Guía de procedementos e servizos

CT207C

Subvencións a proxectos desenvolvidos por empresas de exhibición cinematográfica de carácter comercial.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Próxima apertura: 17/07/2026 09:00 - 17/08/2026 20:00

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Sobre o procedemento

Aprobar as bases reguladoras, que se inclúen como anexo I, de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de actividades en salas cinematográficas de carácter comercial situadas en Galicia e procédese á súa convocatoria para o ano 2026

Poderán obter a condición de persoas beneficiarias desta subvencións as persoas físicas (autónomas) e as persoas xurídicas privadas que, desenvolvendo a súa actividade habitual en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, teñan a consideración de xestoras dunha sala de exhibición cinematográfica de carácter comercial situada na Comunidade Autónoma de Galicia e cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996077/ 881996078

Fax: 881996080

Email: agadic@xunta.es

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

17/07/2026 09:00 - 17/08/2026 20:00

 O prazo para a presentación das solicitudes será dun (1) mes, que comezará a computarse o primeiro día hábil transcorridos 10 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas e rematará as 20.00 horas do último día do prazo.



Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes



No obstante o anterior, unha vez esgotado o crédito na contía máxima fixada nestas bases, non se admitirán novas solicitudes aínda que a publicidade desta circunstancia se produza con posterioridade á publicación no Diario Oficial de Galicia e no portal web da Axencia: https://industriasculturais.xunta.gal


1. Poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas subvencións as persoas físicas (autónomas) e as persoas xurídicas privadas que, desenvolvendo a súa actividade habitual en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, teñan a consideración de xestoras dunha sala de exhibición cinematográfica de carácter comercial situada na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que concorran as seguintes condicións:

a) Ter social ou estatutariamente como obxecto social a exhibición comercial de películas cinematográficas, no suposto de persoas xurídicas.

b) Estar dadas de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe 963.1.

c) Contar cun establecemento ou ser arrendataria del na Comunidade Autónoma de Galicia habilitado como sala cinematográfica, de conformidade coa definición que destes establecementos se determina no Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia (punto III.1.1 do anexo).

d) Realizar o proxecto no período comprendido:

– entre o 1 de xaneiro e o 8 de novembro de 2026, para aquelas persoas que non resultaron beneficiarias na convocatoria do ano 2025.

– entre o 1 de xullo e o 8 de novembro de 2026, para aquelas persoas que foron beneficiarias na convocatoria do ano 2025.

e) Desenvolver o proxecto na sala cinematográfica habilitada segundo as letras c) e d) deste artigo.

f) As salas cinematográficas terán que estar en funcionamento continuado durante o período subvencionable.

g) Ter programado, cando menos, un 20 % de títulos de cine europeo ou de terceiros países con baixa cota de pantalla, sobre a programación de títulos totais durante o ano 2025.

2. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas subvencións:

a) As persoas, ou as entidades privadas en que concorra algunha das circunstancias ou prohibicións indicadas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) As persoas solicitantes que conten con salas de exhibición cinematográfica con proxección de películas cualificadas X.

3. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa e sala cinematográfica. As persoas solicitantes titulares de máis dunha sala cinematográfica poderán presentar un máximo de cinco solicitudes.

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Entre as declaracións que constan no anexo II, deberanse ademais cubrir:

– Declaración responsable de ter programado, cando menos, un 20 % de títulos de cine europeo ou de terceiros países con baixa cota de pantalla, sobre a programación de títulos totais durante o ano 2025.

– Declaración responsable de que a sala está localizada nunha localidade de menos de 25.000 habitantes.

– Declaración responsable da dotación de pantallas da sala.

3. En relación coa presentación de solicitudes, as persoas beneficiarias ás cales vai dirixida esta resolución de subvencións, que sexan persoas físicas, encádrase nun colectivo especialmente cualificado en canto á súa capacidade técnica e dedicación profesional, que acredita a posibilidade e dispoñibilidade de acceso aos medios electrónicos e, polo tanto, ten a obriga de empregalos para a realización de calquera trámite deste procedemento administrativo, tal e como establece o artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

1.1. Documentación administrativa:

1.1.1. Certificado do acordo social de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución validamente inscritas no rexistro mercantil ou no que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

1.1.4. Escritura de propiedade, contrato de alugamento ou outros documentos válidos en dereito, que amose a dispoñibilidade da sala por parte da persoa solicitante.

1.5. Licenza municipal de apertura do espazo.

1.2. Documentación específica:

1.2.1. Ficha coa proposta do proxecto (anexo III).

1.2.2. Orzamento do proxecto (anexo IV).

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de maneira presencial será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á consulta:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante

– Imposto de actividades económicas (IAE).

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas coa Comunidade Autónoma de Galicia.

– Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de subvencións e axudas públicas concedidas pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 22 de xuño de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de actividades en salas cinematográficas de carácter comercial situadas en Galicia e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 124 do 06 de xullo de 2026).

    • Extracto da Resolución do 22 de xuño de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de actividades en salas cinematográficas de carácter comercial situadas en Galicia e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 124 do 06 de xullo de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111C

Creación/modificación substancial de centros museísticos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111D

Modificación non substancial/disolución de centros museísticos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT113A

Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano