Guía de procedementos e servizos

ED535A

Plans de formación permanente do profesorado en centros educativos públicos.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2016 - Prazo pechado: 21/06/2016 00:00 - 10/07/2016 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Esta resolución ten por obxecto convocar e establecer as bases para a selección de plans de formación permanente do profesorado en centros educativos para o curso 2016/17, e establecer as condicións para o seu desenvolvemento.

Os plans de formación terán como finalidade a actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais docentes, para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares do alumnado, en consonancia coas iniciativas impulsadas en relación co sistema educativo de Galicia. As competencias profesionais docentes a que se refire este punto, xunto coas subcompetencias asociadas, figuran no anexo II.

Liñas de traballo e competencias profesionais docentes dos plans de formación.

1. Os plans de formación deberán desenvolver algunha das liñas de traballo propostas a continuación.

2. A liña de traballo prioritaria dos plans de formación, de acordo coas directrices desta dirección xeral, será a seguinte:

a) Programación, avaliación e metodoloxías que favorecen a adquisición das competencias clave segundo os novos currículos.

Ademais, os plans de formación poderán tratar unha das seguintes liñas:

b) Planificación estratéxica das linguas no centro.

c) Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital.

d) Atención á diversidade e cambios metodolóxicos asociados.

e) Convivencia escolar e clima da aula. Relacións coas familias.

f) Actualización científica e didáctica do profesorado.

g) Mellora da xestión dos centros (con especial atención á xestión directiva) e dos procesos de calidade.

h) Programas europeos e internacionais: accións e plans de promoción e desenvolvemento.

i) Biblioteca escolar, alfabetizacións múltiples e aprendizaxe por proxectos.

Características dos plans.

1. Os plans estarán integrados por unha o máis liñas de traballo. Como principio xeral, potenciaranse a actualización e mellora das competencias profesionais docentes asociadas a cada liña.

2. Cada liña desenvolverase a través dun ou máis itinerarios formativos dependendo dos diferentes niveis de competencia profesional que se pretenda acadar ou doutras circunstancias que así o xustifiquen.

3. Cada itinerario formativo constará, como norma xeral, de dúas ou tres actividades formativas (curso, grupo de traballo, seminario). No caso excepcional de contar cunha soa actividade esta ten que ser grupo de traballo ou seminario.

4. As actividades de cada itinerario formativo estarán secuenciadas para que, partindo da situación inicial determinada polo centro, sexa posible alcanzar os obxectivos finais previstos. As ditas actividades deberán estar integradas nun proceso que inclúa a análise e elaboración de propostas didácticas, así como a súa aplicación á aula ou ao centro, e a reflexión e avaliación dos resultados.

5. Os plans presentados terán unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.

Centros educativos públicos dependentes da consellería que impartan as ensinanzas reguladas na LOE.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Centro Autonómico de Formación e Innovación - Cafi e Cfrs

Lamas de Abade, s/n

15702  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981522411

Email: cafi@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es/web/cafi

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo

Servizo de Ordenación Educativa

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981997635

Fax: 981546550

Email: cafi@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Centro Autonómico de Formación e Innovación - Cafi e Cfrs

R/ Da Educación, 3, 2º (Edf. UNED)

15018  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981274221

Email: cfr.coruna@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es/web/cfrcoruna

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Centro Autonómico de Formación e Innovación - Cafi e Cfrs

R/ O Galego Soto, s/n

15403  Ferrol  (Coruña, A)

Teléfono: 981370541

Email: cfr.ferrol@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es/web/cfrferrol

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Centro Autonómico de Formación e Innovación - Cafi e Cfrs

R/ Yáñez Rebolo, 31

27004  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982251068

Email: cfr.lugo@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es/web/cfrlugo

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Centro Autonómico de Formación e Innovación - Cafi e Cfrs

R/ Universidade 18, A Cuña

32005  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988241533

Email: cfr.ourense@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es/web/cfrourense

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Centro Autonómico de Formación e Innovación - Cafi e Cfrs

R/ Celso Emilio Ferreiro, 4

36005  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986872888

Email: cfr.pontevedra@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es/web/cfrpontevedra

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Centro Autonómico de Formación e Innovación - Cafi e Cfrs

Camiño do Chouzo, s/n

36208  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986202370

Email: cfr.vigo@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es/web/cfrvigo

Dirección Xeral de Formación Profesional
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

21/06/2016 00:00 - 10/07/2016 23:59

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao do remate da data final de preinscrición e remata o 10 de xullo de 2016.

1. Os plans deberán ser presentados ao claustro e ao consello escolar e incluiranse na programación xeral anual do centro.

2. Contarán coa participación mínima do 40 % do claustro, salvo casos excepcionais que, a xuízo da comisión de selección, resulten debidamente xustificados.

3. Cada centro só poderá participar nun único plan.

4. Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán participar presentando un mesmo plan conxunto. Neste caso, un dos centros actuará como representante e centro de referencia para efectos administrativos, e rexerán os mesmos requisitos que para os plans únicos de centro en canto á aprobación, e o plan executarase como unidade de acción.

5. Todo o profesorado que preste servizos nun centro seleccionado nesta convocatoria poderá participar no seu plan de formación. Cada participante integrarase, como mínimo, nunha das liñas de traballo seleccionadas e, polo menos, nunha das súas actividades formativas. No caso de integrarse nunha única actividade, esta deberá ser un grupo de traballo ou un seminario.

6. De serlle concedido o plan a un centro, este non poderá, con carácter xeral, ser centro sede doutras actividades de formación en centros, recollidas na convocatoria xeral, durante o período que dure este, ou daquelas cuxa compatibilidade determine a consellería. Isto non exclúe a participación do profesorado como membros doutras actividades cando a sede sexa outro centro.

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, Lei 30/1992, do 26 de novembro), utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Á solicitude deberáselle xuntar a seguinte documentación, que pode obterse a traves da aplicación Fprofe:

    • Informe de detección de necesidades formativas.

    • Proxecto do plan de formación permanente do profesorado en centros.

    • Certificación expedida polo/a director/a da presentación do plan ao claustro e ao consello escolar.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número de código único de rexistro.

    A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.

  • Preinscrición:

    a) Os/as directores/as dos centros interesados en participar nesta convocatoria, para a elaboración do plan, deberán facer a súa preinscrición a traves da aplicación informática Fprofe (https://www.edu.xunta.es/fprofe ) desde a publicación da resolución ata o 20 de xuño de 2016, inclusive.

    b) A realización da preinscrición e un requisito necesario para a formalización da solicitude; resultarán excluídas aquelas que non a realicen segundo os termos establecidos na letra a).

    c) Os centros preinscritos recibirán o asesoramento do CAFI ou CFR correspondente, para a elaboración do plan.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Catro meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 19 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2016/17 (DOG nº 103 do 1 de xuño de 2016).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED517B

Inscrición no proceso de avaliación e acreditación das competencias profesionais.

Aberto todo o ano

ED013B

Participación no concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 28/05/2024 00:00 - 10/06/2024 23:59

ED020A

Recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres.

Próxima apertura: 01/06/2026 00:00 - 30/06/2026 23:59

ED104G

Cursos de linguaxe administrativa galega que se realizarán nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Prazo pechado: 20/08/2016 00:00 - 02/01/2017 23:59