Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS419A
Prazas en residencias de tempo libre.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Política Social e Igualdade
Adxudicar estadías e servizos para o ano 2024 nas residencias de tempo libre de Panxón e do Carballiño, sitas nas localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense), respectivamente, e adscritas á Consellería de Política Social e Xuventude.
Poderán ser beneficiarias todas as persoas integrantes dunha unidade familiar que teñan a súa residencia en territorio español. Igualmente, poderán acollerse a esta orde os galegos e galegas residentes no exterior
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense
Avda. da Habana, nº 79
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386196
Fax: 988386838
Email: politicasocialourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense
Residencia de Tempo Libre do Carballiño
Avda. do Parque
32500 Carballiño, O (Ourense)
Teléfono: 988788111
Fax: 988788117
Email: rtlcarballino@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 886218502
Fax: 986817637
Email: xefaturapoliticasocial.vigo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica Vigo
Residencia de Tempo libre de Panxón
Rúa Cansadoura, nº 2 (Patos)
36350 Nigrán (Pontevedra)
Teléfono: 886120694
Fax: 886120706
Email: rtlpanxon@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
12/04/2024 00:00 - 25/04/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles. Este prazo comezará a computar desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgunha das dúas convocatorias anteriores.
Solicitudes,
1. Cada unidade familiar poderá solicitar, a través da persoa maior de idade que a represente, as estadías e servizos para calquera das dúas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Política Social e Xuventude e para unha ou varias quendas que se detallan no anexo III, para o que debe achegar a solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo I.
Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar a formada pola/s persoa/s adulta/s e, de ser o caso, as fillas e os fillos e persoas maiores que convivan de xeito permanente ou temporal, coa persoa solicitante.
Así mesmo, terán a consideración de fillos e fillas as persoas en situación de garda con fins adoptivos e en acollemento familiar.
2. Presentarase unha única solicitude por unidade familiar na que se indicará a orde de preferencia no desfrute das estadías e servizos nas residencias. A dita solicitude dirixirase á Xefatura Territorial de Ourense no caso de que figure como primeira opción a residencia de tempo libre do Carballiño e á Xefatura Territorial de Vigo, no caso de que figure como primeira opción a residencia de tempo libre de Panxón. No caso de que se soliciten estadías e servizos para ambas as residencias, resolverá a xefatura territorial correspondente á cada unha delas.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formular normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas solicitantes que representen á unidade familiar, deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Copia do/dos libro/s de familia ou certificación de nacemento do rexistro civil de cada unha das/dos fillas ou fillos que se beneficien da estadía.
b) Certificado de convivencia ou de empadroamento conxunto de todas as persoas integrantes da unidade familiar. Estes xustificantes deberán ter unha antigüidade máxima de 6 meses.
c) Copia da resolución administrativa de garda con fins adoptivos ou acollemento familiar, de ser o caso, só no suposto de ser expedida por outra Administración pública.
d) Certificado de discapacidade das persoas solicitantes e/ou dos/das acompañantes, de ser o caso, só no suposto de ser expedido por outra Administración pública, para efectos de aplicar os descontos previstos na normativa que regula os prezos públicos.
e) Copia do certificado de monoparentalidade, de ser o caso, só no suposto de ser expedido por outra Administración pública.
f) Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero da persoa solicitante por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
g) Anexo II, sobre comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, se é o caso.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante a consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electrónicamente a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos na forma establecida no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultarase automaticamente o documento nacional de identidade ou número de identificación de estranxeiros da persoa solicitante e da persoa que o represente, se é o caso, así como dos demais membros da unidade familiar, agás que a persoa interesada se opoña a esta consulta.
2. Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Título de familia numerosa.
b) Certificado de discapacidade expedido pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa solicitante e/ou dos/das acompañantes.
c) Resolución administrativa de garda con fins adoptivos ou acollemento familiar expedida pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Certificado acreditativo da condición de familia monoparental expedido pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I, ou no anexo II, se é o caso, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 27 de marzo de 2024 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería no ano 2024 (DOG nº 71 do 11 de abril de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Novo ingreso en escolas infantís 0-3.
Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59
Programa de axudas a través da tarxeta Benvida.
Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 31/03/2026 23:59
Novo ingreso en escolas infantís 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59
Título de familia numerosa / Carné familiar.
Aberto todo o ano