Guía de procedementos e servizos

CT110B

Bolsas de formación en materia de museos

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 01/03/2024 00:00 - 01/03/2024 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Convocar bolsas de formación en centros museísticos que formen parte do Sistema Galego de Centros Museísticos.

Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Dispoñer da seguinte titulación:

a) No caso de persoas solicitantes de bolsas de formación en museos, ter grao universitario ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) na que se acredite un mínimo de 75 créditos nestas materias para cada unha das especialidades seguintes:

1º. Historia da Arte.

2º. Arqueoloxía.

Para a especialidade de Arqueoloxía, para o cómputo dos 75 créditos, teranse en conta as materias de arqueoloxía, historia antiga e medieval, prehistoria, epigrafía e numismática, paleografía e diplomática, métodos e técnicas de investigación, tendencias historiográficas e similares ou a realización de másters ou cursos de especialización relacionados coa arqueoloxía cun mínimo de 30 créditos ECTS ou de 750 horas lectivas.

b) No caso de persoas solicitantes de bolsas de formación en restauración de fondos de museos, ter grao ou diplomatura universitaria en conservación e restauración de bens culturais ou equivalente, nas especialidades de:

1º. Arqueoloxía.

2º. Pintura ou escultura.

2. Acreditar coñecemento da lingua galega, nivel perfeccionamento, mediante certificado oficial Celga 4 ou equivalente.

3. Non desfrutar, con anterioridade á publicación desta convocatoria de bolsas, dun período de tempo igual ou superior a doce (12) meses destas mesmas bolsas, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Dirección Xeral de Cultura, unha vez adxudicada a bolsa.

4. Non ter emprego remunerado nin desfrutar doutra bolsa ou axuda durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.

5. Non ter sido sancionado/a por infracción cometida durante o desfrute dunha bolsa concedida para a formación en materia de museos.

6. Cada solicitante só poderá presentar unha solicitude de bolsa para unha especialidade como máximo.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

Cidade da Cultura, Monte Gaias s/n. Edificio da Biblioteca. 2º andar

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545934

Email: servizo.museos.cultura@xunta.gal

https://www.cultura.gal/gl/servizos

Dirección Xeral de Cultura

Prazo de presentación: PECHADO

31/01/2024 00:00 - 29/02/2024 23:59

01/03/2024 00:00 - 01/03/2024 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. En todo caso, sempre estarán excluídos do cómputo os sábados, domingos e os declarados festivos.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo I).

A presentación será obrigatoriamente electrónica porque de acordo co disposto tanto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, como no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, estarán obrigados a relacionarse a través dos medios electrónicos para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo os seguintes suxeitos:

Colectivos de persoas físicas respecto das cales, por razón da súa capacidade económica, técnica, dedicación profesional ou outros motivos, fique acreditado que teñen o acceso e a dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios.

As persoas solicitantes, posuidoras de grao universitario ou equivalente, dispoñen da capacidade técnica e dos medios económicos necesarios para utilizar e dispoñer dos medios electrónicos requiridos para a realización dos trámites deste procedemento administrativo.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Copia do expediente académico coas cualificacións obtidas nas diferentes materias.

b) Certificado de Celga 4 ou equivalente, non expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

c) Copia dos documentos acreditativos dos méritos alegados. Só contabilizarán aqueles méritos dos que se achegue proba documental.

d) Poder de representación da persoa representante; a representación acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración.

Neste caso a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Certificado de Celga 4 expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

d) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Atriga.

f) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Seguridade Social.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia (DOG nº 38 do 25 de febreiro de 2021).

    • Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia (DOG nº 92 do 16 de maio de 2016).

    • Corrección de erros. Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia (DOG nº 181 do 22 de setembro de 2018).

    • Orde do 5 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de museos correspondentes ao programa 2024 (DOG nº 21 do 30 de xaneiro de 2024).

    • Extracto da Orde do 5 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de museos correspondentes ao programa 2024 (DOG nº 21 do 30 de xaneiro de 2024).

    • Resolución do 7 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se publican as axudas concedidas en virtude da Orde do 5 de xaneiro de 2024 pola que establecen as bases reguladoras das bolsas de formación en materia de museos e se convocan as correspondentes ao programa 2024 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro) (DOG nº 116 do 17 de xuño de 2024).

Outros procedementos relacionados

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT113A

Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano