Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT110B
Bolsas de formación en materia de museos
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
- Por medio da presente orde establécense as bases reguladoras do procedemento CT110B bolsas de formación en materia de museos, e procédese á convocatoria do Programa 2020 en museos propios e xestionados pola Consellería de Cultura e Turismo.
- O persoal bolseiro realizará a súa actividade en diversos museos propios e xestionados, e na Subdirección Xeral de Arquivos e Museos da Consellería de Cultura e Turismo. Serán tutelados, dirixidos e coordinados polos servizos técnicos da Dirección Xeral de Políticas Culturais.
- As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, concorrencia, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
- A formación comprende unha parte teórica e unha parte práctica que será impartida por persoal técnico da Dirección Xeral de Políticas Culturais.
- O número de bolsas convocadas será de oito (8), que se adxudicarán de acordo co baremo indicado no artigo 9 desta convocatoria. Das oito (8) bolsas convocadas farase unha reserva de tres (3) bolsas destinadas exclusivamente a persoas graduadas ou con titulación equivalente que rematasen os estudos no curso 2014/15 ou posteriores. No caso de quedar deserta a reserva de praza nalgunha das especialidades, acudirase á listaxe na modalidade xeral da especialidade correspondente.
- As bolsas terán unha duración de 6 meses, contados a partir da data de incorporación que estableza a Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, de acordo co centro de destino.
Poderán ser persoas beneficiarias destas bolsas os/as solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos
Servizo de Centros Museísticos
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545934
Prazo de presentación: PECHADO
13/03/2020 00:00 - 13/04/2020 23:59
05/05/2020 00:00 - 02/06/2020 23:59
Ábrese o prazo de solicitudes ata o 02-06-2020, nos termos previstos na Resolución do conselleiro de Cultura e Turismo.
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes. En todo caso, sempre estarán excluídos do cómputo os sábados, os domingos e os declarados festivos.
Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Dispoñer da seguinte titulación:
a) No caso de persoas solicitantes de bolsas de formación en museos, ter grao universitario ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) en que se acredite un mínimo de 100 créditos nestas materias para cada unha das especialidades seguintes:
1º. Historia da arte.
2º. Arqueoloxía.
b) No caso de persoas solicitantes de bolsas de formación en restauración de fondos de museos, ter grao ou diplomatura universitaria en conservación e restauración de bens culturais ou equivalente, nas especialidades de:
1º. Arqueoloxía.
2º. Pintura ou escultura.
2. Acreditar dominio da lingua galega, nivel de iniciación, mediante certificación oficial ou certificado Celga 3.
3. Non desfrutar destas bolsas con anterioridade á publicación da respectiva convocatoria, nun período de tempo igual ou superior a doce (12) meses, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Dirección Xeral de Políticas Culturais, logo de iniciado o período de vixencia.
4. Non ter emprego remunerado nin desfrutar doutra bolsa ou axuda durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.
5. Non ter sido sancionada/o por infracción cometida durante o desfrute dunha bolsa concedida para a formación en materia de museos.
6. Cada solicitante só poderá presentar unha solicitude de bolsa para unha especialidade como máximo.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (anexo I).
Consonte o artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 10.2 da Lei 4/2019, de administración dixital de Galicia, poderase establecer a obriga de relacionarse a través dos medios electrónicos co sector público autonómico para determinados procedementos e certos colectivos de persoas físicas respecto dos cales, por razón da súa capacidade económica, técnica, dedicación profesional ou outros motivos, quede acreditado que teñen o acceso e a dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios.
No caso específico da presente orde pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento CT110B bolsas de formación en materia de museos, concorren as circunstancias indicadas no parágrafo anterior ao tratarse de solicitantes con formación universitaria que teñen acceso e dispoñen dos medios electrónicos necesarios para relacionarse por este medio co sector público autonómico.
- Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
- Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación ordenada segundo as alíneas do artigo 9:
a) Copia do expediente académico coas cualificacións obtidas nas diferentes materias.
b) Certificado de Celga 3 ou equivalente non expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
c) Copia dos documentos acreditativos dos méritos alegados. Só contabilizarán aqueles méritos dos que se achegue proba documental.
d) Poder de representación da persoa representante; a representación acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
2. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que haxa que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) Certificado do Celga 3 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
c) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
d) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Atriga.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 20 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de museos correspondentes ao Programa 2020 (DOG nº 49 do 12 de marzo de 2020).
-
Extracto da Orde do 20 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de museos correspondentes ao Programa 2020 (DOG nº 49 do 12 de marzo de 2020).
-
Resolución do 30 de xuño de 2020 pola que se publica a relación das/dos beneficiarias/os e o importe das bolsas concedidas en virtude da Orde do 20 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das bolsas de formación en materia de museos correspondentes ao Programa 2020. (DOG nº 138 do 13 de xullo de 2020)
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano