Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED701C
Valoración previa á asignación das retribucións adicionais vinculadas aos cargos de xestión.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Aprobar a convocatoria ordinaria e abrir o prazo de presentación de instancias, para solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión establecido no artigo 2.4 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario.
De conformidade co disposto no artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, poderá solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais sinaladas na base anterior o persoal docente e investigador funcionario e contratado doutor en activo, tanto de carácter fixo como temporal, das universidades públicas que compoñen o Sistema universitario de Galicia (SUG).
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)
Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n. Edificio Fontán, 2º andar
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981534469
Fax: 981534174
Prazo de presentación: PECHADO
18/10/2024 00:00 - 15/11/2024 23:59
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co citado artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, o artigo 6.4 da mesma disposición, así como co disposto polo artigo 2.2 da Orde do 16 de outubro de 2006, pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración previa e asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e de recoñecemento polos cargos de xestión, para obter a valoración positiva será preciso:
1. Estar integrado no cadro de persoal docente, como funcionario ou como contratado doutor, tanto de carácter fixo como temporal, de calquera das universidades públicas de Galicia.
2. Ter desempeñado algún dos seguintes cargos: reitor de universidade, vicerreitor ou secretario xeral da universidade, decano ou director de facultade; vicedecano, subdirector ou secretario de facultade, escola técnica superior ou escola universitaria, director de departamento e secretario de departamento, director de instituto universitario, en calquera das institucións universitarias ou de educación superior públicas galegas, estatais ou europeas; e aqueles cargos directamente relacionados coa xestión académica ou coa investigación equiparados, a efectos exclusivos deste complemento, pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) aos recollidos no anexo I desta resolución.
3. Ter cesado no cargo por causa legal non derivada da comisión de delito ou falta no desempeño das funcións propias deste.
Computaranse os períodos de tempo de ocupación dos correspondentes cargos desde a entrada en vigor da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria ata o 31 de decembro de 2023 sempre e cando nesta derradeira data xa se tivese producido o cesamento efectivo.
4. Valoración positiva dos méritos nos que se sustente a solicitude, polo consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, ACSUG, de acordo co protocolo de avaliación aprobado para o efecto pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, CGIACA, na Orde do 16 de outubro de 2006.
Solicitudes.
1. Os solicitantes deberán cubrir telematicamente o anexo II, e a relación de cargos desempeñados ata 31 de decembro de 2023, nos modelos dispoñibles na aplicación informática do consorcio ACSUG a que se deberá acceder a través da páxina web: http://www.acsug.es/convocatorias-abertas
Non se valorarán os méritos que non foran incorporados telematicamente a través da aplicación informática do consorcio ACSUG.
2. Unha vez cuberta a solicitude (anexo II) do xeito indicado no punto anterior, xerarase o correspondente documento PDF e presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal a través do código de procedemento ED701C.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presentase a súa solicitude presencialmente requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao teléfono de información 012, equivalente 981 90 06 43 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar xunto co anexo II (xerado pola aplicación ACSUG), a seguinte documentación:
– Documentación xustificativa dos cargos de xestión universitaria desempeñados fóra das universidades pertencentes ao SUG (certificado oficial emitido pola secretaría xeral da correspondente universidade ou órgano equivalente, ou, de ser o caso, copia dos boletíns ou diarios oficiais en que consten, respectivamente, o nomeamento e o cesamento).
– Outros documentos que a persoa solicitante considere relevantes.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. Non se admitirá a trámite nin se valorará ningunha documentación xustificativa dos méritos alegados que non cumpran co disposto nesta base.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE ou documento equivalente da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Estar integrado no cadro de persoal docente, como funcionario ou como contratado doutor, tanto de carácter fixo como temporal, de calquera das universidades públicas de Galicia.
d) Cargos de xestión universitaria desempeñados nas universidades pertencentes ao Sistema universitario de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 16 de outubro de 2006 pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración e os procedementos para solicitar a valoración previa e asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e de recoñecemento polos cargos de xestión (DOG nº 207 do 26 de outubro de 2006).
-
Resolución do 9 de outubro de 2024 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión e se abre o prazo de presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria de 2024 (DOG nº 201 do 17 de outubro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia
Aberto todo o ano
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG-redes.
Prazo pechado: 20/06/2017 00:00 - 19/07/2017 23:59
Axudas para a atracción de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do SUG.
Prazo pechado: 20/05/2020 00:00 - 01/06/2020 23:59
Axudas para a retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do SUG.
Prazo pechado: 20/05/2020 00:00 - 01/06/2020 23:59