Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT102A
Autorización de actuación arqueolóxica.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Obtención de autorización previa para a realización e dirección de actividades arqueolóxicas na Comunidade Autónoma de Galicia:
- Prospeccións arqueolóxicas.
- Sondaxes arqueolóxicas.
- Escavacións arqueolóxicas.
- Estudo da arte rupestre.
- Labores de protección, consolidación e restauración de xacementos arqueolóxicos.
- Manipulación con técnicas agresivas de materiais arqueolóxicos.
- A realización de controis arqueolóxicos.
Tódalas persoas que posúan o título superior con estudos de prehistoria e arqueoloxía, e con experiencia demostrada na actividade para a que se solicita a correspondente autorización.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais
Santo Domingo de Bonaval, s/n
15704 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546590
Fax: 981546597
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais
Servizo de Arqueoloxía
Santo Domingo de Bonaval, s/n
15704 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546592
Fax: 981546597
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña
Servizo do Patrimonio Cultural da Coruña
Avda. da Marina, 32-1º
15003 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182369
Fax: 981185891
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo
Servizo do Patrimonio Cultural de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294237
Fax: 982294238
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense
Servizo do Patrimonio Cultural de Ourense
Avda. da Habana, 79 - 3º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386075
Fax: 988386079
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra
Servizo do Patrimonio Cultural de Pontevedra
Avda. Mª Victoria Moreno, 43
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805518
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 18 de outubro de 2016.
Titulación superior con estudos de prehistoria e arqueoloxía, e con experiencia demostrada na actividade para a que se solicita a correspondente autorización. En caso de que a titulación sexa dunha universidade estranxeira, os títulos deberán estar homologados polo Estado español.
Solicitude segundo o Anexo I.
Proxecto arqueolóxico, segundo o artigo 6 do Decreto 199/1997 que regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia, incluíndo solicitude de autorización, orzamento detallado e constancia do seu financiamento, e no seu caso plan de protección ou conservación (o proxecto deberá vir asinado dixitalmente polo arqueólogo director).
Documentación acreditativa de dispor da experiencia na actividade para a que se solicita autorización do/a arqueólogo/a solicitante (só no caso de non contar con autorizacións anteriores de dirección de actuacións arqueolóxicas similares).
Autorización da propiedade do terreo ou do ben se é distinta do promotor (a actividade de prospección non necesitará autorización da persoa propietaria).
No caso das intervencións subacuáticas, certificados de cumprir os requisitos para inmersión e tráfico mariño e os permisos necesarios.
Aval científico e de apoio á solicitude nas actuacións ligadas a un programa de investigación.
Comprobación de datos.
As informacións relacionadas serán obxecto de consulta electrónica por parte desta Administración. Só no caso de denegación expresa as persoas interesadas deberán achegar os documentos acreditativos das informacións necesarias para a tramitación do procedemento.
Acreditación da persoa solicitante do título superior de estudos de prehistoria e arqueoloxía.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Dous meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de setembro de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 185 do 28 de setembro de 2016).
-
Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia (DOG nº 92 do 16 de maio de 2016).
-
Corrección de erros. Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia (DOG nº 181 do 22 de setembro de 2018).
-
Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 150, do 6 de agosto de 1997).
-
Corrección de erros.-Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 213 de 4 de novembro de 1997).
-
Outros procedementos relacionados
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización de saída de documentos de arquivos.
Aberto todo o ano