Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
ED001A - Procedemento selectivo de acceso, ingreso e adquisición de novas especialidades dos corpos docentes dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Convócanse procedementos selectivos, mediante o sistema de concurso-oposición, para, acceso, ingreso e adquisición de novas especialidades dos corpos docentes non universitarios en prazas do ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.
Interesados :
Corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos xerais.
a) Ter a nacionalidade española ou ter a nacionalidade doutro Estado membro da Unión Europea ou de calquera outro dos Estados aos cales, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras.
Tamén poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.
Tamén poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito.
Así mesmo, poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes do/da cónxuxe non separado/a de dereito de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.
b) Ter feitos os dezaseis anos e non ter alcanzado a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación forzosa.
c) Posuír as titulacións que, para cada corpo, se especifican nesta base.
No caso de que as ditas titulacións se obtivesen no estranxeiro, deberá terse concedida a correspondente credencial de homologación, segundo o Real decreto 889/2022, do 18 de outubro, polo que se establecen as condicións e os procedementos de homologación, de declaración de equivalencias e de validación de ensinanzas universitarias de sistemas educativos estranxeiros, e polo que se regula o procedemento para establecer a correspondencia co nivel do Marco español de cualificacións para a educación superior dos títulos universitarios oficiais pertencentes a ordenacións académicas anteriores (BOE do 19 de outubro), e o Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español a Directiva 2005/36/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de setembro, e a Directiva 2006/100/CE do Consello, do 20 de novembro, relativa ao recoñecemento de cualificacións profesionais, así como a determinados aspectos da profesión de avogado (BOE do 20 de novembro). No caso de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria, deberá aterse ao Real decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria e demais normativa concordante e de desenvolvemento.
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das funcións correspondentes ao corpo e especialidade a que se opta.
e) Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin estar na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.
No caso de nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
f) Non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, conforme dispón o artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia.
O persoal participante cuxa nacionalidade sexa distinta da española, deberá acreditar, ademais da certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais referidos ao Estado español, a certificación negativa de condenas penais, expedida polas autoridades do seu país de orixe ou de onde sexan nacionais, respecto dos delitos relacionados no número 1 do artigo 3 do Real decreto 1110/2015, do 11 de decembro, polo que se regula o Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
g) Non ser persoal funcionario de carreira, en prácticas ou estar pendente do correspondente nomeamento do mesmo corpo a que se aspira a ingresar, agás que se concorra ao procedemento para a adquisición de nova especialidade a que se refire o título II desta orde, no cal o persoal funcionario de carreira poderá participar.
h) Acreditar o coñecemento do galego.
i) Acreditar, se é o caso, o coñecemento do castelán.
Requisitos específicos para participar no procedemento de acceso .
1. Para participar no procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación.
a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dalgún dos seguintes corpos: catedráticos de ensinanza secundaria; catedráticos de escolas oficiais de idiomas; catedráticos de artes plásticas e deseño; catedráticos de música e artes escénicas; profesores de ensinanza secundaria; para extinguir, profesores técnicos de formación profesional; profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional; profesores de escolas oficiais de idiomas; profesores de artes plásticas e deseño; mestres de taller de artes plásticas e deseño; profesores de música e artes escénicas, e mestres.
b) Posuír o título de doutoramento, máster universitario, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou título equivalente.
c) Acreditar unha antigüidade mínima de oito anos como funcionaria ou funcionario nalgún dos corpos que integran a función pública docente e unha experiencia docente de igual duración.
2. Para participar no procedemento de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario ás prazas reservadas para o persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas docentes clasificados no subgrupo A2.
a) Posuír a titulación que para o ingreso no corpo se exixe na subepígrafe 2.3.1.a) desta convocatoria.
b) Ter prestado, ao remate do prazo de presentación de solicitudes, servizos no seu corpo de orixe durante un mínimo de seis anos como persoal funcionario.
Para estes efectos computarán, cando sexa o caso, como servizos prestados no corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, os servizos prestados no corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional.
Requisitos específicos para participar polo procedemento de ingreso libre, que inclúe a quenda para persoas con recoñecemento legal de discapacidade.
1. Para os corpos de profesores de ensino secundario e profesores de escolas oficiais de idiomas.
Para participar polo procedemento de ingreso libre, o persoal aspirante deberá:
a) Posuír o título de doutoramento, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición. De conformidade co establecido na disposición adicional única do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, para o ingreso no corpo de profesores de ensino secundario, para as especialidades que se detallan no anexo V deste, poderán ser admitidas as persoas que, aínda carecendo da titulación exixida con carácter xeral, posúan algunha titulación de diplomatura universitaria, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.
b) Posuír a formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Con carácter xeral, reunirá este requisito aquela persoa que posúa o título oficial de máster universitario que habilite para o exercicio das profesións de profesor de ensinanza secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas. A especialidade que conste no citado título facultará para a presentación do persoal aspirante a calquera especialidade.
Estará dispensado da posesión do citado título o persoal aspirante que acredite ter, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, algún dos seguintes requisitos:
– Posuír o título profesional de especialización didáctica, o certificado de aptitude pedagóxica ou o certificado de cualificación pedagóxica.
– Posuír o título de mestre/a, diplomatura en Profesorado de Educación Xeral Básica, mestre/a de Ensino Primario, licenciatura en Pedagoxía ou en Psicopedagoxía. Así mesmo, tamén estará exento o persoal que estivese estudando algunha das tres anteriores titulacións e cursase 180 créditos destas na citada data do 1 de outubro de 2009.
– Ter impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensinanza regrada debidamente autorizados, nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou de bacharelato, ou de formación profesional ou de escolas oficiais de idiomas, conforme ao previsto na disposición transitoria cuarta do Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro.
2. Para o corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.
Para participar polo procedemento de ingreso libre, o persoal aspirante deberá:
a) Posuír a titulación de diplomatura, arquitectura técnica, enxeñaría técnica ou o título de grao, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura correspondente ou outros títulos de técnico superior de formación profesional declarados equivalentes para os efectos de docencia. Para o ingreso no corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional para as especialidades que se detallan no anexo VI do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, poderán ser admitidas as persoas que, aínda carecendo da titulación exixida con carácter xeral, posúan algunha titulación de técnico superior da familia profesional ou familias profesionais para cuxas titulacións teña atribución docente a especialidade pola cal se concursa. Os títulos declarados equivalentes a técnico superior para os efectos académicos e profesionais serán tamén equivalentes para os efectos de docencia.
b) Posuír a formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou a establecida para a capacitación pedagóxica e didáctica dos técnicos superiores ou equivalente. Con carácter xeral, reunirá este requisito quen posúa o título oficial de máster universitario que habilite para o exercicio das profesións de profesor de ensinanza secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas. A especialidade que conste no citado título facultará para a presentación do persoal aspirante en calquera especialidade.
Estará dispensado da posesión do citado título o persoal aspirante que acredite ter, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, algún dos seguintes requisitos:
– Posuír o título profesional de especialización didáctica, o certificado de aptitude pedagóxica ou o certificado de cualificación pedagóxica.
– Posuír o título de mestre/a, diplomatura en Profesorado de Educación Xeral Básica, mestre/a de Ensino Primario, licenciatura en Pedagoxía ou en Psicopedagoxía. Así mesmo, tamén estará exento o persoal que estivese cursando algunha das tres anteriores titulacións e tivese cursado 180 créditos destas na citada data do 1 de outubro de 2009.
– Ter impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensinanza regrada debidamente autorizados, nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou de bacharelato, formación profesional ou de escolas oficiais de idiomas, conforme o previsto na disposición transitoria cuarta do Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro.
Ademais, estarán dispensadas da posesión do citado título aquelas persoas que, con anterioridade ao 1 de setembro de 2014, impartisen docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensinanza regrada debidamente autorizados, nas ensinanzas de formación profesional.
3. Para o corpo de mestres.
Posuír ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición dalgún dos seguintes títulos:
– Título de mestre/a ou o título de grao en Mestre/a de Educación Infantil ou de Educación Primaria.
– Título de diplomado/a en Profesorado de Educación Xeral Básica.
– Título de mestre/a de Ensino Primario.
Requisitos específicos para participar pola quenda para persoas con recoñecemento legal de discapacidade en todos os corpos.
1. De conformidade co establecido no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 13/2024, do 25 de xaneiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024 (DOG núm. 22 do 31 de xaneiro), resérvase do total de prazas ofertadas no decreto o 7 % das prazas, ás cales poderán concorrer as persoas que teñan a condición legal de discapacidade, sempre que reúnan as condicións xerais establecidas nesta convocatoria e, no seu momento, acrediten un grao de discapacidade de, polo menos, o 33 % e a compatibilidade entre a discapacidade e o desenvolvemento das tarefas e funcións docentes propias do corpo a que accedan, na correspondente especialidade, mediante certificación dos órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia, doutras comunidades autónomas ou, se é o caso, da Administración central do Estado.
A opción por esta quenda formularase na solicitude de participación e acreditarase de conformidade co establecido nesta convocatoria.
O recoñecemento dunha discapacidade con posterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes, aínda cando se fixese con efectos retroactivos, non suporá en ningún caso a admisión polo procedemento de reserva.
2. Os procedementos selectivos realizaranse en condicións de igualdade co persoal aspirante de ingreso libre, ou da quenda A2-A1, sen prexuízo das adaptacións previstas na base 7.11 desta convocatoria.
3. Se na realización das probas se lle presentasen dúbidas ao tribunal respecto da capacidade do persoal aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polo persoal funcionario do corpo ou escala a que se opta, poderá pedir o correspondente ditame do órgano competente, conforme o previsto na subepígrafe 2.4.1 desta base.
Prazo en que se deben reunir os requisitos.
Todas as condicións e requisitos relacionados nesta base deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira.
Incompatibilidades.
1. O persoal aspirante que concorra pola reserva de persoas con discapacidade non poderá presentarse á mesma especialidade pola quenda libre.
2. O persoal aspirante que opte polo procedemento de acceso do subgrupo A2 ao subgrupo A1 non poderá concorrer á mesma especialidade polo ingreso libre.
3. Ningunha persoa aspirante poderá presentarse, dentro desta convocatoria, a prazas dun mesmo corpo e especialidade correspondentes a distintas quendas de ingreso ou acceso entre corpos de persoal funcionario docente.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Recursos Humanos
Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 54 54 95/ 881 99 58 87
Email: persoal.primaria@edu.xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Recursos Humanos
Servizo de Profesorado de Ed. Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544486/ 981957910/ 981545409/ 981545255/ 981545494/ 981545406/ 981545407/ 981545408/ 981545445
Email: persoal.secundaria@edu.xunta.es
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 32 do 14 de febreiro de 2024).
Resolución do 21 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se nomea e se fai pública a composición dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de Educación e ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 104 do 30 de maio de 2024).
Orde do 29 de xullo de 2024 pola que se fai pública a relación de persoal que superou o procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e o procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 31 de xaneiro de 2024 (DOG nº 162 do 23 de agosto de 2024).
Orde do 2 de agosto de 2024 pola que se nomean persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesorado de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesorado de ensino secundario, ao corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesorado especialista en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesorado de ensino secundario, profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado especialista en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 163 do 26 de agosto de 2024).
Prazo de presentación: PECHADO
15/02/2024 00:00 - 06/03/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.
Este procedemento está suxeito ao pago dunha taxa. A continuación móstrase a listaxe de taxas aplicables:
- Inscrición nos procesos de selección de persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma (Código taxa: 30.03.02)
Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.
Solicitudes e pagamento de taxas
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, http://www.edu.xunta.gal/oposicions, e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Así mesmo, deberá realizarse o pagamento da taxa vixente no momento da presentación electrónica da solicitude, de acordo co establecido na base 3.8 desta orde.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365 ).
As titulacións exixidas pola base segunda desta orde como requisito específico para o ingreso nos corpos de persoal funcionario docente, así como as funcións que desenvolve este persoal, presupoñen que as persoas aspirantes posúen capacidade técnica suficiente para o acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios, no sentido do que establece o artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 10.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, como xustificación da obrigatoriedade de presentar as solicitudes exclusivamente por medios electrónicos.
Na solicitude consignarase o código do corpo e, se é o caso, da especialidade que figuran nas bases desta convocatoria.
Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para un mesmo corpo, salvo que se opte por máis dunha especialidade. Non obstante, a presentación de máis dunha solicitude non garante que o persoal aspirante poida asistir ao acto de presentación e/ou á realización das probas de máis dunha especialidade.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Certificación académica oficial que acredite que se realizaron todos os estudos para a obtención desta, xunto co recibo acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición, no caso de non dispor do título.
Deberá presentarse a credencial da súa homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas, mestre en educación primaria ou en educación infantil no caso de titulacións obtidas no estranxeiro.
Deberán achegar o título aquelas persoas que posúan o título de mestre/a de Ensino Primario, diplomatura en Profesorado de Educación Xeral Básica, mestre/a ou grao de Mestre/a en Educación Primaria e aqueloutras persoas que posúan unha titulación de licenciatura ou enxeñaría en que se requira unha especialidade para formar parte das listas para cubrir interinidades ou substitucións, e, ademais do anterior, a certificación académica no suposto de non constar no título a especialidade e, de ser o caso, o idioma estranxeiro deste.
Así mesmo, deberán achegar a certificación académica oficial expedida pola universidade acreditativa da obtención da mención aquelas persoas graduadas en educación primaria que obtiveron unha mención nunha universidade distinta daquela en que obtiveron o título e aleguen esta mención para a súa inclusión nas listas de interinidades ou substitucións.
b) Documentación acreditativa de posuír a formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2 da Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou, cando sexa o caso, a formación equivalente.
Cando, en substitución do máster universitario que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas, se alegue docencia efectiva, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009 ou durante dous cursos completos ou doce meses continuos ou descontinuos, en ensinanzas regradas dos niveis e ensinanzas cuxas especialidades se regulan no Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, non será necesario presentar ningunha documentación se a docencia se impartiu en centros públicos dependentes desta consellería e os servizos prestados constan na aplicación informática de persoal. Nestes supostos, a certificación será expedida e incorporada de oficio ao expediente correspondente pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos.
Noutro caso xustificarase do seguinte xeito:
– Se se trata dun centro público, mediante certificación, na cal conste a data de inicio e fin, nivel da ensinanza impartida e a especialidade, expedida pola secretaría do centro, co visto e prace da dirección, e o contrato ou nomeamento expedido polo organismo correspondente.
– Se se trata dun centro privado debidamente autorizado, mediante certificación en que conste a data de inicio e fin, o nivel da ensinanza impartida e a materia, expedida pola dirección do centro, co visto e prace dos servizos de inspección educativa correspondentes, ou copia dos contratos de traballo xunto con certificado da vida laboral.
c) Certificado de Celga 4 ou equivalente non expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, curso de perfeccionamento da lingua galega, validación do curso de perfeccionamento en lingua galega expedida polo órgano competente, o título de licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, certificado de aptitude ou nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas ou certificado de ter o curso de especialización en lingua galega.
d) As persoas que non posúan a nacionalidade española e non teñan como idioma oficial o español: diploma superior de español como lingua estranxeira, certificado de aptitude ou nivel avanzado de español expedido polas escolas oficiais de idiomas, título de licenciatura, ou de grao equivalente, en Filoloxía Hispánica ou Románica ou outros títulos homologados, ou certificación académica en que conste que se realizaron no Estado español estudos conducentes á titulación alegada para o ingreso no corpo.
e) Persoal aspirante que solicite exención ou bonificación das taxas:
– Xustificación de ser membro de familia numerosa de categoría xeral ou especial, só no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
– Xustificación de ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, só no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
– As vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para estes efectos, as persoas que sufriron danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acrediten mediante sentenza xudicial firme ou en virtude de resolución administrativa pola cal se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, o cónxuxe da persoa falecida e os fillos das persoas feridas e falecidas.
f) Persoal aspirante que solicite a adaptación de tempo e medios:
– Documentación acreditativa da discapacidade que xustifique a necesidade da adaptación.
g) Persoal aspirante que non teña a nacionalidade española:
– O persoal aspirante que non teña a nacionalidade española, incluído no primeiro parágrafo da epígrafe 2.1.a), que resida en España deberá presentar unha copia do documento de identidade ou pasaporte e da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente comunitario ou, se é o caso, da tarxeta temporal de residente comunitario ou de persoal traballador comunitario fronteirizo, en vigor.
– O persoal aspirante incluído no segundo parágrafo da epígrafe 2.1.a) deberá presentar unha copia do pasaporte ou do visado e, se é o caso, do xustificante de ter solicitado a tarxeta ou a exención do visado e da dita tarxeta. No caso contrario deberán presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo de parentesco e unha declaración responsable ou promesa da persoa con que existe este vínculo de que non está separada de dereito do/da cónxuxe e, se é o caso, de que o persoal aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.
2. Non será necesario presentar nin a titulación alegada nin a acreditación da formación pedagóxica e didáctica nin o documento xustificativo do coñecemento do galego ou, se é o caso, do castelán, no caso daquelas persoas que xa o fixesen nos procedementos selectivos convocados pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades desde a Orde do 17 de marzo de 2014.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada de solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Títulos oficiais universitarios que dean acceso á función docente e que consten no rexistro central do ministerio competente en materia de educación, agás os de mestre/a de Ensino Primario, diplomatura en Profesorado de Educación Xeral Básica, mestre/a ou grao de Mestre/a en Educación Primaria e as titulacións de licenciatura ou enxeñaría nas cales se requira unha especialidade para formar parte das listas para cubrir interinidades ou substitucións.
d) Títulos oficiais non universitarios que dean acceso á función docente e que consten no rexistro central do ministerio competente en materia de educación.
e) Consulta da inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais.
f) Certificado de Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Acreditación de ser membro de familia numerosa de categoría xeral ou especial, unicamente no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Acreditación de ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, unicamente no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Estar inscrito/a como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da publicación no DOG da convocatoria das probas selectivas nas cales solicite a súa participación e non estea a percibir prestación ou subsidio por desemprego na data da publicación no DOG da convocatoria das probas selectivas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro que corresponda habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Solicitudes cursadas no estranxeiro.
As solicitudes efectuadas polas persoas que residan no estranxeiro e que non dispoñan de certificado electrónico ou do sistema de usuario e clave Chave 365 deberán cursarse no prazo sinalado na epígrafe 3.7 a través das representacións diplomáticas ou oficinas consulares españolas, que as remitirán a seguir á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. O pagamento dos dereitos de exame realizarase de acordo co establecido na epígrafe 3.8 desta convocatoria.
Taxa correspondente á inscrición no procedemento selectivo.
O pagamento do importe dos dereitos de exame realizarase de forma electrónica.
Os códigos que se deben empregar son os seguintes:
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades:código 07
Delegación de Servizos Centrais: código 13
Servizo de Secretaría Xeral: código 01
Taxa denominación: inscrición nos procesos de selecciónde persoal de Administración xeral da Comunidade Autónoma:código 300302
Os dereitos de exame serán os seguintes:
- Corpo:
Inspectores de educación: 44,17 €
Profesores de ensino secundario: 44,17€
Profesores de escolas oficiais de idiomas: 44,17€
Profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional: 38,02€
Mestres: 38,02€
Estarán exentos do pagamento dos dereitos de exame:
a) Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.
b) Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.
Aplicaráselle unha bonificación do 50 % á inscrición solicitada por:
a) Persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.
b) Persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da convocatoria das probas selectivas nas cales soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.
c) As vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para estes efectos, as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acrediten mediante sentenza xudicial firme ou en virtude de resolución administrativa pola cal se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, o cónxuxe da persoa falecida e os fillos das persoas feridas e falecidas.
Non será obrigatorio presentar o xustificante de pagamento electrónico da taxa, que será verificado pola propia Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, agás o establecido en relación coas programacións didácticas, a documentación acreditativa dos méritos da fase de concurso e as reclamacións contra o baremo provisional, que deberán entregarse ao tribunal.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
- Fase de xustificación
- Declaración responsable para ser nomeado/a funcionario/a de carreira (Anexo XII)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Inscrición, depósito documental e certificación da sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego do Protectorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso mediante concurso de méritos a corpos de persoal docente non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia.
Intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Concurso de adxudicación de destinos provisionais do persoal docente non universitario da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.