Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN519G
Axudas ó posicionamento das empresas galegas como subministradoras en materia de seguridade e defensa
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
Co fin de favorecer o posicionamento estratéxico das empresas galegas como subministradoras de bens, servizos e solucións en materia de seguridade e defensa,este procedemento apoia ás empresas para que poidan iniciar os pasos obrigatorios para aproveitar a diversificación en defensa e seguridade coas certificacións, homologacións e/ou cualificacións necesarias para iso.
As entidades beneficiarias das axudas serán:
As empresas privadas (persoas xurídicas) con personalidade xurídica que realicen actividade económica e conten con centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, e que inicien os pasos obrigatorios para aproveitar a diversificación en materia de defensa e seguridade coas certificacións, homologacións e/ou habilitacións necesarias para iso.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
Subdirección Xeral de Promoción Industrial e Solo Empresarial
Edif. Advo. San Caetado; Edificio 5, 4ª planta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Prazo de presentación: ABERTO
13/02/2026 09:00 - 13/05/2026 14:00
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ás 9.00 horas do quinto día hábil seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
O prazo finalizará ás 14.00 horas do día en que se cumpran os tres meses desde a data de inicio do prazo, excepto cando se produza o esgotamento do crédito.
Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria:
As persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As persoas ou entidades en que concorra algunha das causas de exclusión previstas no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a enmende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán presentar coa solicitude a seguinte documentación:
1.1. Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación co que se actúa, no caso de entidades non rexistradas no Rexistro Mercantil.
1.2. Para subvencións de importe superior a 30.000,00 euros, as entidades beneficiarias deben cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará polos seguintes medios de proba:
1º. As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación subscrita polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, na cal afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algún dos medios de proba previstos no punto 2º e con suxeición á súa regulación.
2º. As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:
i. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.
Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.
ii. No caso de que non sexa posible emitir a certificación de auditor a que se refire o número anterior, un «Informe de procedementos acordados» elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade a unha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido no punto segundo da letra d) da disposición derradeira sexta da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.
1.3. Memoria técnico-económica descritiva da actuación datada e asinada por técnico competente. A memoria adecuarase ao modelo que se inclúe como anexo III, e incluirá os puntos do seguinte índice:
1. Tipo de actuación subvencionable.
2. Diagnóstico da situación actual e identificación e xustificación da tipoloxía de actuación elixida.
3. Descrición técnica das medidas propostas por cada unha das actuacións subvencionables solicitadas.
4. Orzamento detallado por cada tipo de actuación.
5. Calendario de execución da axuda.
6. Cálculo da axuda solicitada segundo os gastos subvencionables.
1.4. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no artigo 118 da Lei 9/2017, de contratos do sector público, para o contrato menor, a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do servizo, salvo que, polas súas especiais características, non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou fornezan, ou salvo que o gasto se realizara con anterioridade á solicitude da subvención.
O solicitante da axuda deberá achegar as ofertas, así como unha memoria co NIF, o nome e o enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos. Así mesmo, cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa, que terá que incluír unha comparación das especificacións técnicas dos elementos ofertados e o motivo da elección.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que o solicitante se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade representante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
f) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
g) Imposto de actividades económicas (IAE) da persoa ou entidade solicitante.
h) Concesión de subvencións e axudas.
i) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
j) Consulta de axudas e subvencións de minimis ampliado.
k) Consulta de axudas do Estado.
2. No caso de que os solicitantes se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e presentar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso do solicitante para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados, poderase solicitar a presentación dos documentos correspondentes ás persoas solicitantes, sen que isto supoña unha alteración do prazo de presentación de solicitudes.
Trámites administrativos posteriores
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Cartel (Anexo V)
- Memoria técnico-económica (Anexo III)
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Xustificación e solicitude de pago (Anexo IV)
- Cartel (Anexo V) (Xustificación)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 9 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras con carácter plurianual (2026-2027) para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas ao posicionamento das empresas galegas como subministradoras en materia de seguridade e defensa, e se procede á súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (DOG nº 25 do 06 de febreiro de 2026).
-
Extracto da Orde de 9 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras con carácter plurianual (2026-2027) para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas ao posicionamento das empresas galegas como subministradoras en materia de seguridade e defensa, e procédese á súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto(DOG nº 25 do 06 de febreiro de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano
Novacións de débedas co Igape
Prazo aberto: 26/01/2026 09:00 - 30/12/2026 14:00