Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED513A
Admisión á formación profesional dual do sistema educativo.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
1. Esta orde ten por obxecto a autorización e a implantación de proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional polo réxime de persoas adultas en centros educativos, en colaboración con diversas entidades (código de procedemento ED513A). Estes proxectos combinan os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de formación.
2. A relación de centros educativos, ciclos formativos e entidades colaboradoras nas que se autorizan os proxectos de formación profesional dual establécese no anexo II.
3. A distribución de módulos para cada ciclo formativo e curso escolar establécese no anexo III.
Persoas adultas.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Formación Profesional
Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional
Servizo de Programación da Formación Profesional
SAN CAETANO S/N
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546534
Email: sxfp@edu.xunta.es.
Prazo de presentación: PECHADO
25/06/2018 00:00 - 03/07/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 25 de xuño ata as 13.00 horas do día 3 de xullo de 2018.
Para poderen acceder a estes proxectos de formación profesional dual, as persoas aspirantes deberán cumprir o seguinte:
a) Ter entre dezaoito (ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo) e vinte e nove anos no momento de inicio do ciclo formativo.
b) Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo a redacción dada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora educativa, ou na disposición adicional terceira desta última lei, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I desta orde.
c) Carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
d) Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
e) Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
As persoas interesadas deberán presentar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña de DNI ou NIE.
b) No caso de non ter realizados os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, certificación académica en que conste o expediente académico e o depósito do título, de ser o caso, ou o certificado da superación da proba de acceso ao ciclo formativo ou da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
c) Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae.
A documentación complementaria presentarase nalgún dos centros educativos que figuran no anexo II.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos no documento de identidade (DNI ou NIE) da persoa solicitante.
2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Cada solicitante presentará unha única solicitude, utilizando o formulario normalizado do anexo I, que se entregará nun dos centros que figuran no anexo II e irá dirixida á dirección do centro educativo.
Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude ou solicita máis dun proxecto, non se terá en conta a súa petición.
Este modelo de solicitude estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.gal, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 14 de xuño de 2018 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2018).
-
Orde do 9 de outubro de 2018 pola que se modifica a Orde do 14 de xuño de 2018 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades (DOG nº 202 do 23 de outubro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Inclusión nas listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades.
Prazo aberto: 15/12/2025 00:00 - 19/12/2025 23:59
Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano