Guía de procedementos e servizos

DE400D

Axudas a persoas técnicas/adestradoras e xuíces /árbitros de alto nivel 2023.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 01/08/2023 00:00 - 14/08/2023 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Establecer as bases reguladoras da concesión de axudas destinadas a apoiar persoas galegas que desenvolven funcións como técnicas ou adestradoras e xuíces ou árbitros de alto nivel que acrediten os requisitos administrativos e deportivos que se desenvolven nas presentes bases.

As persoas adestradoras ou técnicas e xuíces ou árbitros de alto nivel.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral para O Deporte

Rúa Madrid 2-4, edificio EGAP, 2ª p

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996371

Email: fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal

Fundación Deporte Galego
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

01/08/2023 00:00 - 14/08/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Poderán ser persoas beneficiarias desta convocatoria as persoas adestradoras ou técnicas e xuíces ou árbitros de alto nivel que cumpran os seguintes requisitos:

◦   Ter acadado o recoñecemento pola Secretaría Xeral para o Deporte, como persoas adestradoras ou técnicas, xuíces o árbitros de alto nivel nos anos 2022 ou 2023.

◦   Ter solicitado o recoñecemento como persoas adestradoras ou técnicas, xuíces o árbitros de alto nivel á Secretaría Xeral para o Deporte, previamente ao remate do prazo de solicitudes da presente convocatoria e acadado unha posterior resolución positiva.

◦   Declarar no momento da solicitude, con certificación federativa posterior que tramitará a Fundación Deporte Galego:

▪    Ter licenza federativa en vigor.

▪    Non estar cumprindo sanción disciplinaria firme en materia deportiva grave ou moi grave.

▪   Nivel deportivo esixido na modalidade/especialidade na que desenvolven as súas funcións, conforme aos apartados 6.3.1. e 6.3.2.

•    Persoas técnicas e adestradoras: vinculación a un deportista ou equipo que acrediten ter conseguidos os resultados requiridos no baremo 6.3.1.

•    Persoas xuíces e árbitros: participación nas competicións detalladas no baremos 6.3.2.

◦    Non estar cumprindo sanción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva de carácter grave ou moi grave.

No caso de todos os tipos de Axuda, a persoa solicitante deberá cumprir cos criterios específicos estipulados no apartado 6.2.Tipos de axudas, criterios de valoración e regras comúns a todas elas.                                                                

Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria aquelas persoas solicitantes nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Solicitudes.

As persoas deportistas solicitantes interesadas presentarán a solicitude (Anexo I) preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 Tamén poderán presentarse s solicitudes presencialmente  no Rexistro da Fundación Deporte Galego (R/ Madrid, 2-4, 2º (Fontiñas) – 15781 Santiago de Compostela), cuxo horario de rexistro aos efectos de presentación das solicitudes referidas ás presentes bases será de 9:00 a 14:00 hora.

Documentación complementaria.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

· Anexo II. Autorización de representación. Unicamente nos casos nos que a persoa solicitante outorgue facultades de representación a outra persoa inicialmente allea á solicitude.

· Anexo III. Formulario de participación (persoas xuíces e árbitros) ou mellores resultados deportivos (persoas adestradoras e técnicas), acadados en 2022.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán presentar a documentación complementaria presencialmente nos lugares e rexistros indicados no apartado 5.1 das bases.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición      do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código de procedemento DE400D e o órgano responsable do procedemento (FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO), o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

· NI/NIE da persoa solicitante.

· DNI/NIE da persoa representante.

· Certificación de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

· Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

· Certificación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites  posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente na forma e nos lugares indicados no apartado 5.1 das bases.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Finalizará en calquera caso, o 31 de decembro de 2023

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Anuncio da convocatoria de axudas a persoas técnicas/adestradoras e persoas xuízas/árbitras galegas de alto nivel 2023 (DOG nº 144 do 31 de xullo de 2023).

    • BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A PERSOAS TÉCNICAS/ADESTRADORAS E XUÍCES/ ARBITROS DE ALTO NIVEL 2023

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE405A

Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.

PE405B

Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.

PE616A

Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR946C

Legalización dos libros das entidades deportivas

Tramitar en liña

Aberto todo o ano