Guía de procedementos e servizos

EM900A

Axudas extraordinarias destinadas a paliar a situación de necesidade derivada da perda temporal ou definitiva das condicións de habitabilidade da residencia habitual como consecuencia dos terremotos ocorridos o 24 de xuño de 2026

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2026 - Prazo aberto: 06/08/2026 00:00 - 01/12/2026 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Que é e para que serve

Aprobar as bases reguladoras e convocar en réxime de concorrencia non competitiva as axudas extraordinarias destinadas a paliar a situación de necesidade derivada da perda temporal ou definitiva das condicións de habitabilidade da residencia habitual das persoas galegas residentes en Venezuela afectadas polos terremotos ocorridos o 24 de xuño de 2026

Quen pode solicitalo

Persoas que, como consecuencia dos terremotos ocorridos o 24 de xuño de 2026, se atopen nunha situación de necesidade derivada da perda temporal ou definitiva das condicións de habitabilidade da súa vivenda habitual e cumpran os seguintes requisitos:

1. As persoas emigrantes nacidas en Galicia e residentes en Venezuela.

2. Os/as fillos/as daquelas que residan en Venezuela sempre que teñan a nacionalidade española e se atopen vinculados/as con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no exterior (PERE).

3. Os/as descendentes de emigrantes galegos ata o segundo grao por consanguinidade que teñan a nacionalidade española e se atopen vinculados/as con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no exterior (PERE).

Unicamente poderá presentarse unha solicitude por vivenda afectada.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: ABERTO

06/08/2026 00:00 - 01/12/2026 23:59

 1. O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o día de inicio do prazo fose inhábil, comezará o día hábil seguinte.



2. O prazo rematará o 1 de decembro de 2026.


Como se tramita

Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:

  • Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.

Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:

  • Persoas xurídicas.
  • Entidades sen personalidade xurídica.
  • Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
  • Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
  • Traballadores e traballadoras autónomos.
  • Estudantes universitarios.
  • Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.

Tramitar en liña

A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña:

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.

Tramitar presencialmente

Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.

Podes presentar a solicitude en:

  • As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
  • As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
  • As oficinas de Correos.
  • As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
  • Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.

As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como anexo I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

As persoas solicitantes que non posúan certificado electrónico e así o desexen poderán dirixirse ás entidades colaboradoras que se indican a seguir:

– Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

– Hermandad Gallega de Valencia.

– Centro Gallego de Maracaibo.

–Centro Gallego de Puerto la Cruz.

– Asociación Fillos de Galicia dos Estados de Aragua e Lara, en Maracay.

A utilización desta vía requirirá que a persoa solicitante autorice a persoa responsable da entidade colaboradora que se detalle no modelo normalizado de solicitude para que remita a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e non exime as persoas solicitantes da obriga de cubrir e asinar a solicitude segundo o anexo I.

2. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, segundo o modelo do anexo I, a seguinte documentación:

a) Título xurídico que lle habilita para facer uso da vivenda ou documento con valor probatorio de residencia na vivenda afectada.

b) Informe emitido por unha persoa traballadora social colexiada de acordo coa normativa venezolana que acredite que a vivenda perdeu temporal ou definitivamente as condicións de habitabilidade por quedar en situación de ruína ou presentar danos estruturais como consecuencia dos terremotos ocorridos o 24 de xuño de 2026. Para a emisión deste informe poderá basearse no informe emitido por técnico competente.

c) Memoria descritiva en que a persoa solicitante expoña as circunstancias que motivan a solicitude da axuda.

d) Para a acreditación da condición de persoa solicitante consonte o artigo 3, deberán achegar a seguinte documentación:

– As persoas emigrantes: documento oficial en que conste o lugar de nacemento en Galicia.

– Os descendentes da persoa emigrante: o/os certificado/s de nacemento do rexistro civil correspondente.

– En todos os supostos, pasaporte español ou outro documento de identidade en que consten os seus datos persoais e a nacionalidade española.

e) No caso de que a persoa solicitante sexa menor de idade ou estea incapacitada, a solicitude farase ao seu nome e será asinada por quen a represente legalmente. Neste caso, deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. A Secretaría Xeral da Emigración poderá requirir calquera outra documentación ou dato adicional que considere necesario para completar o expediente ou para unha mellor valoración deste.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI da persoa solicitante ou representante, se dispón del.

– Certificación de estar rexistrada e vinculada cun concello galego no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) no momento de presentación da solicitude.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitada no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores 

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Que vai pasar despois de que o presente

Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?

Tres meses

Que ocorre se non recibes resposta?

Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase desestimada por silencio administrativo.

Isto significa que a solicitude non se considera aprobada.

A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo.

A resolución pode ser:

  • Estimatoria (cando aprobamos a túa solicitude).
  • Desestimatoria (cando non aprobamos a túa solicitude).

Se non aprobamos a túa solicitude, podes presentar un recurso para pedir que revisemos a decisión.

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral da Emigración

Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais

Servizo de Programas Sociais

Praza de Mazarelos, 15

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544882

Email: accion.social.emigracion@xunta.gal

Órgano responsable

Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Resolución do 31 de xullo de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e o procedemento de concesión de axudas extraordinarias destinadas a paliar a situación de necesidade derivada da perda temporal ou definitiva das condicións de habitabilidade da residencia habitual como consecuencia dos terremotos ocorridos o 24 de xuño de 2026 en Venezuela (DOG nº 146 do 05 de Agosto de 2026). Ligazón á normativa

    • Extracto da Resolución do 31 de xullo de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e o procedemento de concesión de axudas extraordinarias destinadas a paliar a situación de necesidade derivada da perda temporal ou definitiva das condicións de habitabilidade da residencia habitual como consecuencia dos terremotos ocorridos o 24 de xuño de 2026 en Venezuela (DOG nº 146 do 05 de Agosto de 2026). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PR940A

Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.

Aberto todo o ano

PR940B

Revogación do recoñecemento.

Aberto todo o ano

PR940C

Inscrición no rexistro da galeguidade.

Aberto todo o ano

PR940D

Modificación de datos inscritos no rexistro da galeguidade.

Aberto todo o ano