Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT404F
Subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais, para la concesión de subvencións para a ampliación e diversificación da oferta cultural en áreas non urbanas, e convocarlas para o ano 2026.
Poderán optar a estas subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996077/ 881996078
Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.es
Prazo de presentación: ABERTO
10/07/2026 00:00 - 10/08/2026 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. Poderán optar a estas subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, legalmente constituídas, con sucursal, ou oficina permanente, de polo menos un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade habitual en Galicia, sempre que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter social ou estatutariamente como obxecto social a creación, organización, xestión, distribución de espectáculos en calquera das disciplinas de ámbito cultural, a investigación cultural, a consultoría cultural ou calquera ámbito relacionado co ecosistema cultural, no suposto de persoas xurídicas.
b) Para o caso das persoas físicas (autónomas), estar de alta no réxime especial de traballadores autónomos en calquera das epígrafes relacionadas co ámbito cultural.
2. Tamén poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas subvencións aquelas asociacións e fundacións cuxo obxecto social recolla a capacidade para desenvolver o obxecto desta axuda. Porén, non poderán ser persoas beneficiarias outras formas xurídicas sen ánimo de lucro distintas das anteriores, nin as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas que carezan de personalidade xurídica propia, tales como comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.
3. Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria:
a) As agrupacións de interese económico.
b) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas que carezan de personalidade xurídica propia, tales como comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.
c) As persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes declararán non estar incursas en tales circunstancias, conforme o establecido no anexo II desta convocatoria.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle, para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. No anexo II constan entre outras as seguintes declaracións responsables, que se deberán cubrir:
3.1. Declaración responsable das persoas empregadas asignadas ao proxecto e a dedicación de cada unha delas.
3.2. Declaración responsable do compromiso de participación de compañías/artistas galegas que participarán no proxecto.
4. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reúnen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada será requirida para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.
Documentación complementaria
As persoas solicitantes deberán achegar xunto coa súa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:
1.1. Documentación administrativa:
1.1.1. Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.
1.1.2. Estatutos inscritos e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda, se á persoa solicitante é persoa xurídica.
1.1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
1.1.4. Alta no réxime xeral de autónomos se a persoa solicitante é persoa física.
1.1.5. Declaración de axudas (anexo V).
1.2. Documentación técnica:
1.2.1. Ficha resumo-memoria técnica do proxecto e do espazo (anexo III). Esta memoria terá un máximo de 25 páxinas e contará coa seguinte estrutura e contido:
– Índice.
– Obxectivos que persegue o proxecto destacando a súas capacidade de innovación e transformación.
– Espazo/s onde se vai/van desenvolver indicando a/as localidade/s onde se sitúa/n.
– Calendarización e previsión de desenvolvemento.
– Equipo técnico e persoal implicado no proxecto, sinalando a súa relación laboral ou profesional e a vinculación co proxecto.
– Programa de actividades cunha breve descrición de cada unha, indicando a disciplina, a compañía ou profesional que participa e a súa procedencia, o lugar onde se celebran e o público ao que se dirixe.
– Indicadores que permitan a avaliación do proxecto.
– Outros axentes implicados no proxecto: asociacións, fundacións, redes, xunto coas cartas de compromiso asinadas dixitalmente por ámbalas dúas partes.
– Emprego de novas tecnoloxías.
– Indicación dos medios de transporte gratuítos dispoñibles para facilitar a mobilidade e a participación no proxecto, ou a asistencia ás súas actividades, de persoas residentes noutras poboacións próximas.
– Calquera outra información relevante que permita avaliar o proxecto conforme os criterios establecidos nas bases.
1.2.2. Plan económico-financeiro/orzamento (anexo IV), en que se describan os conceptos de gasto con e sen IVE, así como previsión de ingresos e as fontes de financiamento que permitirán levar a cabo o proxecto. Este documento debe permitir comprobar a viabilidade técnica e económica do proxecto.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen achegados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultarase automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI ou NIE da persoa solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
– NIF da entidade solicitante.
– Imposto de actividades económicas (IAE).
– Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.
– Consulta de subvencións e axudas públicas afectadas pola regra de minimis.
– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 25 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións, para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 127 do 09 de xullo de 2026).
-
Extracto da Resolución do 25 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións, para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 127 do 09 de xullo de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Creación/modificación substancial de centros museísticos
Aberto todo o ano
Modificación non substancial/disolución de centros museísticos
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano