Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED519E
Admisión a ciclos formativos de grao medio e de grao superior no réxime para as persoas adultas en centros sostidos con fondos públicos.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Formación Profesional
Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional
Servizo de Xestión da Formación Profesional
San Caetano, s/n
15781 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881997407/ 881997408
Email: dxefpie@edu.xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
27/06/2016 00:00 - 05/07/2016 23:59
Prazo de presentación de solicitudes do período ordinario: do 27 de xuño ao 5 de xullo ás 13:00 horas / Prazo de presentación de solicitudes do período extraordinario: do 1 ao 9 de setembro ás 13:00 horas.
1. Segundo o establecido no artigo 43 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, poderá incorporarse á oferta polo réxime para as persoas adultas quen teña feitos dezaoito anos ou os faga no ano natural en que comece o curso escolar.
Excepcionalmente, poderán acceder as persoas maiores de dezaseis anos que o soliciten e teñan un contrato laboral que lles impida acudir aos centros educativos polo réxime ordinario, ou sexan deportistas de alto rendemento. As persoas que accedan por esta condición poderán matricularse no caso de haber prazas liberadas con autorización da Inspección educativa.
2. Con carácter xeral, as condicións de acceso á oferta por este réxime serán as mesmas que as establecidas para o réxime ordinario nos artigos 6 e 7 desta orde.
3. Malia o anterior, coa finalidade de facilitar a formación permanente, a integración social e a inclusión de persoas e de grupos desfavorecidos no mercado de traballo, poderán acceder á oferta parcial sen cumprir os requisitos académicos de acceso as persoas adultas que desexen cursar ofertas de módulos profesionais incluídos en títulos e asociados a unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. As persoas que accedan por esta condición poderán matricularse no caso de haber prazas liberadas, sempre que acrediten unha experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo que desexen cursar. Esta formación será acumulable para a obtención dun título de formación profesional, pero para obtelo cumprirá acreditar os requisitos académicos de acceso correspondentes.
A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/fp. A solicitude, conforme o modelo que figura como anexo II, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para a súa presentación, xunto coa documentación que se indique na propia solicitude.
Quen solicite módulos profesionais do rexime para as persoas adultas de grao medio ou de grao superior presentará, de ser o caso, unha solicitude de admisión para cada modalidade, nas cales relacionará por orde de preferencia o centro e ciclo cos módulos profesionais que desexe cursar. En todo caso, a carga horaria total dos módulos profesionais en que finalmente se matricule non poderá superar as 1.000 horas lectivas anuais, e sempre que se garanta a compatibilidade horaria do 90 % nos módulos solicitados, segundo se establece na Orde do 12 de xullo de 2011 no caso da modalidade presencial. Non se poderá matricular en módulos pertencentes a distintos ciclos formativos agás o establecido para a matrícula simultánea de ensinanzas regulada no artigo 6 da devandita orde.
Para a presentación de solicitudes e documentación necesaria e de aplicación o disposto nos puntos 1, 2 e 3 do artigo 15, pero empregarase o anexo II. Xuntarase ademais a seguinte documentación cando sexa necesaria:
a) Se a persoa solicitante acredita experiencia laboral, presentará certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ou da mutualidade laboral á cal estivese afiliada, en que consten os días de cotización.
b) Se a persoa solicitante xa ten módulos superados do ciclo formativo, deberá presentar a correspondente certificación academica só no caso de non ter sido expedida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia ou cando sexa expedida por esta e non se dea o consentimento para a súa consulta.
c) No caso de ter acreditadas unidades de competencia que dean lugar a validación de módulos do ciclo que se desexa cursar, deberá presentar certificación oficial en que se acrediten unidades de competencia relacionadas cos ciclos solicitados, só no caso de non ter sido expedida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia ou non dar o consentimento para a súa consulta.
d) As persoas adultas na situación descrita no artigo 8.3 terán que presentar certificación da empresa ou empresas onde se adquirise a experiencia laboral, segundo o modelo do anexo III, para poder matricularse nas prazas que resulten liberadas do proceso de admisión.
Forma de presentación de solicitudes:
A solicitude xerasase pola aplicación informática que se atopa no seguinte enlace:https://www.edu.xunta.es/cicloadmisión/
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 15 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas (DOG nº 120 do 27 de xuño de 2016).
-
Outros procedementos relacionados
Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Certificación persoal na manipulación de gases fluorados
Aberto todo o ano