Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED314E
Subvencións a Escolas de Música Públicas
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axudas destinadas a subvencionar o funcionamento de escolas de música das cales sexan titulares os concellos.
Escolas de música públicas das cales sexan titulares os concellos.
Estes centros deberán estar radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e as axudas destinaranse ao desenvolvemento das súas actividades docentes desde o 1 de xaneiro ata o 30 de xuño de 2026.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Formación Profesional
Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas
Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 546 555
Email: sereap@edu.xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
26/05/2026 00:00 - 31/07/2026 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de xullo de 2026.
1. Poderán solicitar estas axudas as persoas titulares das escolas de música públicas das cales sexan titulares os concellos que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias das axudas previstas nesta orde as corporacións locais ou institucións sen ánimo de lucro en que se dea algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Estas axudas serán compatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais. O importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que supere o custo da actividade subvencionada, de conformidade co establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados, anexo A (ED314E), no caso das axudas a escolas de música públicas,dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. As solicitudes serán subscritas electronicamente pola persoa interesada ou pola persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
3. A presentación da solicitude supón a aceptación das obrigas reguladas nesta orde para ser beneficiaria da axuda, así como a aceptación da axuda.
4. Nos formularios normalizados, anexos A e B, deberán completarse obrigatoriamente todos os datos para os efectos de notificación, sinalando o concello solicitante, no caso das escolas de música públicas, ou a asociación ou fundación solicitante, no caso de escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro, ou a persoa ou a entidade representante, segundo proceda, e indicando o correo electrónico e/ou teléfono móbil. Tamén será imprescindible que nos datos da escola de música se introduza o código do centro e o seu enderezo.
5. Para a presentación electrónica destes procedementos, a sede electrónica da Xunta de Galicia dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal
Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico sereap@edu.xunta.gal
Documentación complementaria para a solicitude e a xustificación das escolas de música públicas dependentes de concellos
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Acreditación da representación por calquera medio válido en dereito.
b) Un certificado asinado polo/a director/a da escola de música pública en que conste a listaxe do alumnado matriculado no curso 2025/26, indicando o nome, os apelidos e o DNI/NIE de cada alumno/a, así como o número total do alumnado. No caso do alumnado que non dispoña de DNI/NIE, indicarase o DNI/NIE do seu titor ou titora legal.
c) Certificación expedida pola persoa secretaria da entidade local acreditativa da remisión ao Consello de Contas de Galicia das contas do exercicio de 2025.
d) Conta xustificativa integrada pola documentación que se relaciona a continuación, en virtude dos artigos 8 e 9 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro:
1º. Certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control en que conste a toma de razón en contabilidade, o cumprimento da finalidade para a cal se solicita a subvención e a aplicación dos fondos destinados para tal efecto, referentes ao período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2026.
2º. Certificación expedida pola secretaría da entidade local, co visto e prace do/da alcalde/sa, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención, en que se faga constar, de forma detallada:
– O cumprimento da finalidade da subvención.
– Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados imputables á actuación subvencionada, referentes ao período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2026, con identificación do/da acredor/a, o seu importe, data de emisión e data de pagamento.
– A relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen, se é o caso, a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.
Documentación complementaria
1. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano instrutor do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade representante.
c) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
d) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.
f) Consulta para a concesión de subvencións e axudas da entidade solicitante.
g) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar logo da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 11 de maio de 2026 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro (DOG nº 95 do 25 de Maio de 2026).
-
Extracto da Orde do 11 de maio de 2026 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro (DOG nº 95 do 25 de Maio de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico
Prazo aberto: 23/07/2026 00:00 - 24/08/2026 23:59
Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial
Aberto todo o ano
Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral
Aberto todo o ano
Programa Fórmate na Empresa
Prazo pechado: 16/01/2026 00:00 - 16/02/2026 23:59