Guía de procedementos e servizos

ED321A

Certificación persoal na manipulación de gases fluorados

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta orde ten por obxecto establecer o procedemento (código ED321A) que seguirá a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a expedición das seguintes certificacións persoais:

a) Manipulación de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.

b) Manipulación de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.

c) Manipulación en equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.

d) Manipulación en equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

e) Manipulación de sistemas frigoríficos que empreguen refrixerantes fluorados destinados a confort térmico de persoas instalados en vehículos.

f) Manipulación de equipamentos de protección contra incendios que empreguen gases fluorados como axente extintor.

g) Manipulación de disolventes que conteñan gases fluorados e equipamentos que os empregan.

h) Manipulación de conmutadores eléctricos fixos que conteñan gases fluorados de efecto invernadoiro.

1. As persoas solicitantes deben cumprir os requisitos establecidos no anexo I do Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro.

2. As persoas en posesión de certificacións persoais expedidas ao abeiro do Real decreto 115/2017 e do Real decreto 795/2010 deberán cursar formación en tecnoloxías alternativas para substituír ou reducir o uso de gases fluorados e no xeito seguro de manipulalos.

Deberase certificar esta formación no prazo máximo de catro anos contados a partir do 19 de febreiro de 2017. Transcorrido ese prazo, as persoas que non cumpran este requisito quedarán inhabilitadas para desenvolveren as actividades para as cales capacita o certificado persoal. Restablecerase a validez do certificado logo de que se realice e se certifique esta formación.

Excepcionalmente, non será obrigatoria a certificación desta formación en tecnoloxías alternativas, nos casos recollidos na disposición adicional décima e na disposición transitoria única, así como no parágrafo oitavo do punto III do preámbulo do Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996529

Email: habilitacions.profesionais@edu.xunta.gal

Dirección Xeral de Formación Profesional

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

No caso do procedemento de obtención directa a través de titulación ou carné profesional (código de procedemento ED321A) as solicitudes poderanse presentar en calquera momento do ano / Cando se concorra polo procedemento de obtención a través de proba teórico-práctica, nos casos recollidos no anexo I do Real decreto 115/2017, as solicitudes presentarase nos prazos establecidos para ese procedemento (código ED527A), segundo o disposto no artigo 12 desta orde.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación.

    • a) Copia cotexada do título de formación profesional, certificación académica ou documento que acredite a posesión do título cando non fose obtido a partir de 2008 nun centro público dependente da consellería con competencias en materia de educación da Xunta de Galicia.

    • b) Copia cotexada do título universitario, no caso de que se opoña á súa consulta, conforme se indica no artigo 5, certificación académica ou documento que acredite a posesión do título. Ademais, deberá presentarse documentación oficial que acredite ter cursados e superados, no plan de estudos, programas das materias, etc. os coñecementos mínimos establecidos nos programas formativos do anexo II do Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro.

    • c) Copia cotexada do carné profesional de instalacións térmicas en edificios; carné profesional de instalador/a mantedor/a de climatización; documentación acreditativa como instalador/a frigorista; documentación acreditativa como conservador/a reparador/a frigorista.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, agás que conste no procedemento a súa oposición expresa.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

  • b) Titulación de formación profesional.

  • c) Titulación universitaria.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As persoas interesadas deberán solicitar a expedición da certificación persoal empregando o modelo de solicitude que figura no anexo I desta orde. No caso de solicitar diferentes tipos de certificacións, deberán presentar unha solicitude por cada unha delas, xunto coa correspondente documentación xustificativa.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Se a obtención da certificación persoal se efectúa polo procedemento da proba teórico-práctica, nos casos recollidos no anexo I do Real decreto 115/2017, o modelo de solicitude será o establecido para o procedemento a que se fai referencia no artigo 12 desta orde (código de procedemento ED527A).

  • Se a obtención da certificación persoal se efectúa pola vía do título de formación profesional, e só no caso de que este fose obtido na Comunidade Autónoma de Galicia, a persoa interesada entregará a solicitude xunto coa documentación complementaria que corresponda presencialmente no centro educativo onde solicitase o título. Opcionalmente, poderase presentar nas oficinas de correos no xeito regulamentariamente establecido segundo o disposto no artigo 16.4.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente accedendo ao cartafol do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Un mes

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 8 de xaneiro de 2018 pola que se establece o procedemento de expedición de certificados das persoas que manipulen gases fluorados e os equipamentos baseados neles (DOG nº 16 do 23 de xaneiro de 2018).

Outros procedementos relacionados

ED011A

Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Aberto todo o ano

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI500B

Inscrición no rexistro de persoal docente acreditado para a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano