Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

ED431D - Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG-redes.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Datos da solicitude

Prazo de presentación: 20/06/2017 - 19/07/2017.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • Solicitude segundo o Anexo IX, acompañado da seguinte documentación:
    • Certificado emitido pola universidade á que pertence o grupo coordinador da rede, que acredite o cumprimento dos requisitos establecidos no anexo III da orde de convocatoria.
    • Certificado da composición da rede emitido pola universidade solicitante, indicando o código e/ou denominación de cada grupo que a compón.
    • Memoria descritiva da temática e estratexia de investigación, estruturación e consolidación que vai seguir a rede, e que xustifica a necesidade desta axuda.
    • Certificado asinado pola persoa representante legal da entidade solicitante de que se conta con toda a documentación exixida na lexislación para a investigación con animais, de ser o caso.
  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa representante.
  • b) Estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria
  • c) Estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.
  • d) Estar ao día de pagamento coa Consellería de Facenda.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA

SERVIZO DE XESTIÓN CIENTÍFICO-TECNOLÓXICA
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981957649 Fax: 881999135
Email: sxu@edu.xunta.es

Axudas a grupos de investigación para apoiar o desenvolvemento dun plan de actuacións en rede que permita conformar novas capacidades científicas e abordar con maior efectividade novos obxectivos en investigación.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarias das axudas das modalidades A, B, C e D as entidades sinaladas a continuación e destinaranas aos seus grupos de investigación, recoñecidos como tales polas distintas entidades, ás redes que se conformen e ao persoal investigador que proceda, que cumpran na data de publicación desta convocatoria os requisitos establecidos nos anexos I, II, III e IV (segundo cada caso).

a) As universidades do SUG.

b) Os organismos públicos de investigación de Galicia.

c) As fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación para a investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur). No caso dos Institutos de Investigación Sanitaria IDIS e INIBIC e dos centros do ámbito do SERGAS que xestionen as súas actividades de investigación mediante as citadas fundacións, poderán solicitar as axudas da presente convocatoria a través destas entidades.

d) Os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e do IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.

Requisitos:

O beneficiario único será unha das entidades enumeradas no artigo 2 desta orde que presente como candidato o grupo de investigación coordinador da rede, que serán responsables do cumprimento de todas as obrigas establecidas nesta convocatoria e na demais normativa aplicable.

A rede ten que estar formada polo grupo coordinador e contar coa adhesión de polo menos outros tres grupos e ter como obxectivo o desenvolvemento dun plan de actividades conxuntas e complementarias no marco da rede. Estes outros tres grupos poderán pertencer a entidades diferentes das que presenta a solicitude, sempre que estean comprendidas dentro das enumeradas no artigo 2 desta convocatoria.

No caso das universidades do SUG o grupo coordinador deberá de ter acadado unha axuda coa mesma condición na convocatoria do ano 2015 na modalidade de REDES e non ter acadado unha axuda nesa modalidade ao abeiro da convocatoria do ano 2016.

Un mesmo grupo non poderá participar en mais de dúas redes con independencia da súa institución de procedencia e do ano de convocatoria.

AUTONÓMICA

Orde do 8 de xuño de 2017, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2017 (DOG nº 115 do 19 de xuño de 2017).

Aberto o prazo de presentación! (20/06/2017 - 19/07/2017)

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional