Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT302F
Subvencións a Festivais de Música.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Fixar as bases reguladoras das subvencións, en concorrencia competitiva, a festivais de música de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector e aprobar a súa convocatoria para o ano 2026.
Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas e as súas agrupacións domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, sempre que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia e o seu obxecto social lles permita organizar actividades escénico-musicais.
Tamén poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas subvencións as asociacións en cuxo obxecto social se recolla a capacidade para desenvolver o obxecto desta axuda.
Non poderán ser persoas beneficiarias fundacións ou outras formas xurídicas sen ánimo de lucro, distintas das asociacións anteriormente descritas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas que carezan de personalidade xurídica propia, tales como comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.
Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursas en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo II desta convocatoria.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996077/ 881996078
Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
29/11/2025 00:00 - 29/12/2025 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:
Documentación administrativa:
− Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade se a persoa solicitante é persoa xurídica.
− Estatutos rexistrados e escrituras de constitución validamente inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda.
− Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
Documentación específica:
1.1. Anexo III: programación do festival para o que se solicita a subvención, que obrigatoriamente deberá conter a relación dos grupos/solistas ou bandas contratados.
1.2. Memoria da traxectoria e evolución do festival, cun máximo de 10 páxinas, que contemple aqueles aspectos que a comisión terá en conta para a valoración do punto 1 dos criterios artísticos do artigo 16, así como aqueloutros que a persoa solicitante considere para a mellor defensa da epígrafe.
1.3. Memoria do festival da última edición realizada, que contemple aqueles aspectos que a comisión terá en conta para a valoración do punto 2 dos criterios artísticos do artigo 16, así como aqueloutros que a persoa solicitante considere para a mellor defensa da epígrafe.
1.4. Memoria do proxecto para o cal se solicita subvención, que inclúa as seguintes epígrafes:
1.4.1. Interese cultural e artístico, relevancia e singularidade do proxecto. Debe incluír, ademais, a descrición de cada un dos grupos de música contratados.
1.4.2. Potencialidade do plan de comunicación, con indicación das estratexias de difusión e promoción do proxecto, as accións que se pretenden realizar e o gasto estimado para esta partida.
1.5. Anexo IV: memoria económico-financeira, que inclúa o orzamento completo e detallado do investimento total do proxecto e a previsión de ingresos. A memoria incluirá o orzamento desagregado, con e sen IVE, así como os cachés dos artistas que participarán na programación do festival.
1.6. Documentación acreditativa de ser festival adherido ao programa Carné Xove da Xunta de Galicia.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.
– DNI ou NIE da persoa solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
– NIF da entidade solicitante
– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, no epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.
– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
– Consulta de concesións de subvencións e axudas.
– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
– Consulta de concesións pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o esixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitarlles ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexos II, III e IV)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Memoria económico financeira (Anexo IV)
- Declaración de axudas (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 14 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de música e convócanse para o ano 2026 (DOG nº 231 do 28 de novembro de 2025).
-
Extracto da Resolución do 14 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de música e convócanse para o ano 2026 (DOG nº 231 do 28 de novembro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano
Doazón de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización de reprodución de fondos de arquivos para publicación e/ou difusión.
Aberto todo o ano