Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS614B
Programa Respiro Familiar.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Política Social e Igualdade
A concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a persoas coidadoras dentro do programa Respiro familiar para persoas coidadoras para o exercicio 2025 así como proceder á súa convocatoria.
Poderán ser beneficiarias das axudas económicas deste programa aquelas persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.
Cada persoa atendida dá lugar a unha única axuda que pode ser compartida por dúas ou máis persoas coidadoras. Neste caso, a axuda repartirase proporcionalmente ao gasto xustificado por cada unha das persoas coidadoras.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña
Servizo de Dependencia da Coruña
Concepción Arenal, nº 7 - 9
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881528/ 881881951/ 881881038/ 881881536
Email: dependencia.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo
Servizo de Dependencia de Lugo
Rúa Serra de Ancares, nº 68 baixo
27003 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294444/ 982294051
Email: infodependencia@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense
Servizo de Dependencia de Ourense
Rúa Sáenz Díez, 33
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386146/ 988386049
Email: dependencia.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo
Servizo de Dependencia de Vigo
Praza da Estrela, s/n - 3º Andar
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817218
Email: dependencia.vigo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria
Subdirección Xeral de Envellecemento Activo, Prevención da Dependencia e Innovación Sociosanitaria
Servizo de Envellecemento Activo e Prevención da Dependencia
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999183/ 881995965/ 881995791
Email: subxeaiss.politicasocial@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
21/05/2025 00:00 - 15/10/2025 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 15 de outubro de 2025.
Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
1. Para que a persoa coidadora sexa beneficiaria da subvención é necesario que concorran os seguintes requisitos:
a) Que a persoa coidadora solicitante da subvención e a persoa ou persoas que ela atenda sexan residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que a persoa que se atende se encontre nalgunha das seguintes situacións:
1º. Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %.
2º. Ter recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente no graos II ou III.
3º. Que a persoa que se atende, no caso de non encontrarse nas situacións enumeradas nos ordinais anteriores, presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.
2. Ademais, as persoas coidadoras, para seren beneficiarias da subvención, teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
2. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As persoas coidadoras solicitantes da subvención deberán achegar, xunto co anexo I de solicitude, a seguinte documentación:
a) Anexo II, relativo á comprobación de datos de terceiras persoas interesadas da persoa con discapacidade ou dependente ou con necesidade de terceiras persoas para as actividades da vida diaria.
b) Informe social emitido pola rede pública segundo o modelo do anexo III ou no modelo unificado (ISU) relativo á persoa dependente, só naqueles casos en que non exista recoñecemento de grao de dependencia ou que variasen as circunstancias desde a valoración da dependencia.
c) Copia do contrato de prestación de servizos para a modalidade de Respiro en residencia, asinado pola entidade responsable da residencia e pola persoa solicitante.
d) Copia do contrato asinado coa entidade prestadora do servizo de axuda no fogar ou contrato ou ampliación do contrato do persoal legalmente habilitado con formación específica en atención a persoas con necesidades especiais para a modalidade de Respiro no fogar e asinado pola persoa solicitante.
e) Copia do contrato de prestación de servizos para a modalidade de Respiro en centro de día, asinado pola entidade responsable do centro de día e asinado pola persoa solicitante.
f) Informe médico relativo á persoa dependente segundo o modelo do Servizo Galego de Saúde, só naqueles casos en que non exista recoñecemento do grao dependencia.
g) Declaración responsable da persoa coidadora da situación de respiro ou descanso persoal.
h) Certificado do grao de discapacidade da persoa dependente se non foi expedido pola Xunta de Galicia.
i) Declaración responsable ou documento que acredite oficialmente a situación ou vínculo familiar da persoa coidadora solicitante da subvención coas persoas atendidas.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada que os achegue.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no punto anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
3. Ademais, na epígrafe correspondente do anexo I farase constar:
a) O conxunto de todas as axudas concedidas para a mesma finalidade que a solicitada ao abeiro desta orde.
b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan coa solicitude son certos.
c) Que non se está incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención das axudas previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
d) Que se está ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración xeral do Estado e coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme o artigo 10.2.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 9 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Que se está ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
f) Que a persoa solicitante se compromete a manter o cumprimento destes requisitos durante o período de tempo en que perciba esta subvención e a comunicar inmediatamente cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.
A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.
4. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio de expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Documento nacional de identidade (DNI)/número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa coidadora solicitante da subvención e da persoa dependente ou con discapacidade atendida.
b) Documento nacional de identidade (DNI)/número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa representante.
c) Consulta de datos de residencia con data da última variación do padrón da persoa coidadora solicitante da subvención e da persoa dependente ou con discapacidade atendida.
d) Consultarase, ademais, o certificado do grao de discapacidade cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o certificado do grao de discapacidade da persoa dependente atendida expedido pola Xunta de Galicia.
e) Certificado de que a persoa solicitante está ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración da comunidade autónoma de Galicia.
f) Certificado de que a persoa solicitante está ao día do pagamento coa Seguridade Social.
g) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas tributarias coa AEAT.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente (anexo I e anexo II), e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Solicitude de pagamento (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 2 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 95 do 20 de maio de 2025).
-
Extracto da Orde do 2 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 95 do 20 de maio de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade
Aberto todo o ano
Traslado en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.
Aberto todo o ano
Solicitude de estancias temporais nos servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.
Aberto todo o ano
Expedición da tarxeta acreditativa do grao de discapacidade (nova tarxeta)
Aberto todo o ano