Guía de procedementos e servizos

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Que é e para que serve

1. Esta orde ten por obxecto aprobar os formularios normalizados que se empregarán para realizar as propostas de avaliación e eliminación de documentos respectivamente, diante do Consello de Avaliación Documental de Galicia, de conformidade co Decreto 15/2016, do 14 de xaneiro, polo que se regulan a composición e o funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia e o procedemento de avaliación e selección de documentos.

2. Os ditos procedementos habilitaranse na Guía de procedementos e servizos, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, cos seguintes códigos:

a) Procedemento de avaliación de documentos (CT111A).

b) Procedemento de eliminación de documentos (CT111B).

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Como se tramita

Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica. 

Tramitar en liña

A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña: 

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón. 

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación dos procedementos

- As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de eliminación de documentos (anexo II) a seguinte documentación:

a) Informe da arquiveira ou arquiveiro (anexo III).

b) Relación de documentos que se van eliminar (anexo IV).

- A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

- No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

1. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Unha vez presentadas as solicitudes de propostas de avaliación ou eliminación de documentos, a súa tramitación e resolución seguirán o procedemento previsto no Decreto 15/2016, do 14 de xaneiro, polo que se regulan a composición e o funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia e o procedemento de avaliación e selección de documentos.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Que vai pasar despois de que o presente

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos

Servizo do Sistema de Arquivos

Cidade da Cultura, Monte Gaiás, s/n.

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995087/ 881995295/ 981957826

Email: servizodearquivos.cultura@xunta.es

Órgano responsable

Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia (DOG nº 191 do 7 de outubro de 2014). Ligazón á normativa

    • Decreto 15/2016, do 14 de xaneiro, polo que se regula a composición e o funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia e o procedemento de avaliación e selección de documentos (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2016). Ligazón á normativa

    • Resolución do 18 de abril de 2017, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se aproban e se fan públicos os criterios de avaliación para a selección, transferencia da custodia e acceso aos documentos, así como o formulario normalizado para a elaboración dos estudos de identificación e avaliación de series documentais propostos polo Consello de Avaliación Documental de Galicia na sesión do 15 de marzo de 2017 (DOG nº 90 do 11 de maio de 2017). Ligazón á normativa

    • Orde do 2 de xuño de 2020 pola que se establecen os formularios normalizados que se empregarán nos procedementos administrativos de avaliación e eliminación de documentos diante do Consello de Avaliación Documental de Galicia (DOG nº 116 do 15 de xuño de 2020). Ligazón á normativa

    • Resolución do 25 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se aproba e se fai pública a modificación do formulario normalizado para a elaboración dos estudos de identificación e avaliación de series documentais. (DOG nº 106 do 7 de xuño de 2021). Ligazón á normativa

    • Orde do 7 de xuño de 2021 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. (DOG nº 116 do 21 de xuño de 2021). Ligazón á normativa

    • Corrección de erros. Orde do 7 de xuño de 2021 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. (DOG nº 153 do 11 de agosto de 2021). Ligazón á normativa

    • Orde do 20 de agosto de 2021 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. (DOG nº 169 do 2 de setembro de 2021). Ligazón á normativa

    • Orde do 25 de agosto de 2022 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.(DOG nº 167 do 2 de setembro de 2022). Ligazón á normativa

    • Orde do 12 de xaneiro de 2023 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.(DOG nº 18 do 26 de xaneiro de 2023). Ligazón á normativa

    • Orde do 31 de xullo de 2024 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. (DOG nº 154 do 9 de agosto de 2024). Ligazón á normativa

    • Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 3 do 7 de xaneiro de 2025). Ligazón á normativa

    • Orde do 23 de xuño de 2025 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 125 do 2 de xullo de 2025). Ligazón á normativa

    • Orde do 9 de marzo de 2026 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 54 do 23 de marzo de 2026). Ligazón á normativa

    • Orde do 4 de maio de 2026 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 90 do 18 de Maio de 2026). Ligazón á normativa

    • Orde do 10 de agosto de 2026 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 156 do 19 de Agosto de 2026). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111C

Creación/modificación substancial de centros museísticos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111D

Modificación non substancial/disolución de centros museísticos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano