Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED002B
Concurso de adxudicación de destinos provisionais do persoal docente non universitario da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Regúlanse as normas que rexerán as convocatorias de adxudicación de destinos provisionais, para a provisión das necesidades de persoal docente para cada curso académico nos centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e, se é o caso, noutros centros docentes públicos que dispoñan dun convenio que así o prevexa, que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación, entre o persoal dos corpos de inspectores de Educación e o profesorado sen destino definitivo dos corpos de inspectores de Educación; catedráticos e profesores de ensino secundario; do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional; profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional; catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas; catedráticos e profesores de música e artes escénicas; catedráticos, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño; do corpo de mestres, e o persoal docente con destino definitivo que se relaciona nos artigos 2 e 3 desta orde.
Estarán obrigados a participar no concurso, nas especialidades de que sexa titular ou estea habilitado:
a) O persoal docente suprimido e o desprazado por falta de horario.
b) O persoal docente que teña concedida unha comisión de servizos por razóns de saúde.
c) O persoal docente que teña que reincorporarse á Comunidade Autónoma de Galicia procedente do estranxeiro ou que xa se reincorporou e non obtivo destino definitivo.
d) O persoal docente que teña dereito a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleiro ou concelleira.
e) O persoal docente que teña concedida unha comisión de servizos por razón de conciliación familiar e laboral.
f) O persoal docente en situación de expectativa de destino, que se ordenará pola maior antigüidade como persoal funcionario de carreira no corpo polo que se participa a unha especialidade, e dentro da mesma antigüidade pola maior antigüidade no acceso a persoal funcionario de carreira e, se é o caso, polo número de orde obtida no concurso-oposición.
Considerarase para estes efectos profesorado en expectativa de destino o persoal que non obtivo o seu primeiro destino definitivo, o persoal reingresado con destino provisional procedente dunha situación administrativa que implicou a perda do destino definitivo e persoal que superou a fase de prácticas e está pendente do nomeamento como persoal funcionario de carreira.
g) O profesorado que solicite o reingreso no servizo activo con efectividade do inicio do correspondente curso académico.
h) O persoal docente que superou o procedemento selectivo para ingreso nun dos corpos citados nesta orde no ano correspondente á convocatoria e que está pendente de realizar a fase de prácticas, e o persoal que superou o procedemento selectivo en convocatorias de anos anteriores e estea pendente de superar a fase de prácticas.
i) O persoal docente interino, pola mesma orde que participou ou pola que tiña dereito a participar na elección de destino no curso inmediatamente anterior á convocatoria, así como o persoal que xerase o dereito con posterioridade ao remate do último prazo de solicitudes, sempre e cando non renunciase a unha interinidade ou substitución que lle fose ofertada, ou que, aínda tendo renunciado, se acollese ao previsto no punto décimo cuarto da Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
j) O persoal docente substituto, pola mesma orde que participou ou tiña dereito a participar na elección de destino no curso inmediatamente anterior á convocatoria, así como o persoal que xerase o dereito con posterioridade ao remate do último prazo de solicitudes, sempre e cando non renunciase a unha interinidade ou substitución que se lle ofertase ou que, aínda tendo renunciado, se acollese ao previsto no punto décimo cuarto da Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995, polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
En todo caso, o persoal interino e substituto estará obrigado a efectuar, como mínimo, unha solicitude por un dos corpos. De non facelo, o persoal interino ou substituto decaerá dos seus dereitos en todas as listas.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Recursos Humanos
Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria
Edificios Administrativos San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545495/ 981544487/ 981545440/ 981544482/ 981957825/ 981544483
Email: persoal.primaria@edu.xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Recursos Humanos
Servizo de Profesorado de Ed. Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial
Edificios Administrativos San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545494/ 981545406/ 981545407/ 981545408/ 981545409/ 9815452555
Email: persoal.secundaria@edu.xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
01/08/2019 00:00 - 03/09/2019 23:59
25/05/2020 00:00 - 12/06/2020 23:59
30/06/2020 00:00 - 20/07/2020 23:59
23/07/2020 00:00 - 23/07/2020 23:59
29/06/2021 00:00 - 19/07/2021 23:59
20/07/2021 00:00 - 26/07/2021 23:59
21/06/2022 00:00 - 12/07/2022 23:59
13/07/2022 00:00 - 21/07/2022 23:59
21/06/2023 00:00 - 11/07/2023 23:59
12/07/2023 00:00 - 24/07/2023 23:59
21/06/2024 00:00 - 11/07/2024 23:59
15/07/2024 00:00 - 23/07/2024 23:59
Apertura do prazo para o persoal opositor que supere o procedemento selectivo convocado pola Orde do 31 de xaneiro de 2024 de conformidade co artigo 20 da Orde do 7 de xuño de 2018.
Prazo: 15/07/2024 ao 23/07/2024, ambos incluídos.
- O persoal docente suprimido, desprazado, en expectativa ou interino que formule solicitude de comisión de servizos por razón de saúde ou de conciliación deberá efectuar, ademais, unha solicitude ordinaria.
O persoal opositor que supere o procedemento selectivo convocado cada ano, se participa cunha instancia de comisión de servizos de conciliación da vida familiar e laboral, tamén está obrigado a presentar unha solicitude ordinaria.
O persoal docente interino que supere o procedemento selectivo no mesmo corpo e na mesma especialidade e que lle fose concedida unha comisión de servizos por razón de saúde non poderá efectuar unha nova solicitude de comisión de servizos. Empregarase a solicitude efectuada modificando unicamente o colectivo de participación.
Ao persoal docente interino que supere o procedemento selectivo noutro corpo ou noutra especialidade e que tivese concedida unha comisión de servizos por razón de saúde non lle será tramitada esta solicitude e adxudicaráselle praza pola solicitude ordinaria.
O persoal docente interino que supere o procedemento selectivo no mesmo corpo e na mesma especialidade e que lle fose concedida unha comisión de servizos por razón de conciliación da vida familiar e laboral non estará obrigado a efectuar unha nova solicitude de comisión de servizos. No suposto de formular unha nova solicitude quedará sen efecto a realizada como persoal interino.
O persoal docente interino que supere o procedemento selectivo, aínda no suposto de que sexa o mesmo corpo e especialidade en que prestaba servizos estará obrigado a facer unha nova solicitude ordinaria e quedará sen efecto a realizada como persoal docente interino.
No caso de non obter un destino pola solicitude de comisión de servizos por razón de saúde ou pola de conciliación familiar e laboral, teranse en conta as peticións formuladas na solicitude ordinaria. De non obter destino ou de non presentala, a Administración elaborará unha solicitude para a adxudicación de destino de oficio, consonte o establecido no artigo 19 desta orde.
O profesorado suprimido ou en expectativa de destino que estea en situación de servizos especiais ou de excedencia por coidado de familiares, ou teña concedida unha licenza por estudos por todo o curso, ou teña un permiso sindical a tempo completo, deberá participar na convocatoria sen que a adxudicación de destino supoña un cambio na súa situación administrativa, agás que solicite expresamente o reingreso á situación de servizo activo.
- As prazas que obteña o profesorado en situación de servizos especiais ou que teña concedida unha licenza por estudos por todo o curso ou teña un permiso sindical a tempo completo volverán adxudicarse no propio proceso de adxudicación. As prazas adxudicadas ao profesorado en situación de excedencia voluntaria por coidado de familiares non se volverán ofertar na propia resolución e cubriranse posteriormente como unha substitución.
O persoal funcionario interino que estea en situación de excedencia por coidado de familiares deberá, así mesmo, participar na convocatoria e, no caso de obter destino, solicitar, se o desexa, unha nova excedencia, que lle será autorizada de reunir os requisitos para a súa concesión.
O persoal funcionario interino proposto para un permiso sindical a tempo total deberá tamén participar na convocatoria.
Non poderá participar no concurso o profesorado que teña concedida unha comisión de servizos, agás nos supostos de comisións de servizos por razóns de saúde, de conciliación da vida familiar e laboral e por concelleiro ou concelleira.
Requisitos exixidos para pedir prazas bilingües.
Para pedir praza bilingüe exíxese que na base de datos persoais estea acreditado que o profesorado dispón do nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) na lingua correspondente, conforme o establecido no anexo da Orde do 18 de febreiro de 2011, modificada pola Orde do 7 de xullo de 2016 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencias en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado (anexo I) accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, https://www.edu.xunta.es/cadp e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, segundo o artigo 14 da Orde do 7 de xuño de 2018.
Os anexos coa relación de centros que pode solicitar o persoal concursante estarán dispoñibles no portal da internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/ e na páxina web https://www.edu.xunta.es/cadp segundo o seguinte detalle:
Anexo II: relación dos centros que pode solicitar o persoal docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario e o de profesores técnicos de formación profesional.
Anexo III: relación dos centros que pode solicitar o persoal docente dos corpos de catedráticos e de profesores de escolas oficiais de idiomas.
Anexo IV: relación dos centros que pode solicitar o persoal docente do corpo de catedráticos de música e artes escénicas.
Anexo V: relación dos centros que pode solicitar o persoal docente do corpo de profesores de música e artes escénicas
Anexo VI: relación dos centros que pode solicitar o persoal docente dos corpos de catedráticos e profesores de artes plásticas e deseño e de mestres de taller de artes plásticas e deseño.
Anexo VII: relación dos centros que pode solicitar o persoal docente do corpo de mestres.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
Non deberá achegarse ningunha documentación complementaria para este procedemento.
Solicitude en que se exerce o dereito preferente a centro.
O persoal afectado que desexe exercer o dereito preferente a centro está obrigado a facer constar nas peticións, en primeiro lugar, o centro de dereito preferente.
No caso de persoal do corpo de mestres, na adxudicación de destino ao persoal que exerce o dereito preferente darase prioridade ao centro sobre a especialidade. Iso implica que se adxudicará con preferencia o centro en que se exerce o dereito preferente en praza da especialidade da que non se é titular fronte a outra praza da que se é titular doutro centro da mesma ou distinta localidade, agás a Lingua Estranxeira: Inglés.
Solicitudes en que se exerce o dereito preferente á localidade ou zona.
O persoal afectado que desexe exercer este dereito preferente está obrigado a facer constar nas peticións, inmediatamente despois do centro de dereito preferente, no caso de que se exerza este dereito, a localidade e, no caso do corpo de mestres, a zona do seu ámbito de dereito preferente.
No caso do persoal do corpo de mestres, colocará tamén en primeiro lugar as peticións para as cales está habilitado e, por último, as restantes, tendo en conta que se poderá adxudicar destino en prazas de calquera especialidade agás Lingua Estranxeira: Inglés.
Logo de solicitar as prazas de dereito preferente poderán pedirse outras prazas de localidade ou zona distinta.
Solicitude de centros e/ou localidades e procedemento de adxudicación.
1. O persoal docente poderá solicitar centros e/ou localidades de calquera provincia, indicando se desexa impartir áreas afíns e/ou itinerancia no recadro establecido na solicitude.
No caso de solicitar centros, e de existir neste máis dunha vacante da mesma especialidade, unha delas cun horario completo e outra para completar con áreas afíns, adxudicarase en primeiro lugar a praza ou prazas que teñan horario completo da especialidade pola que se participa.
Se se solicita en primeiro lugar o centro para prazas bilingües adxudicaranse con prioridade estas.
No caso de solicitar localidade, entenderase que solicitan todos os centros da localidade incluídos nos anexos segundo corresponda que se publiquen por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola orde en que aparecen nos referidos anexos. No caso de que soliciten localidade con itinerante e/ou afíns, entenderase que solicitan con prioridade todos os centros desta sen itinerancia, sen afíns e posteriormente con itinerancia e/ou afíns, polo que a orde de adxudicación sería a seguinte:
Vacantes de todos os centros desa localidade, coa ordenación do anexo da convocatoria, e dentro de cada un deles, de todas as especialidades posibles, sen afíns e sen itinerancia.
Vacantes coas mesmas condicións, con afíns e que non sexan itinerantes.
Vacantes coas mesmas condicións sen afíns e que sexan itinerantes.
Vacantes coas mesmas condicións con afíns e que sexan itinerantes.
Para estes efectos, debe terse en conta que as prazas dos colexios rurais agrupados teñen a consideración de itinerantes, agás as correspondentes ás especialidades de educación infantil e educación primaria.
No caso de non consignar coa petición o código da especialidade, a adxudicación farase pola orde en que o/a participante manifestou na súa solicitude de participación.
Se se desexa solicitar a localidade con prazas bilingües deberá repetirse o código da localidade especificando o idioma correspondente.
No caso de solicitar provincia enténdese que se piden todos os centros da provincia pola orde que figuran nos correspondentes anexos, incluídas tamén as prazas con itinerancia e afíns agás que se exclúan expresamente no recadro establecido na solicitude. En consecuencia, de corresponderlle, adxudicaráselle praza en calquera dos centros da provincia.
2. O persoal docente interino ou substituto que non desexe obter calquera destino dunha provincia non deberá efectuar solicitude de provincia e limitarase a solicitar por centro ou por localidade. As persoas que obteñan destino na resolución definitiva da convocatoria regulada nesta orde non poderán acollerse ás renuncias establecidas no punto décimo cuarto da Resolución do 28 de xuño de 2017 pola que se dá publicidade do texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias, agás causa sobrevida con posterioridade a esta.
O feito de que o persoal docente interino marque a provincia ou provincias para obter destino na súa solicitude de participación non implica que despois as provincias se trasladen á aplicación que xestiona o procedemento de substitucións e, polo tanto, terán que realizar a petición de prestar servizos nunha ou en varias provincias de acordo co establecido no artigo 33 desta orde.
Elaboración da solicitude para a adxudicación de destino de oficio.
Ao persoal docente que, de acordo co establecido nesta orde, estea obrigado a obter destino para o próximo curso e non resulte adxudicatario dunha das prazas solicitadas, adxudicaraselle destino de oficio nas seguintes condicións:
a) Corpo de mestres:
Ao persoal docente suprimido que exerceu dereito preferente a centro e, de ser o caso, formulou outras peticións fóra do dereito preferente e non obtivo destino, a Administración elaborará unha solicitude en que se lle engadirá a localidade e, se é o caso, a zona de dereito preferente.
Ao persoal docente suprimido que non obtivo destino e que non exerceu ningún dereito preferente, a Administración elaborará unha solicitude en que se ordenaran pola orde do código as especialidades de que sexa titular e, a continuación, as especialidades para as que non está habilitado, agás Inglés. As provincias irán ordenadas do seguinte xeito: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, entendéndose que se solicitan todos os centros da provincia pola orde en que aparecen nos anexos da resolución que realice a convocatoria a que se fai referencia no artigo 37 desta orde.
Ao persoal docente en expectativa de destino que non obtivo destino pola solicitude de comisión de servizos por razón de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral e que non formulou a solicitude ordinaria, a Administración elaborará unha solicitude en que se ordenarán pola orde do código as especialidades de que sexa titular e, a continuación, as especialidades para as que non está habilitado, agás Inglés. As provincias irán ordenadas do seguinte xeito: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, entendéndose que se solicitan todos os centros da provincia pola orde en que aparecen no anexo da resolución que realice a convocatoria a que se fai referencia no artigo 37 desta orde.
No caso do persoal docente que supere o procedemento selectivo cada ano e non formule unha solicitude ordinaria, a Administración elaborará unha solicitude en que despois da especialidade pola que aproba ordenaranse as restantes especialidades por orde de código, agás Inglés. As provincias irán ordenadas do seguinte xeito: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, entendéndose que se solicitan todos os centros da provincia pola orde en que aparecen no anexo da resolución que realice a convocatoria a que se fai referencia no artigo 37 desta orde.
b) Restantes corpos.
Na especialidade de participación ordenaranse as provincias do seguinte xeito: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, entendéndose que se solicitan en primeiro lugar todos os centros dunha provincia pola orde en que aparecen no anexo da resolución que realice a convocatoria a que se fai referencia no artigo 37 desta orde.
Validez da solicitude para os cursos vindeiros.
1. A solicitude formulada será válida para as seguintes convocatorias a partir do curso académico 2019/20 mentres se manteña a obriga de participar neste procedemento, de conformidade co artigo segundo desta convocatoria. Polo tanto, non terá que formalizar nova solicitude:
a) O profesorado suprimido e desprazado que continúe na mesma situación para o curso académico inmediatamente seguinte.
b) O profesorado que continúe en expectativa de destino.
c) O profesorado interino e substituto que participase no proceso de adxudicación de destino da convocatoria inmediatamente anterior e continúe tendo dereito a manter o seu posto na correspondente lista ou listas, de conformidade co establecido na Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias.
2. A formalización dunha nova solicitude dentro do prazo establecido deixará sen efecto a solicitude presentada nunha convocatoria anterior.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (DOG nº 113 do 14 de xuño de 2018).
-
Resolución do 21 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2019/20 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (DOG nº 120 Mércores, 26 de xuño de 2019).
-
Resolución do 21 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que desenvolve a Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (DOG nº 120 do 26 de xuño de 2019).
-
Resolución do 10 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se procede á adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico 2019/20 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (DOG nº 189 do 4 de outubro de 2019).
-
Orde do 14 de maio de 2020 pola que se abre o prazo para que o persoal docente solicite comisión de servizos por motivos de saúde, en atención á situación de conciliación da vida familiar e laboral, e o persoal docente interino e substituto solicite non participar na convocatoria de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2020/21. (DOG nº 97 do 20 de maio de 2020).
-
Resolución do 17 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2020/21 entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (DOG nº 127 do 29 de xuño de 2020).
-
Resolución do 10 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se realiza a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico 2020/21 entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, a aquelas persoas que resultan desprazadas por falta de horario, ao persoal ao cal se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso ao servizo activo (DOG nº 200 do 2 de outubro de 2020).
-
Corrección de erros. Resolución do 10 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se procede á adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico 2020/21 entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (DOG nº 204 do 8 de outubro de 2020).
-
Resolución do 16 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2021/22 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, o persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, o persoal interino e substituto e o persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (DOG nº 121 do 28 de xuño de 2021).
-
Corrección de erros. Resolución do 16 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2021/22 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (DOG nº 128 do 7 de xullo de 2021).
-
Resolución do 30 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico 2021/22 entre o persoal docente pertencente ao corpo de inspectores de educación. (DOG nº 172 do 7 de setembro de 2021).
-
Resolución do 8 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se adxudican definitivamente os destinos provisionais para o próximo curso académico 2021/22 ao persoal docente pertencente ao corpo de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, a aquelas persoas que resultan desprazadas por falta de horario, ao persoal ao cal se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso ao servizo activo (DOG nº 186 do 27 de setembro de 2021).
-
Orde do 7 de xuño de 2022 pola que se modifica a Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (DOG nº 113 do 14 de xuño de 2022).
-
Resolución do 7 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2022/23 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (DOG nº 117 do 20 de xuño de 2022).
-
Resolución do 2 de agosto de 2022 pola que se adxudican definitivamente os destinos provisionais para o curso académico 2022/23 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal ao cal se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso ao servizo activo (DOG nº 158 do 22 de agosto de 2022).
-
Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se modifican a Orde do 7 de xuño de 2018, pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B), e a Orde do 28 de febreiro de 2020 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde (código de procedemento ED010B) (DOG nº 71 do 13 de abril de 2023).
-
Resolución do 8 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2023/24 entre o persoal docente dos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (DOG nº 116 do 20 de xuño de 2023).
-
Resolución do 2 de agosto de 2023 pola que se adxudican definitivamente os destinos provisionais para o curso académico 2023/24 entre o persoal docente dos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso ao servizo activo (DOG nº 158 do 22 de agosto de 2023).
-
Resolución do 11 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2024/25 entre o persoal docente dos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, os que resultan desprazados por falta de horario, o persoal a quen se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, o persoal interino e substituto e o persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso ao servizo activo (DOG nº 119 do 20 de xuño de 2024).
-
Resolución do 2 de agosto de 2024 pola que se adxudican definitivamente os destinos provisionais para o curso académico 2024/25 entre o persoal docente dos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, a aqueles que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso ao servizo activo (DOG nº 162 do 23 de agosto de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Certificación persoal na manipulación de gases fluorados
Aberto todo o ano