Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED516B
Axudas para centros privados concertados no ámbito das bibliotecas escolares e fomento da lectura.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Convocar axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2023/24.
Centros privados concertados de educación primaria e/ou de educación secundaria nas seguintes liñas:
1. Plan de mellora de bibliotecas escolares-concertados (continuación das axudas á actualización das bibliotecas escolares iniciadas en 2016), por un importe global de 131.499 €.
E, así mesmo, a continuación das axudas para:
2. Clubs de lectura-concertados (vinculados á biblioteca escolar, a realizar fóra das aulas, é dicir, do tempo das materias) e destinados a alumnado de ensino primario e secundario obrigatorio, por un importe global de 48.000 €.
3. Radio na biblio-concertados (laboratorio de radio, vinculado á biblioteca escolar en centros xa integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares durante o curso 2022/23, por un importe global de 10.200 €.
4. Biblioteca inclusiva-concertados (melloras para a accesibilidade concretadas no mobiliario, equipamento e colección das bibliotecas escolares de centros específicos de educación especial e de centros que teñan unidades de educación especial ou melloras na colección dos centros que impartan ensinanzas de educación infantil, educación primaria ou educación secundaria obrigatoria, sen unidades de educación especial), por un importe global de 37.500 €.
5. Lectura e familias-concertados (vinculado á biblioteca escolar en centros xa integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares durante o curso 2022/23), para o desenvolvemento de iniciativas que favorezan a participación das familias en actividades das biblioteca escolar, por un importe global de 12.450 €.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa
Servizo de Innovación e Programas Educativos
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546547
Email: bibliotecasescolares@edu.xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
12/10/2023 00:00 - 13/11/2023 23:59
O prazo para presentar solicitude será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Enténdese por último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
En termos xerais os centros solicitantes son os centros privados concertados. Dependendo das liñas de axuda os requisitos específicos aparecen regulados nos artigos 18, 20, 27 e 35.
Solicitudes.
1. As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED516B).
O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible desde a páxina web «programasbibliotecas» https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas, cubrindo o formulario electrónico ED516B-anexo I. Axudas para centros privados concertados no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2023/24 dispoñible na aplicación.
Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación en liña, e, posteriormente, realizarán a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, segundo as indicacións dispoñibles na aplicación https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas
Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
2. Así mesmo, o formulario de solicitude (ED516B-anexo I) e os demais vinculados (anexos II a XVI) a esta orde, estarán accesibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (para efectos informativos).
3. A solicitude deberá estar asinada pola persoa representante do centro e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria e que son certos os datos indicados nesta e na documentación achegada.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
1.1. Plan de mellora de bibliotecas escolares-concertados:
1.1.1. Centros que se incorporen por primeira vez:
a) Análise da situación da biblioteca do centro (anexo II).
b) Memoria de actividades realizadas no período 2021-2023 (anexo III).
c) Programa de biblioteca escolar para o curso 2023/24 (anexo IV).
d) Relación do profesorado responsable da biblioteca escolar e integrante do equipo de apoio no curso 2023/24 (anexo V).
e) Certificado da persoa titular da dirección coa data de presentación no claustro do programa de biblioteca para a súa aprobación (anexo VI).
f) Certificado da persoa titular da dirección coa data de presentación no consello escolar do programa de biblioteca para a súa inclusión na programación xeral anual (anexo VII).
g) Certificados acreditativos das actividades de formación do profesorado responsable de poñer en marcha o programa de biblioteca escolar.
1.1.2. Centros incorporados nas convocatorias de 2016, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021, 2022 que solicitan a continuidade:
a) Liñas prioritarias de actuación da biblioteca escolar para o curso 2023/24 (anexo VIII).
Aqueles centros que soliciten a incorporación ao Plan de mellora de bibliotecas escolares na presente convocatoria, pero que xa tivesen formado parte do programa e causado baixa anteriormente por diferentes razóns, poderán ser seleccionados sempre que acaden a valoración suficiente e sempre que transcorrese un mínimo de catro anos desde a data de baixa. Neste suposto poderán percibir como máximo 4.000 €.
1.2. Club de lectura-concertados:
a) Certificado da persoa titular da dirección coa data de presentación no consello escolar do proxecto club de lectura para a súa inclusión na programación xeral anual (anexo IX).
b) Descrición do proxecto club de lectura (anexo X).
1.3. Radio na biblio-concertados:
a) Certificado da persoa titular da dirección conforme a emisora de radio e as súas actividades estarán vinculadas á biblioteca escolar (anexo XI).
1.4. Biblioteca inclusiva-concertados:
a) Memoria das actividades da biblioteca escolar no curso 2022/23 (anexo XII).
b) Descrición das necesidades concretas para avanzar como biblioteca inclusiva (anexo XIII).
1.5. Lectura e familias-concertados:
a) Certificado da persoa titular da dirección coa data de presentación no consello escolar do proxecto de Lectura e familia para a súa inclusión na programación xeral anual (anexo XIV).
b) Descrición do proxecto Lectura e familia (anexo XV).
1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
2. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
3. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa representante.
b) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.
c) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos formularios de solicitude (anexo I) e de xustificación do gasto (anexo XVI) e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta:
a) NIF do centro solicitante.
b) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deben realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Iniciación
- Liñas prioritarias de actuación da biblioteca escolar para o curso 2023/24 (anexo VIII)
- Descrición do proxecto club de lectura (anexo X)
- Certificado da persona titular da dirección conforme a emisora de radio e as súas actividades estarán vinculadas á biblioteca escolar (anexo XI)
- Relación do profesorado responsable da biblioteca escolar e integrante do equipo de apoio no curso 2023/24 (anexo V)
- Certificado da persoa titular da dirección conforme a emisora de radio e as súas actividades estarán vinculadas á biblioteca escolar (anexo XI)
- Descrición das necesidades concretas para avanzar na biblioteca inclusiva (anexo XIII)
- Descrición do proxecto Lectura e familia (anexo XV)
- Certificado da persoa titular da dirección coa data de presentación no consello escolar do programa de biblioteca para a súa inclusión na programación xeral anual (anexo VII)
- Análise da situación da biblioteca do centro (anexo II)
- Certificado da persoa titular da dirección con data de presentación no consello escolar do proxecto club de lectura para a súa inclusión na programación xeral anual (anexo IX)
- Certificado da persoa titular da dirección coa data de presentación no claustro do programa de biblioteca para a súa aprobación (anexo VI)
- Memoria das actividades da biblioteca escolar durante o curso 2022/23 (anexo XII)
- Memoria das actividades realizadas no período 2021-2023 (anexo III)
- Programa de biblioteca escolar para o curso 2023/24 (anexo IV)
- Certificado da persoa titular da dirección con data de presentación no consello escolar do proxecto Lectura e familia (Anexo XIV)
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase xustificación
- Xustificación do gasto (Anexo XVI)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de setembro de 2023 pola que se convocan axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2023/24 (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2023).
-
Extracto da Orde do 22 de setembro de 2023 pola que se convocan axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2023/24 (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2023).
-
Orde do 19 de xaneiro de 2024 pola que se resolve a convocatoria de axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2023/24 (DOG nº 23 do 1 de febreiro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de validación de módulos de ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño
Aberto todo o ano
Solicitude de exención do módulo de formación práctica en empresa, estudio ou taller (FPEET) pola correspondencia coa práctica laboral
Aberto todo o ano
Inscrición no proceso de avaliación e acreditación das competencias profesionais.
Aberto todo o ano
Convocatoria de probas libres de títulos extinguidos establecidos ao abeiro da Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro grao medio
Aberto todo o ano