Guía de procedementos e servizos

CT233A

Bolsas de formación en biblioteconomía.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2026--2027 - Prazo pechado: 09/01/2026 00:00 - 09/02/2026 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Sobre o procedemento

Establecer as bases reguladoras que rexerán a convocatoria de bolsas de formación en biblioteconomía mediante a formación apoiada por titores en diversos centros bibliotecarios, así como convocalas para os anos 2026 e 2027.

Persoas físicas que cumpran os requisitos establecidos na Orde de bases reguladoras e convocatoria

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro

Servizo de Bibliotecas

Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957966/881999773

Email: servizo.bibliotecas@xunta.gal

Dirección Xeral de Cultura
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

09/01/2026 00:00 - 09/02/2026 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

1. Poderán ser beneficiarias as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:

a) Posuír algunha das titulacións universitarias seguintes:

– Grao en Biblioteconomía e Documentación.

– Grao en Información e Documentación.

– Grao en Xestión de Información e Documentación Dixital.

– Grao en Lingua e Literatura Galega/Española/Estranxeira/Comparada.

– Grao en Historia.

– Grao en Historia da Arte.

– Grao en Humanidades.

– Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.

– Grao en Xestión Cultural.

– Mestrado oficial en materia de bibliotecas, con independencia da titulación de grao de acceso ao dito mestrado.

Para os efectos previstos nesta letra, asimilaranse ao título de grao as titulacións equivalentes segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter rematado os estudos conducentes ao título no curso académico 2014/15 ou posterior.

b) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Non poderán ser beneficiarias desta axuda:

a) As persoas que desempeñen un emprego remunerado ou gocen doutra bolsa remunerada con fondos públicos, sen prexuízo do sinalado no parágrafo segundo do punto 3 deste artigo.

No caso de ter emprego remunerado ou gozar doutra bolsa ou axuda financiada con fondos públicos no momento de presentación da solicitude, a persoa solicitante comprométese expresamente a renunciar con anterioridade ao momento da incorporación ao centro a que sexa destinado/a.

b) As persoas que ocupasen un posto de traballo como técnico bibliotecario durante máis de seis meses.

c) As persoas que se beneficiasen anteriormente destas mesmas bolsas durante un período superior aos seis meses.

d) Quen, sendo adxudicatario desta mesma bolsa nunha convocatoria anterior, non se incorporara ao centro de destino ou renunciara a ela logo de iniciado o período de vixencia, sen causa debidamente xustificada. Considérase xustificada a renuncia cando se deba á obtención doutra bolsa ou emprego incompatible con aquela.

e) Aquelas persoas que se atopen nalgún dos supostos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3. A concesión da bolsa será incompatible con calquera outra bolsa que supoña remuneración directa ou axuda financiada con fondos públicos.

Tamén será incompatible co desempeño dun emprego remunerado, agás os que teñan carácter esporádico cunha duración acumulada inferior a dous meses durante o período de duración da bolsa, sempre que isto non afecte a actividade habitual no exercicio desta.

Presentación de solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

As persoas potencialmente beneficiarias das axudas reguladas nesta orde pertencen a colectivos de persoas físicas cuxa formación e capacidade técnica permite concluír que teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios para relacionarse por este medio co sector público autonómico.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

4. As persoas solicitantes deberán indicar os centros de destino aos que optan, ordenados segundo a súa preferencia.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Título universitario ou xustificante de pagamento das taxas para a súa expedición. No caso de presentar un título estranxeiro, deberá acompañar declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e declaración de equivalencia de notas medias, emitida pola Administración educativa española.

b) Certificación académica oficial completa, en que deberá constar a nota media do expediente académico da titulación na escala numérica 0-10.

c) Documentación acreditativa dos méritos alegados.

d) Certificado acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega (Celga), ou equivalente, no caso de que non fose expedido pola Secretaría Xeral da Lingua.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

A non correspondencia do documento presentado co orixinal será causa de denegación ou revogación da bolsa.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se pretende presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Consulta da condición de persoa beneficiaria destas bolsas en anteriores convocatorias.

d) Verificación de títulos oficiais universitarios.

e) Certificado oficial acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega (Celga), cando fose expedido pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Lingua).

f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Consulta de concesións ampliado.

j) Consulta de axudas do Estado.

k) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores 

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 15 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das bolsas de formación en biblioteconomía e se convocan para o período 2026-2027 (DOG nº 04 do 08 de xaneiro de 2026).

    • Extracto da Orde do 15 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das bolsas de formación en biblioteconomía e se convocan para o período 2026-2027 (DOG nº 04 do 08 de xaneiro de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CT230A

Rexistro de Bibliotecas de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT230B

Integración na Rede de Bibliotecas de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT230C

Creación de novos servizos de lectura.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED003A

Inclusión nas listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 19/02/2026 00:00 - 04/03/2026 23:59