Guía de procedementos e servizos

IF321A

Reclamación de responsabilidade patrimonial en materia de infraestruturas, mobilidade e augas

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

A presente orde ten por obxecto aprobar os formularios normalizados que se empregarán en determinados procedementos, en materia de infraestruturas, mobilidade e augas.

Os devanditos procedementos habilitaranse na Guía de procedementos e servizos dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia co seguinte código.

IF321A. Reclamación de responsabilidade patrimonial en materia de infraestruturas, mobilidade e augas (anexo I).

As persoas físicas que así o desexen, pero tamén como unha obriga para as persoas xurídicas e outros colectivos segundo o establecido no seu artigo 12. Colectivo que o artigo 10 da Lei 4/2019, de 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, amplía aos traballadores autónomos e aos seus representantes.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544321/981544309

Email: sxreximexuridico.cim@xunta.gal

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Forma de presentación

 As reclamacións de responsabilidade patrimonial (IF321A), os recursos (IF321B, IF321C e IF321D) e a declaración responsable (IF321H) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, os titulares ou solicitantes das autorizacións e habilitacións reguladas na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, os traballadores autónomos para os trámites e actividades que realicen non exercicio da súa actividade profesional e as persoas representantes dunha das anteriores.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa documentación presencialmente, requiriráselle para que a emende mediante a súa presentación por medios electrónicos. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude ou recurso aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación de documentación relativa aos procedementos que regula esta orde poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes, as declaracións responsables e os recursos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora destes procedementos, antes descritos, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación dos procedementos

Nos procedementos IF321A Reclamación de responsabilidade patrimonial en materia de infraestruturas, mobilidade e augas, as persoas interesadas deberán achegar xunto co formulario contido no anexo I, a seguinte documentación:

a) Reclamación de responsabilidade patrimonial.

b) Acreditación da representación da persoa comparecente, de ser o caso, por algún dos seguintes medios:

1º. Poder notarial de representación. No suposto de suxeitos obrigados a relacionarse electronicamente coa Administración, o poder notarial deberá constar en documento electrónico ou en caso de carecer del, achegar recibo de presentación de poder notarial en soporte papel para a súa dixitalización nunha Oficina de atención á cidadanía e rexistro.

2º. Xustificante da presentación na Oficina de atención á cidadanía e rexistro do poder de representación para a súa dixitalización e presentación.

3º. Poder apud acta ou acreditación da súa inscrición no rexistro electrónico de apoderamentos da Administración pública competente.

c) Documento/s que acredite/n a lexitimación da persoa solicitante cando a posúa porque lla transmitiu outra por herdanza ou por calquera outro título.

d) Xustificante da presentación na Oficina de atención á cidadanía e rexistro doutra documentación cuxa presentación en sede electrónica non sexa posible.

e) Documentación acreditativa da realidade do dano (atestados, dilixencias, informes, etc.).

f) Documentación acreditativa da valoración do dano (facturas, orzamentos, informes periciais...).

g) Outra documentación que se considere conveniente.

 

Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica das solicitudes, recursos e comunicacións. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da reclamación, recurso, solicitude ou comunicación deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos documentos elaborados polas administracións públicas, especialmente os documentos identificativos (DNI/NIE para persoas físicas e NIF para persoas xurídicas), tanto da persoa solicitante, recorrente ou declarante como das representantes.

2. Para a tramitación dos procedementos de responsabilidade patrimonial IF321A, o interesado poderá autorizar a consulta da historia clínica, limitada aos danos persoais alegados, de ser o caso.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de reclamacións, recursos, solicitudes, declaracións responsables e comunicacións

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelle ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Despois de presentar

Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de:

Prazo de resolución:

Sesis meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Estatal
    • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).

    • Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público (BOE nº 236, de 2 de outubro de 2015).

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 4/2019, de 17 de xullo, de administración dixital de Galicia (DOG nº 141, de 26 de xullo de 2019).

    • Orde do 8 de xaneiro de 2020 pola que se establecen os formularios normalizados que se empregarán en determinados procedementos en materia de mobilidade, infraestruturas e augas (DOG nº 32 do 17 de xaneiro de 2020).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano