Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR940A - Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.
De conformidade co establecido no artigo 6 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, poderá recoñecerse a condición de comunidade galega ás entidades sen ánimo de lucro asentadas fóra de Galicia e constituídas por galegos/as, con personalidade xurídica no territorio en que estean asentadas e que teñan por obxecto principal os labores de protección, instrución ou lecer dos/as galegos/as residentes fóra de Galicia e dos/das seus/súas descendentes, e/ou o mantemento ou fomento dos lazos culturais, sociais ou económicos con Galicia, sempre que cumpran os requisitos establecidos no artigo 8 daquela.
O número mínimo de socios/as a que fai referencia o artigo 8.1.b) da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, será de 400.
Deste número total de socios/as da entidade, polo menos o 55 % deles/as deberán posuír a condición de galegos/as ou descendentes deles/as ata o segundo grao.
Non obstante o anterior, as entidades galegas singulares, entendidas como aquelas asentadas nun municipio ou división administrativa equiparable á municipal, en que non estea constituída ningunha outra entidade galega, deberán acreditar un número mínimo de socios/as de 150, dos/as cales, polo menos o 55 % deberán posuír a condición de galegos/as ou descendentes deles/as ata o segundo grao.
Centros colaboradores da galeguidade.
1. De conformidade co establecido no artigo 10 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, poderá recoñecerse a condición de centro colaborador da galeguidade a aquelas entidades legalmente constituídas fóra do territorio de Galicia, sen ánimo de lucro, que teñan por obxecto nos seus estatutos o mantemento ou a recuperación dos lazos culturais, sociais e económicos con Galicia ou que desenvolvan algún dos fins recollidos no seu artigo 7.
2. Igualmente, e de conformidade co artigo 11.4 da devandita lei, poderá recoñecerse a condición de centro colaborador da galeguidade a aquelas institucións sen ánimo de lucro, asentadas fóra do territorio de Galicia, recoñecidas polo ordenamento xurídico do Estado en que estean establecidas, que posúan unha sección diferenciada dentro da propia entidade, constituída por galegos/as ou descendentes de primeiro grao destes/as, sempre que a sección diferenciada cumpra cos requisitos esixidos no artigo 11.1 da lei.
A porcentaxe de socios/as da entidade que deben posuír a condición de galegos/as ou descendentes deles/as ata o segundo grao previsto no artigo 11.1.c) da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade será do 50 % do total de socios/as.
1. Para o exercicio dos dereitos recollidos nesta lei, a Comunidade Autónoma de Galicia recoñecerá a galeguidade como comunidades galegas ás entidades galegas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser entidades sen ánimo de lucro, estar constituídas por galegos/as residentes fóra de Galicia e con personalidade xurídica de conformidade co ordenamento xurídico do Estado en que estean establecidas.
b) Posuír suficiente arraigamento, que se determinará pola antigüidade da entidade e polo número de socios/as que a compoñen. Neste sentido, para acceder ao recoñecemento da galeguidade será preceptivo ter un funcionamento ininterrompido de dez anos e estar constituídas por un número mínimo de socios/as, que se determinará regulamentariamente.
c) Estar composta por un número mínimo de asociados/as que posúan a condición de galegos/as ou descendentes deles/as, conforme o disposto no artigo 3 desta lei, que se determinará regulamentariamente.
d) Ter, entre os seus fins estatutarios, o fomento e o mantemento de vínculos sociais, culturais e económicos con Galicia e co seu pobo.
e) Recoller nos seus estatutos o destino do seu patrimonio no caso de disolución. O patrimonio de valor histórico, documental, cultural, artístico e arquitectónico cederase ao pobo galego, a través da Comunidade Autónoma de Galicia, e/ou a outras comunidades galegas asentadas dentro do territorio onde se encontre a comunidade galega, e de conformidade co ordenamento xurídico da Comunidade Autónoma de Galicia e dos Estados onde estean asentadas as ditas comunidades.
f) Que a súa estrutura, organización e funcionamento internos se rexan de acordo con principios democráticos, recoñecendo a participación dos asociados e das asociadas na toma de decisións e nos órganos de representación da entidade.
g) Manifestar, conforme os seus estatutos, a súa vontade expresa de que a súa galeguidade sexa recoñecida consonte os principios desta lei.
h) Difundir a cultura e a lingua galegas mediante o desenvolvemento de obradoiros e actividades divulgativas nos territorios onde estean asentadas.
i) Recoller nos seus estatutos o deber de preservar o seu patrimonio e asemade o deber de colaborar co Goberno galego tanto na catalogación e inventario como na posta en valor do patrimonio de Galicia no exterior.
j) Non recoller nos seus estatutos e demais normas de funcionamento ningún precepto ou disposición que contradiga o disposto na Constitución española, no Estatuto de autonomía de Galicia e na demais lexislación española e galega en materia de dereitos individuais e colectivos.
2. Para os efectos do punto 1.b) deste artigo, aquelas entidades que desenvolvan actividades de carácter socioasistencial ou sanitario ou calquera outra que implique a prestación de servizos a terceiros/as non poderán incluír tales terceiros/as como asociados/as da entidade para os fins recoñecidos nesta lei se non consta o seu recoñecemento expreso para participaren nas actividades de carácter social e/ou cultural da entidade.
Segundo o artigo 11 da Lei 7/2013, do 13 de xuño deberán cumprir os seguintes requisitos:
1. Para o recoñecemento dunha entidade como centro colaborador da galeguidade deberá acreditar o cumprimento dos seguintes requisitos:
a) Estar constituída e recoñecida de conformidade co ordenamento xurídico do Estado en que estea establecida.
b) Posuír unha actividade ininterrompida de, polo menos, dous anos, con proxección de continuidade nos mesmos fins.
c) Contar con máis de cen asociados/as, dos/das cales unha porcentaxe que se determinará regulamentariamente debe posuír a condición de galegos/as ou descendentes deles/as, conforme o disposto no artigo 4 desta lei.
d) Que a súa estrutura e o seu funcionamento interno se rexan por principios democráticos.
e) Adoptar acordo e manifestar expresamente, pola canle do órgano competente establecido nos seus estatutos, a vontade da entidade de ser recoñecida como centro colaborador da galeguidade.
f) Aqueloutros que se determinen regulamentariamente.
2. O recoñecemento como centros colaboradores da galeguidade implicará o acceso aos dereitos recoñecidos para as comunidades galegas que regulamentariamente se determinen.
3. O recoñecemento como centro colaborador non constituirá o dereito de participación nos órganos de representación que se recollen no título III desta lei.
4. Poderán ser recoñecidas como centros colaboradores da galeguidade aquelas institucións sen ánimo de lucro, asentadas fóra do territorio de Galicia, que posúan unha sección diferenciada dentro da propia entidade, constituída por galegos/as ou descendentes de primeiro grao destes/as. Para obter tal recoñecemento, estas entidades deberán estar recoñecidas de conformidade co ordenamento xurídico do Estado en que estean establecidas, e a sección diferenciada deberá cumprir co resto dos requisitos esixidos aos centros colaboradores da galeguidade para o seu recoñecemento.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral da Emigración
Subdirección Xeral do Retorno
Servizo de Planificación e Xestión de Programas do Retorno
R/ Basquiños, 2
15704 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957162/ 981957157
Fax: 981547296
Email: rexistro.emigracion@xunta.es
Servizo de Planificación e Xestión de Programas do Retorno
Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade (DOG nº 126 do 4 de xullo de 2013).
Corrección de erros. Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade (DOG nº 159 do 22 de agosto de 2013).
Decreto 66/2014, do 23 de maio, polo que se regula o recoñecemento e revogación da condición de comunidade galega e de centro colaborador da galeguidade, o Rexistro da Galeguidade e o seu funcionamento (DOG nº 110 do 11 de xuño de 2014).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes empezará o 1 de xullo de 2014.
-
Solicitude segundo o Anexo I deste Decreto.
-
Documentación específica para as comunidades galegas:
-
Acreditación da identidade da persoa que asina a solicitude e da súa representación.
-
A acta fundacional e os estatutos vixentes da entidade.
-
A certificación do acordo, adoptado polo órgano competente da entidade, de solicitar o recoñecemento da galeguidade de acordo co disposto na Lei da galeguidade.
-
A documentación acreditativa do seu recoñecemento no territorio onde estea establecida, así como da súa inscrición no rexistro correspondente.
-
A memoria descritiva da historia da entidade dende a súa constitución.
-
A memoria indicativa das actividades levadas a cabo pola entidade, polo menos, nos últimos dez anos, tal e como se define no artigo 7.2 deste decreto.
-
A memoria económica, tal e como se define no artigo 7.3 deste decreto, e a memoria patrimonial na que conste a relación de bens propiedade da entidade, especialmente daqueles de carácter cultural relacionados con Galicia.
-
A certificación nominal dos/as socios/as da entidade na que conste a súa vinculación con Galicia debidamente acreditada e que cumpren co previsto nos puntos 1.b) e 2 do artigo 8 da Lei da galeguidade.
-
Número de identificación fiscal da entidade ou equivalente.
-
Documentación acreditativa da composición dos seus órganos de goberno.
-
Símbolo da entidade.
-
Documentación específica para os centros colaboradores da galeguidade:
-
Acreditación da identidade da persoa que asina a solicitude e da súa representación.
-
A acta fundacional e os estatutos vixentes da entidade.
-
A certificación do acordo, adoptado polo órgano competente da entidade, de solicitar o recoñecemento da condición de centro colaborador da galeguidade.
-
A documentación acreditativa do seu recoñecemento no territorio onde estea establecida, así como da súa inscrición no rexistro correspondente.
-
A memoria descritiva da historia da entidade dende a súa constitución.
-
A memoria indicativa das actividades levadas a cabo pola entidade, polo menos, nos últimos dous anos, tal e como se define no artigo 11.2 deste decreto.
-
A memoria económica, tal e como se define no artigo 11.3 deste decreto, e a memoria patrimonial na que conste a relación de bens propiedade da entidade, especialmente daqueles de carácter cultural relacionados con Galicia.
-
A certificación nominal dos/as socios/as da entidade na que conste a súa vinculación con Galicia debidamente acreditada e que cumpra co previsto nos puntos 1.b) e 2 do artigo 8 da Lei da galeguidade.
-
Número de identificación fiscal da entidade ou equivalente.
-
Documentación acreditativa da composición dos seus órganos de goberno.
-
Símbolo da entidade.
-
As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a traves do formulario electrónico normalizado accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
-
Cando a persoa solicitante non dispoña de mecanismos de identificación e sinatura recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, deberá cubrir o formulario electrónico normalizado accesible desde a sede e enviar, ademais, en soporte papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, documento acreditativo de que cubriu o dito formulario.
Recibido o dito documento, o órgano competente en materia de emigración procederá a acreditar a identidade da persona solicitante e a dotala dun mecanismo de identificación e sinatura electrónica baseado en datos coñecidos por ambas as partes. Este mecanismo poderá ser empregado en todos aqueles procedementos para os cales o órgano competente en materia de emigración así o estableza.
-
Cando a documentación complementaria se presente electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. A achega de tales copias implica a autorización á Administración para que acceda e trate a información persoal contida nos correspondentes documentos.
-
No suposto de que a solicitude non reúna os requisitos formais esixidos ou a documentación presentada fose incompleta, requirirase á entidade, para que no prazo de 10 días, subsane a falta na que incorran ou acheguen os documentos preceptivos, indicándose que se non o fixera se lle terá por desistido da súa petición de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, previa resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Un ano
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Modificación de datos inscritos no rexistro da galeguidade.
Cancelación da inscrición no rexistro da galeguidade.
Axudas en réxime de concorrencia non competitiva destinadas a asociacións, clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro polos danos nas súas instalacións derivados dos incendios.
Subvencións a clubs, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas.