Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED431J
Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Esta orde ten por obxecto regular o procedemento para a tramitación, por petición das universidades do Sistema universitario de Galicia (en diante, SUG), da aprobación (segundo o establecido no artigo 19 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do SUG) de centros e institutos de investigación do SUG, de acordo coas definicións do artigo 2 desta orde.
Universidades do Sistema universitario de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Secretaría Xeral de Universidades
San Caetano
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995150
Email: sxu@edu.xunta.es
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
É un procedemento aberto polo que se pode iniciar en calquera momento a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia por solicitude da universidade o dunha das universidades que iniciaron o procedemento de acordo co establecido no artigo 5 desta orde.
Os centros e institutos de investigación que as universidades presentan para a súa aprobación pola Xunta de Galicia, deberán ter iniciado o seu proceso de creación polas universidades cumprindo co sinalado nos seus estatutos vixentes e as disposicións xerais da Lei 6/2013 do SUG.
Adicionalmente, para os efectos da tramitación da súa aprobación por parte da Xunta de Galicia, os centros e institutos de investigación do SUG que se acollan ao proceso de aprobación regulado nesta orde terán que cumprir uns requisitos, tanto na súa solicitude inicial como nas súas modificacións e ao longo da súa existencia, que acrediten unha calidade investigadora de alto nivel, comprometida co desenvolvemento de Galicia ao tempo que cuns altos niveis de autofinanciamento e viabilidade científica.
Estes requisitos concrétanse en:
– Contar cunha base suficiente de persoal investigador, persoal de apoio e de infraestruturas para levar a cabo as súas funcións de forma adecuada. Corresponderalle á Comisión Asesora do Programa e ao Comité Avaliador Externo analizar e estudar a proposta que se presente e determinar se a dita proposta garante o correcto funcionamento do centro e/ou instituto atendendo ao seu campo e materia de investigación.
– O persoal investigador unicamente poderá estar adscrito e formar parte dun único centro no ámbito do SUG, agás no caso dos interuniversitarios nos que, durante un período de 2 anos desde a súa creación, poderá admitirse unha dedicación parcial compartida con outro centro de I+D+i de ata o 30 %. O persoal de apoio administrativo e de servizos non estará suxeito a esta limitación, pero en todo caso haberá de constar o seu tempo de dedicación.
– Acreditar unha expectativa de autofinanciamento suficiente e unha acción eficaz con impacto nunha investigación de calidade.
– Contar cun sistema de gobernanza apropiado e eficaz que permita xestionar unha capacidade suficiente de acción propia dentro do marco da institución á que pertence.
– Contar cun sistema de rendición de contas rigoroso ante os seus órganos reitores.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Documentación complementaria.
A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación e incluirá:
1. Acordo favorable do Consello de Goberno da/das universidade/s propoñente/s.
2. Informe favorable da Asesoría Xurídica da/das universidade/s propoñente/s.
3. Informe favorable do Consello Social da/das universidade/s propoñente/s.
4. Certificación da Secretaría Xeral da/das universidade/s solicitante/s de que a creación da unidade de I+D cumpre con todos os procedementos internos previstos na regulamentación da propia universidade e actualizados de acordo co disposto na Lei 6/2013, do 13 de xuño, do SUG.
5. Descrición: resumo executivo da proposta, nome e acrónimo da unidade, e persoa que ocupa o cargo de representación máxima no caso de estar nomeada.
6. Certificación do persoal investigador, persoal técnico e persoal de xestión que se integra coas súas categorías, roles e funcións. No persoal que figura na relación de postos de traballo da universidade especificarase cal é o que está adscrito á unidade coa súa porcentaxe de dedicación. No caso do persoal contratado indicarase a duración e fonte de financiamento dos seus contratos.
7. Documentación que acredite:
a) Excelencia científica, técnica ou artística.
– Sistema de gobernanza e regulamento de réxime interno.
– Organización interna do centro por áreas científicas e funcionais.
– Axenda científica.
– Indicadores de excelencia.
– Sistemas de monitorización externos, incluíndo a proposta dun comité asesor externo que, cunha periodicidade de, cando menos, catro anos realizará unha análise da evolución da unidade.
– RRI: Plan de igualdade.
b) Conveniencia estratéxica para o desenvolvemento económico e social de Galicia.
– Xustificación da necesidade de creación do centro ou instituto.
– Plan estratéxico ou documento análogo para un período de catro anos.
– Benchmarking e posicionamento do centro ou instituto, con referencias explícitas cando menos ao ecosistema galego, ao estatal, ao Norte de Portugal e/ou outros internacionais que se consideren relevantes.
c) Centros e institucións participantes e, no seu caso, as condicións da participación das administracións públicas e relación con outras infraestruturas científicas do SUG. Xuntaranse os convenios ou documentos do acordo que regulen as relacións entre as partes. Neste caso específico estes documentos deberán estar informados polas asesorías xurídicas de cada unha das entidades partícipes.
d) Documentación que acredite a expectativa de autofinanciamento.
– Estudo de viabilidade económica, plan financeiro ou documento análogo. Neste documento, que se redactará para un período de 4 anos, incluiranse as partidas orzamentarias de custo estrutural da unidade que asume a entidade ou entidades que a albergan.
– Carteira de servizos.
e) Inmoble/s que ocupará, con descrición gráfica e textual indicando as superficies de uso exclusivo; infraestruturas propias de investigación e/ou aquelas ás que tería acceso preferente.
f) Evidencias e indicadores que sustenten a documentación presentada e que permitan o posterior seguimento e avaliación.
A documentación terá que ser permanentemente actualizada e dispoñible na universidade para a súa comprobación polo persoal da Administración autonómica que realice funcións de inspección, avaliación, acreditación e planificación, de acordo co previsto no capítulo III, da inspección das universidades, da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do SUG.
A documentación indicada irá asinada pola autoridade que representa legalmente a universidade ou universidades correspondentes.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as entidades solicitantes deban realizar trala tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Oito meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 26 de marzo de 2021 pola que se regula o procedemento de aprobación de centros e institutos de investigación do Sistema universitario de Galicia (DOG nº 68 do 13 de abril de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.
Aberto todo o ano
Equivalencia de estudos estranxeiros coa escolaridade dos cursos 2º ou 3º de educación secundaria obrigatoria para efectos laborais ou profesionais.
Aberto todo o ano
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG - GPC.
Prazo pechado: 24/01/2025 00:00 - 24/02/2025 23:59
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG - GRC.
Prazo pechado: 24/01/2025 00:00 - 24/02/2025 23:59