Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT221D
Subvencións para o libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
No caso de necesitar máis dun anexo II, deberá acceder ao apartado “Requisitos e documentación”. Dentro do despregable “Anexos asociados” poderá cubrir e descargar tantos anexos II como necesite.
Posteriormente, para achegalos na sede electrónica, no paso de achega de documentación será necesario premer en “engadir documento”. Despois, haberá que poñerlle un nome ao arquivo e seleccionar o PDF do anexo II correspondente.
Este proceso pode repetirse tantas veces como faga falta.
Establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións a aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras, de acordo co establecido na presente orde. Código do procedemento CT221D. A finalidade é subvencionar os custos da tradución das diferentes obras literarias en formato papel ou dixital para apoiar o libro galego e o mercado literario galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas e comercializadas orixinariamente en galego. Así mesmo, ten por obxecto convocar a dita subvención para o ano 2026.
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para a tradución aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa condición de editoras de acordo co establecido nesta orde, para o que deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2026 na epígrafe 476.1, edición de libros, do imposto de actividades económicas.
Non poden beneficiarse das subvencións
– As editoras que se atopen nos supostos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Aquelas persoas físicas ou xurídicas que estean sancionadas administrativa ou penalmente coa perda da posibilidade de obtención de subvencións públicas, ou incorran nalgunha prohibición legal que as inhabilite para iso, con inclusión das que se produciron por discriminación de sexo, de conformidade co disposto na Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.
– As editoras que presenten contratos de tradución con persoas xurídicas.
– A autoedición que non teña distribución comercial, é dicir, que estea fóra das liñas de comercialización e distribución de plataformas físicas ou dixitais dos libros, así como aquelas obras comercializadas unicamente polo sistema de edición a demanda.
– As obras traducidas mediante técnicas de intelixencia artificial xenerativa. O órgano instrutor poderá verificar se a tradución foi elaborada por medio de intelixencia artificial xenerativa mediante as ferramentas que sexan necesarias.
– As traducións de obras que recibiron esta mesma subvención en convocatorias anteriores.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro
Servizo do Libro e Publicacións
Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n.
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544810
Email: axudas-libro.cultura@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
12/05/2026 09:00 - 12/06/2026 20:00
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, que comezará a computarse ás 9.00 horas do quinto día hábil seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás 20.00 horas do último día de presentación de solicitudes.
Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Non serán admitidas en ningún caso solicitudes presentadas fóra do prazo e da forma establecida nesta orde.
1. As obras literarias subvencionables, obxecto da tradución, deben pertencer aos seguintes xéneros:
narrativa
poesía
ensaio
divulgación científica
cómic
teatro
literatura infantil e xuvenil
2. Só serán obxecto de subvención as obras das que se trate dunha primeira tradución ou teñan pasado máis de 20 anos desde a última tradución.
3. A editora debe estar en posesión dos dereitos de edición para a publicación da obra traducida obxecto de subvención.
4. A tradución da obra para a cal se solicita a subvención deberá ter data de publicación a partir do 1 de xaneiro de 2026. Computarase como data de publicación a data de entrega do libro na oficina do depósito legal, no caso de publicacións en soporte físico. No caso de publicacións dixitais, a data de publicación na plataforma para a súa comercialización.
5. Só se subvencionará a tradución dun mesmo título. No suposto de que haxa varias solicitudes para a mesma obra, subvencionarase a solicitude que obteña máis puntos de acordo co artigo 14, e en caso de empate, a presentada en primeiro lugar.
6. Cada editora poderá presentar solicitude para a tradución dun máximo de 15 obras.
7. En ningún caso se concederán máis de cinco axudas por editora a obras en que conste a mesma persoa tradutora.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, segundo o modelo que se incorpora como anexo I.
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. Excepcionalmente, as editoriais estranxeiras que non dispoñan de mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia poderán presentar a solicitude presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Debido a que as persoas destinatarias destas axudas poden estar situadas en países con niveis de desenvolvemento tecnolóxico moi diferentes, constituídas de acordo coa lexislación aplicable a cada un e con características técnicas e funcionais distintas non asimilables á situación vixente en Galicia, habilítase temporalmente o acceso mediante calquera medio que deixe constancia da presentación en prazo, co fin de que non se obstaculice o seu acceso a esta convocatoria.
A presentación de solicitudes por parte de editoriais estranxeiras deberá ser notificada ao correo: axudas-libro.cultura@xunta.gal
Documentación complementaria
1. As persoas e as entidades interesadas deberán facer constar un catálogo da editorial onde se recollan as obras que estean publicadas e comercializadas pola editora, fóra de Galicia, excluídas as reimpresións, entre os anos 2023 e 2025, ambos incluídos. Para isto cubrirase a epígrafe habilitada para tal efecto recollida no formulario de solicitude (anexo I) desta orde, que leva por título Catálogo da editorial, e non será preciso achegalo como documentación para presentar xunto coa solicitude. Enténdese por obra publicada o disposto no artigo 2.4 desta orde.
2. Ademais, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
A. Documentación de carácter xeral. Esta documentación só se presentará unha vez, no caso de varias solicitudes da mesma editorial:
– En caso de actuar a través de representante, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante, de ser o caso. Neste caso, a representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados
– Escritura pública da constitución da entidade ou equivalente, de ser o caso.
– Poder do representante legal, de ser o caso.
– Copia do último recibo de pagamento do imposto de actividades económicas, de ser o caso.
– Certificación onde conste o motivo polo cal a editorial, sexa persoa física ou xurídica, non figura inscrita nas bases de datos da Axencia Estatal de Administración Tributaria e/ou da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e/ou da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, de ser o caso.
B. Documentación específica referida ás obras que se pretende traducir:
– Contrato coa persoa tradutora da obra de data a partir de 1 de xaneiro de 2025, conforme o establecido na Lei de propiedade intelectual, en que deben constar os datos identificativos da persoa que realizará a tradución e o seu importe.
– Plan de distribución da obra.
– Currículo da persoa tradutora onde consten os aspectos que se van valorar no artigo 14.4 desta orde: formación, experiencia profesional referida á obra traducida diferenciando obras literarias doutras traducións en ámbitos distintos do literario, así como premios recibidos como tradutor/a de ámbito autonómico, nacional ou internacional (máximo 2 páxinas). Ademais, deberán incluír os ditos datos no anexo II (memoria xustificativa sobre o valor literario da proposta presentada).
– No caso de que a editorial conte cun equipo propio de tradución, certificación que acredite que a persoa responsable da tradución está incluída no seu cadro de persoal, nunha categoría que a habilite para o exercicio de tal labor. Tamén deberá achegar o currículo da persoa tradutora onde se indiquen os aspectos que se van valorar no artigo 14.4 desta orde, ademais de incluír os ditos datos no anexo II que se xunta coa solicitude. Así mesmo, deberá constar na dita certificación a cuantificación do importe da tradución.
– Xustificante de ter os dereitos precisos para a publicación da obra, agás que a obra sexa de dominio público, que deberá indicarse no anexo II. Unha obra pasa a ser de dominio público cando os dereitos patrimoniais da persoa autora se extinguen, segundo a normativa do seu país de orixe. En España as obras pasan a ser de dominio público aos 70 anos despois da morte da persoa autora. Non obstante, para os/as falecidos/as antes do 7 de decembro de 1987, o prazo é de 80 anos tras a súa morte. O prazo compútase a partir do 1 de xaneiro do ano seguinte ao do falecemento da persoa autora.
– Xustificante de ter presentado un exemplar completo da obra orixinal para a cal se solicite a axuda en formato dixital editable. No caso de ser inviable a súa presentación electrónica, deberá presentarse en soporte papel, tal e como se establece no artigo 10, número 5, desta orde.
– Memoria xustificativa sobre o valor literario da proposta presentada (autor e obra), en que se indiquen todos os aspectos que se van valorar no artigo 14.1 desta orde, para o que se deberá cubrir o anexo II. Deberá presentarse un anexo II por cada obra que se solicite traducir.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados parao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
4. No caso de discrepancia entre os datos do formulario de solicitude (anexo I) e o anexo II, e os datos achegados pola entidade solicitante, prevalecerá o declarado nos ditos anexos, salvo que se achegue unha aclaración ao respecto.
5. A documentación que se achegue coa solicitude debe vir obrigatoriamente nunha das dúas linguas oficiais de Galicia ou, noutro caso, acompañada da súa correspondente tradución, certificada pola editorial solicitante, que será responsable da veracidade da tradución.
Forma de presentación da documentación complementaria
1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial, dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Excepcionalmente, a documentación referida á achega dun exemplar completo da obra para a cal se solicita a axuda, prevista no artigo 9, parágrafo B, presentarase en soporte papel cando sexa inviable a súa presentación electrónica. A dita documentación poderá presentarse por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dirixirase á Dirección Xeral de Cultura, Servizo do Libro e Publicacións, na Cidade da Cultura, Monte Gaiás, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
6. Excepcionalmente, as editoriais estranxeiras que non dispoñan de mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia poderán presentar a documentación presencialmente, segundo a forma indicada no artigo 7.4 desta orde.
Debido a que as persoas destinatarias destas axudas poden estar situadas en países con niveis de desenvolvemento tecnolóxico moi diferentes, constituídas de acordo coa lexislación aplicable a cada un e con características técnicas e funcionais distintas non asimilables á situación vixente en Galicia, habilítase temporalmente o acceso mediante calquera medio que deixe constancia da presentación en prazo, co fin de que non se obstaculice o seu acceso a esta convocatoria. A presentación de solicitudes por parte de editoriais estranxeiras deberá ser notificada ao correo: axudas-libro.cultura@xunta.gal
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) NIF da entidade representante.
e) Alta no imposto de actividades económicas (IAE).
f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
g) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
h) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
i) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.
j) Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.
k) Consulta de subvencións e axudas públicas afectadas pola regra de minimis.
l) Certificado de domicilio fiscal.
2. As editoriais de fóra de España que non dispoñan da documentación prevista no parágrafo anterior deberán achegar a súa equivalente, de acordo coa lexislación do seu país de orixe, dado que automaticamente non se pode comprobar.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, salvo nos casos de imposibilidade de conformidade co disposto no artigo 7.4 desta orde.
Excepcionalmente no caso de editoriais estranxeiras que non dispoñan de mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente a través do correo: axudas-libro.cultura@xunta.gal
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 20 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego, e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 82 do 05 de Maio de 2026).
-
Extracto da Orde do 20 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego, e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 82 do 05 de Maio de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Xuventude Crea
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Prazo aberto: 01/09/2026 00:00 - 30/09/2026 23:59
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Axudas para intervencións arqueolóxicas en conxuntos históricos, zonas arqueolóxicas ou xacementos catalogados ou inventariados.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Prazo aberto: 31/08/2026 09:00 - 30/09/2026 20:00
Creación/modificación substancial de centros museísticos
Aberto todo o ano