Guía de procedementos e servizos

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Que é e para que serve

Considéranse accesos directos ás estradas ou ás súas vías de servizo todas aquelas entradas e saídas de vehículos a elas nas que a súa incorporación a ou desde a calzada se produce sen empregar as conexións da estrada con outras vías públicas que teñan a consideración de estradas ou de vías de servizo.

Teñen a consideración de accesos ás estradas ou ás súas vías de servizo os das actuacións urbanísticas, vías urbanas e camiños públicos, instalacións de servizos e predios lindeiros.

Inicio do procedemento de autorización

O procedemento de outorgamento de autorizacións para o establecemento de novos accesos, cambio de uso e reordenación dun acceso existente como consecuencia da solicitude dun novo acceso nunha estrada de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, iniciarase coa presentación dunha solicitude dirixida ao Servizo provincial da Axencia Galega de Infraestruturas correspondente e axustada ao modelo normalizado do anexo que ten como código de procedemento IF205D.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 6 de xullo de 2019 e permanecerá aberto indefinidamente.

Como se tramita

Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:

  • Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.

Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:

  • Persoas xurídicas.
  • Entidades sen personalidade xurídica.
  • Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
  • Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
  • Traballadores e traballadoras autónomos.
  • Estudantes universitarios.
  • Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.

Tramitar en liña

A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña:

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.

Tramitar presencialmente

Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.

Podes presentar a solicitude en:

  • As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
  • As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
  • As oficinas de Correos.
  • As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
  • Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.

As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Solicitude segundo Anexo de código de procedemento IF205D.

  • Poder de representación.

  • Memoria explicativa cos planos, esquemas ou datos necesarios para a localización e definición do acceso que se pretende realizar.

  • Proxecto do acceso subscrito por técnico competente, co contido establecido no artigo 86.2 c) da orde de accesos.

  • Outros (especificar).

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • NIF da entidade solicitante.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

Anexos

Que vai pasar despois de que o presente

Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de "IF321B. Recurso en materia de infraestruturas"

Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?

Seis meses

Que ocorre se non recibes resposta?

Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase desestimada por silencio administrativo.

Isto significa que a solicitude non se considera aprobada.

A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo.

A resolución pode ser:

  • Estimatoria (cando aprobamos a túa solicitude).
  • Desestimatoria (cando non aprobamos a túa solicitude).

Se non aprobamos a túa solicitude, podes presentar un recurso para pedir que revisemos a decisión.

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Axencia Galega de Infraestruturas

Servizo Provincial Da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184870

Email: secretaria.axi.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Axencia Galega de Infraestruturas

Servizo Provincial Da Axencia Galega de Infraestruturas en Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294446

Email: axi.lugo.cim@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Axencia Galega de Infraestruturas

Servizo Provincial Da Axencia Galega de Infraestruturas en Ourense

Rúa Sáenz Díez, 1

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386247

Email: axi.ourense.cim@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Axencia Galega de Infraestruturas

Servizo Provincial Da Axencia Galega de Infraestruturas en Pontevedra

Avda. María Victoria Moreno, 43,1º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805639

Email: sp.axi.pontevedra@xunta.gal

Órgano responsable

Axencia Galega de Infraestruturas
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (DOG nº 132 do 12 de xullo de 2013). Ligazón á normativa

    • Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 249 do 30 de decembro de 2014). Ligazón á normativa

    • Lei 6/2015, do 7 de agosto, pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (DOG nº 153 do 13 de agosto de 2015). Ligazón á normativa

    • Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203 do 25 de outubro de 2017). Ligazón á normativa

    • Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 247 do 28 de decembro de 2018). Ligazón á normativa

    • Corrección de erros. Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 43 do 1 de marzo de 2019). Ligazón á normativa

    • Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 246 do 27 de decembro de 2019). Ligazón á normativa

    • Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2021). Ligazón á normativa

    • Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016). Ligazón á normativa

    • Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (DOG nº 116 do 20 de xuño de 2016). Ligazón á normativa

    • Corrección de erros. Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (DOG nº 146 do 3 de agosto de 2016). Ligazón á normativa

    • Modificación do Decreto 66/2016, que afecta unicamente ao artigo 143, pola disposición derradeira primeira do Decreto 92/2019, do 11 de xullo, polo que se modifica o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. (DOG núm. 144, mércores, 31 de xullo de 2019) Ligazón á normativa

    • Orde do 23 de maio de 2019 pola que se regulan os accesos nas estradas de Galicia e nas súas vías de servizo (DOG nº 127 do 5 de xullo de 2019). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF206B

Informe de usos especiais da estrada

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano