Guía de procedementos e servizos

ED003A

Inclusión nas listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 28/04/2025 00:00 - 05/05/2025 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Esta resolución ten por obxecto habilitar o procedemento para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas de interinidades e substitucións dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en previsión das necesidades de profesorado que poidan derivar da situación provocada polas circunstancias extraordinarias derivadas da pandemia xerada pola COVID-19.

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Prazo de presentación: PECHADO

22/10/2020 00:00 - 28/10/2020 23:59

18/11/2020 00:00 - 24/11/2020 23:59

03/12/2020 00:00 - 17/12/2020 23:59

18/01/2021 00:00 - 20/01/2021 23:59

27/01/2021 00:00 - 09/02/2021 23:59

19/02/2021 00:00 - 04/03/2021 23:59

20/10/2021 00:00 - 03/11/2021 23:59

04/11/2021 00:00 - 17/11/2021 23:59

04/02/2022 00:00 - 17/02/2022 23:59

07/04/2022 00:00 - 13/04/2022 23:59

02/06/2022 00:00 - 15/06/2022 23:59

18/08/2022 00:00 - 07/09/2022 23:59

18/08/2022 00:00 - 09/09/2022 23:59

01/12/2022 00:00 - 09/12/2022 23:59

25/01/2023 00:00 - 31/01/2023 23:59

22/02/2023 00:00 - 07/03/2023 23:59

22/03/2023 00:00 - 04/04/2023 23:59

21/06/2023 00:00 - 04/07/2023 23:59

22/08/2023 00:00 - 04/09/2023 23:59

25/09/2023 00:00 - 29/09/2023 23:59

06/10/2023 00:00 - 17/10/2023 23:59

18/10/2023 00:00 - 24/10/2023 23:59

09/11/2023 00:00 - 15/11/2023 23:59

24/11/2023 00:00 - 30/11/2023 23:59

01/12/2023 00:00 - 18/12/2023 23:59

18/01/2024 00:00 - 31/01/2024 23:59

23/02/2024 00:00 - 07/03/2024 23:59

18/10/2024 00:00 - 24/10/2024 23:59

25/10/2024 00:00 - 31/10/2024 23:59

18/11/2024 00:00 - 22/11/2024 23:59

09/01/2025 00:00 - 15/01/2025 23:59

17/02/2025 00:00 - 21/02/2025 23:59

28/04/2025 00:00 - 05/05/2025 23:59

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590)

Prazo de presentación de solicitudes: desde o luns 28 de abril ata o luns 5 de maio de 2025, ambos incluídos.

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592)

Prazo de presentación de solicitudes: desde o luns 28 de abril ata o luns 5 de maio de 2025, ambos incluídos.

Para seren admitidas nas listas, as persoas aspirantes deberán posuír, na data de finalización do prazo de presentación da/s solicitude/s, os requisitos que para cada unha das listas se establezan na resolución de convocatoria que será publicada no portal da internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal/).

  • Inscrición nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo na Administración da Comunidade Autónoma. ( 30.03.01)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As titulacións exixidas como requisito específico para o acceso ás listas de cobertura de interinidades e substitucións, así como as funcións que desenvolve este persoal, presupoñen que as persoas aspirantes posúen capacidade técnica suficiente para o acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios, no sentido do que establece o artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, como xustificación da obrigatoriedade de presentar as solicitudes exclusivamente por medios electrónicos.

Documentación que se presenta necesaria para a tramitación do procedemento.

Con carácter xeral, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación e aqueloutra que, de ser o caso, poida ser requirida pola resolución de convocatoria correspondente:

a) Certificación académica persoal, en que consten as puntuacións obtidas en todas as disciplinas e cursos exixidos para a obtención do título alegado, coa especificación de que se pagaron as taxas para a expedición do título coa indicación expresa da nota media.

A nota media da certificación académica persoal deberá estar calculada conforme o disposto no Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro (Boletín Oficial del Estado núm. 224, do 18 de setembro). No caso de que non se remita a certificación académica persoal en que consten as puntuacións obtidas en todas as disciplinas e cursos exixidos para a obtención do título alegado, con indicación expresa da nota media e, na súa falta, se presente copia do título ou da certificación do pagamento dos dereitos de expedición, conforme o Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (Boletín Oficial del Estado núm. 190, do 6 de agosto), considerarase que a persoa aspirante obtivo a nota media de aprobado.

Para os efectos de valoración do expediente académico do título alegado, o persoal aspirante que obteña o título no estranxeiro presentará certificación expedida pola Administración educativa do país en que obtivo o título que indique a nota media deducida das cualificacións obtidas en toda a carreira e exprese, ademais, a cualificación máxima e mínima que se pode obter, de acordo co sistema académico correspondente, para os efectos de determinar a súa equivalencia coas cualificacións españolas, e a declaración de equivalencia da nota media obtida na web da ANECA, asinada pola persoa interesada.

b) As persoas graduadas en educación primaria que obtiveran unha mención nunha universidade distinta da que obtiveron o título, e aleguen esta mención para a súa inclusión nas listas de interinidades ou substitucións deberán achegar certificación académica oficial expedida pola universidade acreditativa da obtención da mención.

c) Para todos os corpos agás o de mestres (597), título profesional de especialización didáctica, o certificado de cualificación pedagóxica ou o certificado de aptitude pedagóxica.

Cando en substitución do máster universitario que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas ou, cando sexa o caso, da formación equivalente, se alegue docencia efectiva, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, ou cando sexa o caso, con anterioridade ao 1 de setembro de 2014, durante dous cursos completos ou doce meses continuos ou descontinuos, en ensinanzas regradas dos niveis e ensinanzas cuxas especialidades se regulan no Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, non será necesario presentar ningunha documentación se a docencia se impartiu en centros públicos dependentes desta Consellería de Cultura, Educación e Universidade e os servizos prestados constan na aplicación informática de persoal. Nestes supostos a certificación será expedida e incorporada de oficio ao expediente correspondente pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos.

Noutro caso, xustificarase do seguinte xeito:

– Se se trata dun centro público, mediante certificación na cal conste a data de inicio e fin, nivel do ensino impartido e especialidade, expedida pola secretaría do centro, co visto e prace da dirección e o contrato ou nomeamento expedido polo organismo correspondente.

– Se se trata dun centro privado debidamente autorizado, mediante certificación, en que conste a data de inicio e fin, nivel do ensino impartido e da materia, expedida pola dirección do centro, co visto e prace dos servizos de inspección educativa correspondente, ou copia dos contratos de traballo xunto con certificado da vida laboral.

d) Persoal aspirante que solicite exención ou bonificación das taxas:

– Xustificación de ser membro de familia numerosa de categoría xeral ou especial, só no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– Xustificación de ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, só no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Taxas administrativas devindicadas pola tramitación da solicitude (código 300301).

Non será necesario achegar aqueles documentos académicos que se presenten a partir da primeira convocatoria para a elaboración de listas de interinidades e substitucións que se realice logo da habilitación deste procedemento. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, de non se poderen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

 A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa solicitante ou representante.

b) Títulos oficiais universitarios que dean acceso á función docente e que consten no Rexistro Central do Ministerio de Educación, agás os de mestre/a de ensino primario, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a ou grao de mestre/a en educación primaria e as titulacións de licenciatura ou enxeñaría en que se requira unha especialidade para formar parte das listas para cubrir interinidades ou substitucións.

c) Consulta da inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Acreditación da condición de familia numerosa só no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Acreditación da condición de discapacidade só no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Estar inscrito/a como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da convocatoria das probas selectivas nas cales solicite a súa participación e non estar percibindo prestación ou subsidio por desemprego.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 13 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se habilita o procedemento para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas de interinidades e substitucións dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería (DOG nº 212 do 21 de outubro de 2020).

    • Resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de PES e de profesores técnicos de FP.

    • Resolución pola que se convoca procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

    • Resolución do 15 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591) (código de procedemento ED003A)

    • Resolución pola que se convoca procedemento para a elaboración de lista de interinidades e substitucións para impartir docencia nas ensinanzas deportivas de grao medio de vela no corpo de PES e de profesorado especialista.

    • Resolución do 29 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591). (código de procedemento ED003A)

    • Resolución do 18 de febreiro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de relixión de primaria, especialidade relixión evanxélica (701402)

    • Resolución pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de catedráticos (593) e do corpo de profesores de música e artes escénicas (594).

    • Convocado o procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de italiano do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.

    • Convocado o procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de chinés (592004) e de portugués (592015) do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.

    • Elaboración das listas de interinidades e substitucións para docencia nas especialidades de construcións civís e edificacións, de procesos e produtos en artes gráficas ,sistemas electrónicos e sistemas electrotécnicos e automáticos do corpo de PES

    • Resolución do 2 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades, propias de Arte Dramátca, do corpo de profesores de música e artes escénicas (594).

    • Resolución do 2 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

    • Resolución do 2 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de historia da música (594416) do corpo de profesores de música e artes escénicas (594).

    • Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes desta consellería (DOG nº 235 do 11 de decembro de 2019).

    • Orde do 10 de febreiro de 2022 pola que se modifica o anexo II da Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade das titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (DOG nº 35 do 21 de febreiro de 2022).

    • Corrección de erros. Orde do 10 de febreiro de 2022 pola que se modifica o anexo II da Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade das titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (DOG nº 40 do 28 de febreiro de 2022).

    • Resolución do 6 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de árabe do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592002) (código de procedemento ED003A).

    • Resolución do 1 de xuño de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A).

    • Orde do 8 de xuño de 2022 pola que se modifica o anexo II da Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de Idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes desta consellería (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2022).

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593)

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de acordeón do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593001)

    • Convocatoria dun procedemento para a cobertura de interinidades e substitucións en diversas especialidades dos corpos de profesorado de ensino secundario e profesorado técnico de Formación Profesional (590 e 591).

    • Convocatoria dun procedemento para a cobertura de interinidades e substitucións en diversas especialidades dos corpos de profesorado de escolas oficiais de idiomas e profesorado de música e artes escénicas (592 e 594).

    • Orde do 20 de decembro de 2022 pola que se modifica o anexo III da Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes desta consellería. (DOG nº 5 do 9 de xaneiro de 2023).

    • Convocatoria procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato nos centros docentes públicos que dependen desta consellería.

    • Convocatoria dun procedemento para a cobertura de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional (591)

    • Convocatoria dun procedemento para a cobertura de interinidades e substitucións en diversas especialidades dos corpos de profesorado de escolas oficiais de idiomas e profesorado de música e artes escénicas (592 e 594).

    • Convocatoria dun procedemento para a cobertura de interinidades e substitucións na especialidade de lingua estranxeira francés do corpo de mestres (597033).

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia, como profesor/a especialista, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico/a superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable (código 590718)

    • Resolución do 21 de agosto de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592)

    • Resolución do 21 de agosto de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593) e do corpo de profesores de música e artes escénicas (594)

    • Resolución do 21 de agosto de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590)

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión evanxélica, nos niveis de primaria (701402) e no nivel de de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702403)

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593), do corpo de profesores de música e artes escénicas (594) e do corpo de profesores de artes plásticas e deseño (595).

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598)

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590)

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de lingua estranxeira francés do corpo de mestres (597033)

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590)

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598)

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas (594)

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590)

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592).

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590).

    • Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de PES (590).

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590).

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592).

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598).

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A).

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A).

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593), do corpo de profesores de música e artes escénicas (594) e do corpo de profesores de artes plásticas e deseño (595) (código de procedemento ED003A).

    • Corrección de erros. Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593), do corpo de profesores de música e artes escénicas (594) e do corpo de profesores de artes plásticas e deseño (595) (código de procedemento ED003A).

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598) (código de procedemento ED003A).

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión evanxélica, nos niveis de primaria (701402) e no nivel de de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702403) (código do procedemento ED003A).

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702400), nos centros docentes públicos que dependen desta consellería (código de procedemento ED003A).

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade 593084 Canto de jazz e 593086 Contrabaixo de jazz do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593) (código do procedemento ED003A).

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A).

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598).

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592).

    • Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590).

Outros procedementos relacionados

ED010A

Comisión de servizos do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte docencia en centros dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral.

Prazo aberto: 23/05/2025 00:00 - 05/06/2025 23:59

ED011A

Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Aberto todo o ano

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano