Guía de procedementos e servizos

IF318F

Subvencións para a actividade de adquisición de semirremolques para uso en autopistas ferroviarias.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 02/04/2022 00:00 - 30/04/2024 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Que é e para que serve

Adquisición de semirremolques para uso en autopistas ferroviarias.

Quen pode solicitalo

Persoas físicas ou xurídicas.

Requisitos

1. De acordo co disposto no artigo 14 do Real Decreto 983/2021, do 16 de novembro, serán destinatarios últimos das subvencións convocadas por esta orde, sempre que teñan a súa residencia fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dalgunha das seguintes autorizacións en vigor á data de solicitude das axudas:

a) Unha autorización de transporte público de mercadorías habilitante para facer transporte con vehículos ou conxuntos de vehículos de máis de 3,5 tn. de masa máxima, identificada coa clave MDPE.

b) Unha autorización de transporte público discrecional de viaxeiros en autobús, identificada coa clave VDE.

c) Unha autorización de transporte privado complementario de mercadorías habilitante para facer transporte con vehículos ou conxuntos de vehículos de máis de 3,5 tn. de masa máxima, identificada coa clave MPCE.

d) Unha autorización de transporte privado complementario de viaxeiros en autobús coa clave VPCE.

e) Unha autorización autonómica de transporte público de mercadorías con clave MDLE, sempre que teñan adscritos á devandita autorización vehículos de máis de 3,5 tn de masa máxima a data de aprobación do presente Real Decreto.

2. Os destinatarios últimos definidos no apartado anterior poderán recibir axudas unicamente en relación coa categoría e clase de vehículos asociada á habilitación que lles outorgue a autorización da que son titulares.

3. Serán igualmente destinatarios últimos das subvencións convocadas mediante esta orde, sempre que teñan a súa residencia fiscal en Galicia, as persoas xurídicas privadas que á data de solicitude da axuda presten o servizo público de transporte urbano en autobús, e estiveran exentas da obtención dalgunha das  autorizacións incluídas no apartado 1 do artigo 14 do Real Decreto 983/2021, do 16 de novembro.

4. Non poderán ser destinatarios últimos das axudas:

a) As empresas que se atopen en situación de crise, conforme á definición que para estes efectos se realiza no Regulamento UE 651/2014, do 17 de xuño de 2014.

b) As persoas ou entidades nas que concorra algunha das circunstancias enumeradas no artigo 13, apartados 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente sobre calquera axuda ou subvención que lles fose outorgada con anterioridade, ben por declararse axuda ilegal e incompatible co mercado interior, ben por calquera tipo de incumprimento das obrigas que lle viñesen atribuídas na concesión.

d) As empresas ou entidades de titularidade pública que sexan prestadoras do servizo de transporte público urbano.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: PECHADO

02/04/2022 00:00 - 30/04/2024 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes contarase a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e estará vixente ata o 30 de abril de 2024.

Como se tramita

Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:

  • Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.

Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:

  • Persoas xurídicas.
  • Entidades sen personalidade xurídica.
  • Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
  • Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
  • Traballadores e traballadoras autónomos.
  • Estudantes universitarios.
  • Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.

Tramitar en liña

A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña:

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.

Tramitar presencialmente

Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.

Podes presentar a solicitude en:

  • As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
  • As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
  • As oficinas de Correos.
  • As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
  • Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.

As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

Solicitude segundo o Anexo V.

Certificado que acredite os datos bancarios para transferencia do importe da axuda, en caso de establecerse anticipo. A persoa destinataria última deberá ser titular do número de conta no que se ingrese a axuda.

Declaración responsable de que a Actividade obxecto de subvención adecúase ao principio de «non causar prexuízo significativo» (principio «do not significant harm-DNSH») no sentido establecido no punto 6) do artigo 2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o mecanismo de recuperación e resiliencia.

Declaración responsable de ausencia de conflito de interese en relación coa execución das Actividades para as que solicita subvención no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, segundo o modelo que se recolle no Anexo VI desta Orde de convocatoria.

Certificado de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores ou certificado da situación censual, expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.

Outra documentación adicional que o interesado considere conveniente. 

Documentación que acredite a representación con que se actúa.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou, no seu caso, do representante.

b) NIF da entidade solicitante, ou no seu caso, da entidade representante.

c) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Certificado sobre cumprimento de obrigas coa Seguridade Social.

e) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Certificado de alta no Imposto de Actividades Económicas.

g) Datos de residencia con data de a última variación do padrón.

h) Consulta de datos de vehículos coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

i) Consulta de datos de propietarios coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal)

Que vai pasar despois de que o presente

Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?

Seis meses

Que ocorre se non recibes resposta?

Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase desestimada por silencio administrativo.

Isto significa que a solicitude non se considera aprobada.

A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo.

A resolución pode ser:

  • Estimatoria (cando aprobamos a túa solicitude).
  • Desestimatoria (cando non aprobamos a túa solicitude).

Se non aprobamos a túa solicitude, podes presentar un recurso para pedir que revisemos a decisión.

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544587

Email: subvencionsfrota.mobilidade@xunta.gal

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal

Órgano responsable

Dirección Xeral de Mobilidade
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 64 do 1 de abril de 2022). Ligazón á normativa

    • Extracto da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (código de procedemento IF318F) (DOG nº 64 do 1 de abril de 2022). Ligazón á normativa

    • Orde do 9 de xaneiro de 2023 pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde 30 do marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 10 do 16 de xaneiro de 2023). Ligazón á normativa

    • Resolución do 1 de marzo de 2023 pola que se conceden as axudas solicitadas ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022, pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 48 do 9 de marzo de 2023). Ligazón á normativa

    • Resolución do 5 de maio de 2023 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de xaneiro ao 30 de abril de 2023 ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022, pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 91 do 12 de maio de 2023). Ligazón á normativa

    • Resolución do 5 de xullo de 2023 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de maio ao 30 de xuño de 2023 ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 134 do 14 de xullo de 2023). Ligazón á normativa

    • Resolución do 6 de outubro de 2023 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de xullo ao 30 de setembro, ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 196 do 16 de outubro de 2023). Ligazón á normativa

    • Orde do 19 de outubro de 2023 pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2023). Ligazón á normativa

    • Resolución do 11 de xaneiro de 2024 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de outubro ao 31 de decembro de 2023 ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 15 do 22 de xaneiro de 2024). Ligazón á normativa

    • Orde do 6 de marzo de 2024 pola que se establecen criterios para a redistribución do crédito entre as actividades previstas inicialmente na Orde de 30 de marzo de 2022, pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestatarias de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F) (DOG nº 54 do 15 de marzo de 2024). Ligazón á normativa

    • Resolución do 3 de abril de 2024 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de xaneiro ao 31 de marzo de 2024 ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F) (DOG nº 74 do 15 de abril de 2024). Ligazón á normativa

    • Resolución do 3 de xullo de 2024 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de abril ao 30 de xuño de 2024 ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F) (DOG nº 134 do 11 de xullo de 2024). Ligazón á normativa

    • Resolución do 3 de outubro de 2024 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de xullo ao 30 de setembro de 2024 ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F) (DOG nº 200 do 16 de outubro de 2024). Ligazón á normativa

    • Orde do 24 de outubro de 2024 pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F) (DOG nº 211 do 31 de outubro de 2024). Ligazón á normativa

    • Resolución do 9 de xaneiro de 2025 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de outubro ao 31 de decembro de 2024 ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 16 do 24 de xaneiro de 2025). Ligazón á normativa

    • Orde do 2 de abril de 2025 pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 30 do marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F) (DOG nº 70 do 10 de abril de 2025). Ligazón á normativa

    • Resolución do 19 de xuño de 2025 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de xaneiro ao 31 de maio de 2025 ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 126 do 3 de xullo de 2025). Ligazón á normativa

    • Resolución do 9 de setembro 2025 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de xuño ao 31 de agosto de 2025 ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 184 do 24 de setembro de 2025). Ligazón á normativa

    • Resolución do 7 de xullo de 2026 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de decembro de 2025 ao 30 de xuño de 2026, ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 132 do 16 de xullo de 2026). Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal
    • Real Decreto 983/2021, de 16 de novembro, polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a transformación de flotas de transporte de viaxeiros e mercancías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 275 de 17 de novembro de 2021). Ligazón á normativa

    • Orde TMA/138/2022, de 28 de febreiro, pola que se modifican os Anexos I, III, IV e VI do Real Decreto 983/2021, de 16 de novembro, polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a transformación de flotas de transporte de viaxeiros e mercancías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 52 de 2 de marzo de 2022). Ligazón á normativa

    • Corrección de erros do Real Decreto 983/2021, de 16 de novembro, polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a transformación de flotas de transporte de viaxeiros e mercancías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 54 de 4 de marzo de 2022). Ligazón á normativa

    • Real Decreto 188/2022, de 15 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 983/2021, de 16 de novembro, polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a transformación de flotas de transporte de viaxeiros e mercancías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 64 de 16 de marzo de 2022). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF301L

Certificación para matriculación e expedición de permiso de circulación ou cambio de titularidade.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF301P

Autorización de transporte e de actividades auxiliares e complementarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano