Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
ED517B - Inscrición no proceso de avaliación e acreditación das competencias profesionais.
O obxecto desta orde é establecer, no ámbito do sistema educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, un procedemento dispoñible permanentemente para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación (código de procedemento ED517B), ao abeiro do establecido no Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, e no Real decreto 143/2021, do 9 de marzo, polo que se modifica o Real decreto 1224/2009, para unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Lugar de realización .
1. Con carácter xeral, o desenvolvemento do proceso terá lugar en centros educativos con oferta de formación profesional: centros integrados de formación profesional (CIFP), nos institutos de educación secundaria (IES) ou noutros centros educativos que se determinen.
2. A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional dará publicidade dos centros que en cada momento estean a participar no procedemento.
Os traballadores e as traballadoras en activo ou en situación de desemprego sen acreditación oficial da súa competencia profesional.
1. Para acceder a este procedemento, as persoas candidatas deberán cumprir os requisitos seguintes:
a) Posuír a nacionalidade española, atoparse incluída como persoa residente comunitaria ou familiar desta, no ámbito da aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de persoas cidadás da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
b) Ter feitos 18 anos, no momento de realizar a inscrición, para as unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel 1, e 20 anos para unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel 2 e 3.
c) Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar.
c.1) No caso da experiencia laboral xustificaranse polo menos tres anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos quince anos transcorridos antes da presentación da solicitude para unidades de competencia de nivel 2 e 3. Para as unidades de competencia de nivel 1, requiriranse como mínimo dous anos de experiencia laboral cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total.
c.2) No caso de formación xustificaranse polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel 1 ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis 2 e 3, nos últimos dez anos transcorridos antes da presentación da solicitude. Nos casos en que os módulos formativos asociados ás unidades de competencia que se pretendan acreditar tivesen unha duración inferior, deberanse acreditar como mínimo as horas establecidas neses módulos formativos.
d) As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nun ciclo de formación profesional (nin en réxime ordinario nin no réxime para as persoas adultas) ou realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia nas cales solicita a súa inscrición. Tampouco poderán posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/s de competencia que solicita, nin as súas equivalentes ou a acreditación parcial das unidades de competencia que solicita. Ademais, non poderán estar inscritas noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional, ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera Administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita. Para todo isto presentarán declaración responsable que farán constar na solicitude.
2. As persoas maiores de 25 anos que cumpran os requisitos de experiencia laboral ou formativa indicados na alínea anterior e que non poidan xustificalos mediante os documentos sinalados poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento, sempre e cando presenten a xustificación, mediante algunha proba admitida en dereito, da súa experiencia laboral ou das aprendizaxes non formais de formación. O centro encargado de tramitar a solicitude consultará á Subdirección Xeral de Formación Profesional que emitirá un informe sobre a procedencia ou non da participación da persoa candidata no procedemento. Se o informe é positivo, procederase á súa inscrición definitiva como solicitante no centro correspondente.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Formación Profesional
Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546566
Fax: 981546542
Dirección Xeral de Formación Profesional
Orde do 4 de xuño de 2021 pola que se regula, no ámbito do sistema educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral para unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (DOG nº 112 do 15 de xuño de 2021).
Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral (BOE nº 205 do 25 de agosto de 2009).
Real Decreto 143/2021, de 9 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 1224/2009, de 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral (BOE nº 59, de 10 de marzo de 2021).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O procedemento manterase aberto con carácter permanente garantíndose o inicio deste para cada persoa solicitante de acordo cos prazos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Información de taxas .
Exención da taxa de asesoramento e da taxa de avaliación do Procedemento ARA
No DOG Núm. 246, do venres 29 de decembro de 2023, publicouse a Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231229/AnuncioC3B0-281223-0005_gl.html
No capítulo II desta lei, que trata dos tributos propios, o artigo 6.2 modifica o apartado 10 do artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo o novo texto do apartado 10 quedan exentas da taxa por servizos , nas actuacións en materia de competencia profesional, ás seguintes persoas:
– As que participen na fase de asesoramento do procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, regulado no Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional.
– As que participen na fase de avaliación de unidades de competencia do procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, regulado no Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional.
Presentación de solicitudes .
1. A solicitude de participación no procedemento deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica cubrindo previamente os datos no sistema de información Acreditación (https://www.edu.xunta.gal/acreditacion), desde onde deberá xerarse o formulario normalizado que se presentará necesariamente na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
2. Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo alegados e dos requisitos de participación no procedemento, segundo o establecido nos artigos 4 e 5 desta orde, tamén se cargarán no sistema de información Acreditación.
3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. As persoas que non posúan DNI, NIE ou certificado electrónico aceptado pola sede electrónica da Xunta de Galicia deberán xerar e imprimir a solicitude desde o sistema de información Acreditación, e presentala, xunto coa documentación establecida no artigo 8, na secretaría do centro onde se vaia desenvolver o procedemento. Só para estes casos, de enviarse por correo, o envío da solicitude deberá ser certificado, co selo de Correos no encabezamento da primeira folla do formulario para garantir a data de remisión. Deberase xuntar copia da documentación que se precise, que será cotexada cos orixinais na secretaría do centro onde se presenten.
5. Neste caso, para os efectos do que establece o artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon á disposición das persoas solicitantes nos centros educativos que imparten ensinanzas de formación profesional, os medios técnicos e humanos suficientes, o que posibilita que as solicitudes se presenten exclusivamente por medios electrónicos. As persoas solicitantes que o necesiten serán informadas, e axudadas a completar a solicitude en calquera centro educativo público que imparta ensinanzas de formación profesional.
6. Na súa solicitude as persoas candidatas poderán elixir participar nunha ou en varias unidades de competencia de entre as ofertadas polo sistema de información Acreditación.
7. Deberán seleccionar un centro para a presentación da solicitude.
a) Non será necesario agardar á finalización do procedemento para presentar unha nova solicitude de participación en unidades de competencia distintas ás xa solicitadas.
b) Non se poderá volver a solicitar participar no procedemento en unidades de competencia nas que xa se está participando mentres o proceso actual non finalice para ditas unidades de competencia.
Documentación xustificativa .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Para todas as persoas solicitantes:
a.1) Currículo no formato Europass. Poderase xerar desde o sistema de información Acreditación cos datos incorporados nas lapelas de formación, experiencia e historial profesional e formativo.
a.2) Copia dos certificados que acrediten a formación alegada, en que consten os contidos e as horas de formación, e o organismo que a acredita.
b) Solicitantes que reúnan os requisitos pola vía da experiencia laboral.
b.1) Solicitantes que adquiran as competencias como persoas traballadoras asalariadas:
• Certificado da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, do Instituto Social da Mariña, ou da mutualidade laboral en que se teña afiliación, onde consten a empresa, a categoría laboral (grupo de cotización) e o período de contratación (informe de vida laboral).
• Copia dos contratos de traballo.
• Certificado da empresa en que se adquiriu a experiencia laboral, en que se reflicta especificamente a duración dos períodos de prestación do contrato, a actividade desenvolvida e o intervalo de tempo en que se realizou a devandita actividade, segundo o modelo de anexo II.
b.2) Solicitantes que adquiran as competencias como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia:
• Certificado da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou do Instituto Social da Mariña dos períodos de alta na Seguridade Social no réxime especial correspondente.
• Descrición da actividade desenvolvida e do intervalo de tempo en que se realizou, adaptada ao modelo de anexo II.
b.3) Solicitantes que adquiran as competencias como persoas traballadoras autónomas ou bolseiras: certificación da organización onde consten as actividades e as funcións realizadas, e o número total de horas, adaptada ao modelo de anexo II.
c) Solicitantes que non poidan xustificar a súa experiencia acolléndose ao artigo 4.2: calquera documentación de carácter laboral e/ou formativo que sirva como proba potencial da competencia que se pretenda demostrar e permita contrastar os requisitos.
d) Solicitantes que non posúen DNI ou NIE:
d.1) Permiso de traballo, no caso de persoas estranxeiras, só no caso de non dispor da acreditación de residencia en España en vigor.
d.2) Certificado do rexistro de cidadán ou cidadá comunitario/a ou tarxeta familiar de cidadán da Unión Europea ou, de ser o caso, copia do pasaporte en vigor (no caso de persoas con cidadanía comunitaria que non estean incluídas na situación anterior).
e) Solicitantes con discapacidade: certificado acreditativo da discapacidade, se non foi emitido pola Xunta, no caso de solicitar algunha adaptación.
2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente para o caso de solicitantes que participasen en procedementos anteriores dentro dos últimos cinco anos, e pasasen á fase de asesoramento. Tamén poderán acollerse no sistema de información Acreditación, á opción de recuperar os datos cargados para actualizalos, ou cargar unha solicitude de novo.
3. A documentación xustificativa deberá presentarse electronicamente. As persoas solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Se algunha das persoas solicitantes presenta a documentación xustificativa de xeito presencial, será requirida para que a emende, a través da súa carga no sistema de información Acreditación, e posterior presentación electrónica, agás nos casos de persoas que non posúan DNI, NIE ou certificado electrónico a que se fai referencia no artigo 6.4. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
5. De non presentar a solicitude e documentación consonte o establecido anteriormente, as solicitudes serán excluídas do proceso de admisión ao procedemento.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
7. A falsidade nos datos achegados ou declarados suporá a exclusión do procedemento.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
b) No caso de persoas estranxeiras, certificado de residencia en España.
c) Discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia.
d) Situación actual de desemprego.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do formulario da solicitude, anexo I, e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude .
Os trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude realizaranse a través do sistema de información Acreditación, e posterior presentación electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Aqueles trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento que non sexan obxecto do establecido nesta orde deberán ser realizados electronicamente accedendo ao Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Solicitude de validación de módulos de ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño
Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros publicos non universitarios.
Axudas para centros privados concertados no ámbito das bibliotecas escolares e fomento da lectura.
Convocatoria de probas libres de títulos extinguidos establecidos ao abeiro da Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro grao medio
Inscrición para as probas libres de módulos profesionais de ciclos formativos de formación profesional ao abeiro da Lei orgánica 1/1990.
Admisión a ciclos formativos de grao medio e de grao superior no réxime para as persoas adultas en centros sostidos con fondos públicos.