Guía de procedementos e servizos

CT404F

Subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 12/08/2025 00:00 - 11/09/2025 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Sobre o procedemento

Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais, para la concesión de subvencións para a ampliación e diversificación da oferta cultural en áreas non urbanas, e convocalas para o ano 2025.

 Poderán optar a estas subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996077/ 881996078

Fax: 881996080

Email: agadic@xunta.es

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

12/08/2025 00:00 - 11/09/2025 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

1. Poderán optar a estas subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, legalmente constituídas, con sucursal ou oficina permanente, de polo menos un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade habitual en Galicia, sempre que cumpran os requisitos seguintes:

a) Ter social ou estatutariamente como obxecto social a creación, organización, xestión, distribución de espectáculos en calquera das disciplinas de ámbito cultural, a investigación cultural, a consultoría cultural ou calquera ámbito relacionado co ecosistema cultural, no suposto de persoas xurídicas.

b) Para o caso das persoas físicas (autónomas), estar de alta no réxime especial de traballadores autónomos en calquera das epígrafes relacionadas co ámbito cultural.

2. Tamén poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas subvencións aquelas asociacións e fundacións, en cuxo obxecto social se recolla a capacidade para desenvolver o obxecto desta axuda.

3. Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria:

a) As agrupacións de interese económico.

b) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas que carezan de personalidade xurídica propia, tales como comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.

c) As persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes declararán non estar incursas en tales circunstancias, conforme o establecido no anexo II desta convocatoria

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. No anexo II constan as seguintes declaracións responsables, que se deberán cubrir:

Categoría 1:

1.1. Declaración responsable en que se reflictan as persoas empregadas asignadas ao proxecto e a dedicación de cada unha delas.

1.2. Declaración responsable en que se reflicta o compromiso de participación de compañías/artistas galegos que participarán no proxecto.

1.3. Declaración responsable onde se determina o custo total do proxecto, o custo subvencionable e a porcentaxe de subvención solicitada.

Categoría 2:

2.1. Declaración responsable en que se reflicta o emprego xerado vinculado ao proxecto subvencionado, en que deberá constar unha relación das persoas empregadas asignadas ao proxecto e a dedicación de cada unha delas.

2.2. Declaración responsable en que se reflicta a relación de axentes do tecido asociativo ou empresarial local involucrados no proxecto.

2.3. Declaración responsable en que se reflicta o compromiso de participación de compañías/artistas galegos que participarán no proxecto.

2.4. Declaración responsable onde se determina o custe total do proxecto, o custe subvencionable e a porcentaxe de subvención solicitada.

Documentación complementaria.

As entidades solicitantes deberán achegar xunto coa súa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

Categoría 1. Persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas.

1.1. Documentación administrativa:

1.1.1. Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou no que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

1.1.4. Alta no réxime xeral de autónomos se a persoa solicitante é persoa física.

1.1.5. Declaración de axudas (anexo V).

1.2. Documentación específica:

1.2.1. Ficha resumo-memoria técnica do proxecto e do espazo (anexo III). Esta memoria terá un máximo de 25 páxinas e contará coa seguinte estrutura e contido:

• Índice.

• Obxectivos que persegue o proxecto destacando a súa capacidade de innovación e transformación.

• Espazo/s onde se vai desenvolver.

• Calendarización e previsión de desenvolvemento.

• Equipo técnico e persoal implicado no proxecto.

• Programa de actividades cunha breve descrición de cada unha.

• Indicadores que permitan a avaliación do proxecto.

• Outros axentes implicados no proxecto: asociacións, fundacións, redes.

• Emprego de novas tecnoloxías.

• Calquera outra información relevante que permita avaliar o proxecto conforme os criterios establecidos nas bases.

1.2.2. Plan económico financeiro/orzamento desagregado (anexo IV), no cal se describan os conceptos de gasto con e sen IVE, así como a previsión de ingresos e as fontes de financiamento que permitirán levar a cabo o proxecto. Este documento debe permitir comprobar a viabilidade técnica e económica do proxecto.

Categoría 2. Concellos e o sector público institucional deles dependente, segundo o artigo 82.2 da Lei 7/1985, da calquera Administración (organismos públicos, entidades de dereito público ou privado).

1.1. Documentación administrativa:

1.1.1. Certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa responsable da secretaría da entidade, ou cargo asimilable, na cal se faga constar o acordo adoptado polo órgano competente para solicitar a subvención.

1.1.2. Normas de creación e estatutos de constitución, no suposto de entidades do sector público.

1.1.3. Acreditación do cumprimento de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do exercicio 2021, no suposto de entidades locais.

1.1.4. No suposto de organismos e entidades do sector público vinculados ou dependentes, a rendición de contas anuais ante o seu órgano de goberno.

1.2. Documentación específica:

1.2.1. Ficha resumo-memoria técnica do proxecto e do espazo (anexo III).

Esta memoria terá un máximo de 25 páxinas e contará coa seguinte estrutura e contido:

• Índice.

• Obxectivos que persegue o proxecto destacando a súa capacidade de innovación e transformación.

• Espazo/s onde se vai desenvolver.

• Calendarización e previsión de desenvolvemento.

• Equipo técnico e persoal implicado no proxecto.

• Programa de actividades cunha breve descrición de cada unha.

• Indicadores que permitan a avaliación do proxecto.

• Outros axentes implicados no proxecto: asociacións, fundacións, redes.

• Emprego de novas tecnoloxías.

• Calquera outra información relevante que permita avaliar o proxecto conforme os criterios establecidos nas bases.

1.2.2. Plan económico financeiro/orzamento desagregado (anexo IV), no cal se describan os conceptos de gasto con e sen IVE, así como a previsión de ingresos e as fontes de financiamento que permitirán levar a cabo o proxecto. Este documento debe permitir comprobar a viabilidade técnica e económica do proxecto.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento, consultarase automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– NIF da entidade solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesión de subvencións e axudas.

– Consulta de concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 24 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas, Territorio Cultura, e se convocan para o ano 2025.(DOG nº 152 do 11 de agosto de 2025).

    • Extracto da Resolución do 24 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas, Territorio Cultura, e se convocan para o ano 2025 (DOG nº 152 do 11 de agosto de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT113A

Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT115A

Doazón de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT116A

Autorización de reprodución de fondos de arquivos para publicación e/ou difusión.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano