma entidade coa mesma persoa candidata terase en conta a última solicitude presentada e considéranse as outras solicitudes como desistidas.
3. Se opta á axuda para estadías, deberá indicar este aspecto e a zona a que pertence o país de destino da estadía no punto sinalado no formulario de solicitude (anexo II ou anexo II.bis). Se non se indica a zona, considerarase que a persoa candidata non solicita a axuda para este concepto.
4. Como se trata dun procedemento de concorrencia competitiva, non se admitirán melloras da solicitude referidas a novos méritos transcorrido o prazo de presentación destas. A valoración e priorización das solicitudes levaranse a cabo exclusivamente en relación coa información e documentación achegada nestas, nas melloras realizadas en prazo e en resposta aos requirimentos oportunos ou ás situacións ou méritos non acreditados suficientemente, indicados nas listas de solicitudes admitidas e excluídas.
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación, que é a mesma para ambos os procedementos:
a) Declaración asinada pola persoa candidata a ser destinataria da axuda (anexo III), na cal conste:
– Que presenta a súa candidatura a través dunha única entidade solicitante.
– Que non foi contratada noutras convocatorias estatais ou autonómicas de concorrencia competitiva de programas predoutorais ou de doutoramento industrial. Inclúense nesta incompatibilidade as axudas predoutorais e as de doutoramento industrial da Xunta de Galicia. Non se inclúen nas incompatibilidades os programas predoutorais propios das entidades solicitantes. No caso das persoas seleccionadas pero non contratadas noutros programas de axudas predoutorais, deberán entregar unha xustificación da non aceptación da axuda e/ou renuncia ante o organismo correspondente, na cal figure a data en que se produciu.
– Que non ten o título de doutoramento.
– Que se compromete a manterse en contacto coa entidade beneficiaria destas axudas e, de ser o caso, coa Administración concedente, unha vez rematado o período da axuda, con fins estatísticos.
b) Declaración da persoa designada para dirixir ou codirixir a tese (anexo IV).
c) Certificación da universidade en que está matriculada a persoa candidata, asinada pola persoa titular do vicerreitorado competente en materia de investigación ou persoa en quen delegue (anexo V), na cal se fagan constar os seguintes aspectos:
1º. Programa de doutoramento en que está matriculada a persoa candidata no curso 2024/25.
2º. Título de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica, enxeñaría técnica, diplomatura ou equivalente en sistemas universitarios estranxeiros non adaptados ao EEES empregado para formalizar a matrícula no programa de doutoramento, universidade e campus onde se cursou, data de finalización e número de créditos superados.
3º. Título oficial de mestrado da persoa candidata.
4º. Nota media, aproximada a catro decimais, coa cal se concorre a esta convocatoria, calculada de acordo cos seguintes criterios:
– No caso de ensinanzas conducentes á obtención do título universitario oficial español de licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou graduado/a nun grao de polo menos 300 créditos, valorarase a totalidade dos créditos ou materias superadas.
– No caso de ensinanzas conducentes á obtención do título de graduada ou graduado de menos de 300 créditos, diplomada ou diplomado, enxeñeira técnica ou enxeñeiro técnico, arquitecta técnica ou arquitecto técnico e mestra ou mestre, a nota media realizarase tendo en conta estes estudos máis a totalidade dos créditos superados no mestrado ou equivalente. Débense ter completado, polo menos, 300 créditos no conxunto dos estudos universitarios de grao ou primeiro ciclo e de mestrado ou equivalente. O cálculo realizarase de acordo coa seguinte fórmula: (X*C1+M*C2) / (C1+C2)
Onde:
X: nota media obtida no grao ou no primeiro ciclo.
M: nota media obtida no mestrado ou equivalente.
C1: créditos superados no grao ou no primeiro ciclo.
C2: créditos superados no mestrado ou equivalente.
– A nota media do expediente académico para títulos obtidos en sistemas universitarios estranxeiros debe calcularse de acordo co disposto na Resolución do 18 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral de Universidades pola que se actualiza a relación de escalas de cualificación dos estudos ou títulos universitarios estranxeiros e as equivalencias ao Sistema de cualificación das universidades españolas, publicadas polas resolucións do 21 de marzo de 2016 e do 20 de xuño de 2016. A información pode consultarse na seguinte ligazón:
https://www.universidades.gob.es/equivalencia-de-notas-medias-de-estudios-universitarios-realizados-en-centros-extranjeros/
A persoa candidata terá que tramitar a declaración de equivalencia da nota media de acordo con este procedemento e achegarlla á universidade en que está matriculada no programa de doutoramento, para o cálculo da nota coa cal se concorre á convocatoria. A verificación da declaración de equivalencia correspóndelle á universidade, que deberá revisar que os datos consignados nela coinciden cos do certificado presentado para lle dar validez a esta, polo que só será válida se está acompañada do certificado académico oficial orixinal, ou fotocopia compulsada e, se é o caso, da tradución correspondente.
En todos os casos a nota coa cal se concorre á convocatoria ten que estar adecuada ao Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, e tendo en conta os criterios sinalados no Protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos.
Se a nota media certificada non ten os catro decimais, considerarase que os díxitos que faltan son ceros ata completar os catro díxitos decimais.
d) Aprobación do proxecto de tese pola Comisión Académica do programa de doutoramento da universidade do SUG na cal a persoa candidata está matriculada. Deberá constar o título da tese de doutoramento.
e) Documentación que acredite os supostos de excepcionalidade previstos no artigo 2 sobre as datas de finalización dos estudos, se é o caso.
f) Se non está expedido pola Xunta de Galicia, certificado que acredite o grao de discapacidade da persoa candidata.
g) Proxecto de traballo de investigación que se vai realizar para a obtención do grao de doutor/a, cunha extensión máxima de 4.000 palabras, asinado pola persoa investigadora e pola persoa designada para dirixir a tese, no cal consten especificamente, polo menos, un índice e epígrafes específicos cos seguintes aspectos:
– Obxectivos e contidos básicos do traballo.
– Metodoloxía.
– Planificación temporal.
– Transferencia de resultados.
A omisión no proxecto dalgún dos aspectos citados implicará que se requirirá a súa emenda.
O proxecto de traballo deberá estar redactado en galego ou castelán. Se o documento orixinal está redactado noutro idioma distinto, deberá xuntarse unha tradución deste.
2. Ademais, para acreditar os méritos que se aleguen dos recollidos no artigo 10, polo que se regulan os criterios de selección das solicitudes, haberá que achegar a seguinte documentación, segundo o caso:
a) Certificación asinada pola persoa competente (a persoa titular do vicerreitorado competente en materia de investigación, ou persoa en quen delegue, ou ben a persoa responsable do organismo/centro de investigación respectivo), referida á persoa designada para dirixir ou codirixir a tese, na cal se fagan constar os seguintes aspectos:
1º. No caso de solicitudes presentadas por unha universidade do SUG, indicación do grupo, agrupación estratéxica ou centro de investigación a que pertence a persoa designada para dirixir ou codirixir a tese, e convocatoria da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional a través da cal obtivo financiamento, ou de que está integrado nunha unidade de excelencia María de Maeztu ou nun centro de excelencia Severo Ochoa radicados en Galicia e con axuda vixente, ou de que forma parte do equipo de investigación dunha persoa investigadora contratada pola Axencia Galega de Innovación no marco do programa Oportunius, ao abeiro do Decreto 64/2016 (DOG número 112, do 14 de xuño), polo que se regula o réxime de contratación pola Axencia Galega de Innovación de persoal investigador baixo a modalidade de persoal investigador distinguido, ou nun equipo de investigación do cal forme parte unha persoa investigadora beneficiaria dunha axuda do Consello Europeo de Investigación (ERC), ou a pertenza a un campus de especialización acreditado pola Xunta de Galicia.
2º. No caso das demais entidades solicitantes indicadas no artigo 2.1, que a persoa designada para dirixir ou codirixir a tese cumpra algún dos seguintes requisitos, indicando a referencia (código de procedemento, número de expediente, título de proxecto e tipo de participación nel) que permita identificar a axuda específica:
– Ter participado no desenvolvemento de proxectos concedidos pola Axencia Galega de Innovación para a realización de actividades de I+D+i entre os anos 2021 e 2024.
– Ter sido beneficiario de actividades financiadas pola Axencia Galega de Innovación entre os anos 2021 e 2024.
– Que forme parte do grupo de investigación unha persoa investigadora beneficiaria dunha axuda do Consello Europeo de Investigación (ERC).
– Ter sido a persoa investigadora principal dalgún proxecto concedido polo Plan nacional de I+D+i entre os anos 2021 e 2024. A entidade beneficiaria deste proxecto, ou proxectos, deberá ser a mesma que a entidade solicitante destas axudas.
– Ter participado no desenvolvemento dalgún proxecto concedido polo Programa marco de I+D da Unión Europea, entre os anos 2021 e 2024, no cal a entidade solicitante participase en calidade de socio.
– Ter participado no desenvolvemento dalgún proxecto concedido polo Programa marco de I+D da Unión Europea, entre os anos 2021 e 2024, no cal a entidade solicitante participase en calidade de líder.
A omisión da selección dalgún dos aspectos citados suporá que o número 2.a) non será puntuado.
Se a persoa designada para dirixir ou codirixir a tese non cumpre con ningún destes requisitos, non será necesario achegar este documento.
b) Memoria da adecuación do proxecto de investigación a un dos retos da Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2021-2027 (RIS3 Galicia), de acordo no indicado no anexo I desta orde, asinada pola persoa candidata e pola persoa designada para dirixir a tese. Nesta memoria deberán constar, de forma obrigatoria, a totalidade dos seguintes aspectos e deberá presentarse conforme o modelo facilitado na web da Secretaría Xeral de Universidades e da Axencia Galega de Innovación:
1. Título do proxecto de investigación.
2. Resumo do proxecto de tese de doutoramento (cun máximo de 150 palabras). O texto deberá visualizarse de forma completa e lexible na memoria final asinada.
3. Reto.
4. Prioridade.
5. Ámbito de priorización correspondente ao reto indicado (en relación co reto e coa prioridade seleccionados).
O contido das listas despregables do citado modelo en ningún caso deberá ser alterado.
A omisión dalgún dos aspectos citados suporá que esta memoria non será puntuada. Xunto con esta memoria, coas súas sinaturas correspondentes, deberá ser presentado, ademais, un arquivo informático á parte co formato .ods da aplicación Calc da suite ofimática LibreOffice de contido exactamente igual ao da memoria presentada.
c) Certificado do nivel de coñecemento dunha lingua estranxeira, no cal figure expresamente o nivel acadado de acordo co Marco común europeo de referencia para as linguas. Só serán aceptados os títulos ou diplomas recoñecidos segundo a Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería (DOG núm. 128, do 7 de xullo) ou normativa modificativa.
d) Acreditación de ter concedida unha bolsa de colaboración nun departamento universitario do Ministerio de Educación e Formación Profesional e Deportes.
Para os efectos de control, as entidades convocantes poderán requirir a documentación complementaria que consideren necesaria para o desenvolvemento das axudas.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
7. De ter solicitado a axuda para facer estadía, a entidade beneficiaria deberá remitirlle á Secretaría Xeral de Universidades ou á Axencia Galega de Innovación, segundo corresponda, a seguinte documentación antes do 15 de maio de 2026 ou no prazo dun mes desde a data de comezo dos contratos no caso das persoas que acceden a través da lista de espera:
a) Plan de traballo asinado pola persoa contratada e co visto e prace da persoa directora da tese.
b) Carta de aceptación do centro de destino, asinada pola persoa directora do centro ou figura equivalente. O centro de destino deberá estar situado nun país incluído na zona que se indicou na solicitude e pola cal se concedeu a axuda.
c) Autorización de ausencia da entidade beneficiaria.
Antes do inicio do período de estadía, a Secretaría Xeral de Universidades, para as universidades do SUG e a Axencia Galega de Innovación, para as demais entidades indicadas no artigo 2.1, publicarán nas súas páxinas web a relación das persoas que desfrutarán de estadía, con indicación da entidade contratante, do país e da zona de destino.
8. Todas as sinaturas deben ser electrónicas, con certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados, salvo causas correctamente xustificadas, para as cales se aceptarán sinaturas manuscritas.
9. A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, de calquera dato ou documento que acompañe a solicitude da axuda ou que conste nunha declaración responsable comportará a inadmisión da solicitude da axuda e será causa de resolución da axuda se se ten constancia despois da súa concesión.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa representante.
b) DNI ou NIE da persoa candidata á axuda. É obrigatorio estar en posesión dalgún destes documentos antes de facer a solicitude.
c) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias á AEAT da entidade solicitante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social da entidade solicitante.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma da entidade solicitante.
f) Informe de vida laboral da persoa candidata.
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Certificado acreditativo do grao de discapacidade da persoa candidata, expedido pola Xunta de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as entidades solicitantes deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da entidade interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Obrigatoriamente faranse a través do procedemento ED481A ou IN606A e por cada expediente.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a unha emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral
Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas demais entidades do sistema de I+D+I galego.