Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS324D
Programa Xuventude Mentoring na empresa
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Entidades locais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Establecer o procedemento de concesión de subvencións para a posta en marcha de programas de estadías formativas para persoas mozas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia (programa Xuventude Mentoring na Empresa 2025).
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde:
a) As entidades privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas, domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia e que desenvolvan actividades no eido da mocidade e/ou do emprego, e cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.
b) Os concellos galegos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este, así como as entidades resultantes da fusión de concellos a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.
Así mesmo, aqueles concellos que, sen constituíren mancomunidade, acorden desenvolver programas conxuntos de actuación, poderán solicitar as subvencións que regula esta orde, de conformidade co acordo do Consello da Xunta de Galicia con data do 28 de febreiro de 2013, polo que se determinan os criterios aplicables ás subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal. Neste suposto, todos os concellos quedarán obrigados solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención.
Será requisito para a concesión da subvención que a entidade local solicitante ou entidades locais no caso de solicitudes presentadas por agrupación de concellos cumprisen coa súa obriga de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do último exercicio a que estean obrigadas.
2. Para os efectos de lograr unha mellor e máis ampla distribución do importe da convocatoria, unha mesma entidade non poderá presentar máis dunha solicitude.
Así mesmo, ningún concello ou entidade local dos sinalados no número anterior poderá:
a) Presentar a solicitude de subvención no suposto de que a entidade local en que estea integrado ou da cal dependa a presentase.
b) Figurar en máis dunha solicitude colectiva.
c) Figurar nunha solicitude colectiva e subscribir outra individual.
O incumprimento destas obrigas dará lugar á non admisión de todas as solicitudes individuais de subvención subscritas pola entidade de que se trate, dando validez á solicitude realizada de forma conxunta. No caso de figurar en máis dunha solicitude conxunta, non será admitida ningunha delas.
3. Serán excluídas as entidades solicitantes que se encontren nalgunha das situacións de prohibición recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións aquelas entidades que non se atopen ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, ou teñan pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude
Servizo de Programas e Mobilidade Xuvenil
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544645
Email: programas.xuventude@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
31/01/2025 00:00 - 28/02/2025 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
As persoas mozas que formen parte dos programas de estadías formativas-programa Xuventude Mentoring na Empresa deberán cumprir os seguintes requisitos na data en que realice a súa selección a entidade beneficiaria da subvención:
a) Ter feitos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do SNGX, de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.
b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
c) Estar inscritas no SNGX e figurar como persoas beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Para resolver as dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou no caso de máis información durante o proceso de obtención dos formularios e da súa presentación por vía electrónica, as persoas interesadas poderán facer as súas consultas ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal
Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no correo electrónico programas.xuventude@xunta.gal
Documentación complementaria
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Memoria explicativa do programa, no modelo que se publica como anexo II para cada procedemento, que deberá facer referencia aos seguintes aspectos:
– Descrición do programa e das súas fases.
– Horas de formación que se van impartir.
– Actividades, sectores e ámbito territorial en que se pretende actuar.
– Relación recursos humanos propios de que dispón a entidade solicitante en que se especifiquen as condicións daqueles, con indicación dos que se van afectar para levar a cabo as accións propostas.
No caso de que a entidade beneficiaria solicitante da subvención non teña medios humanos suficientes, expresarase o número de persoas que se contratarán con indicación da xornada que desenvolverán e o compromiso expreso de enviar a relación dos recursos humanos propios indicada no parágrafo anterior en canto se realice a contratación.
– Experiencia da entidade solicitante nos últimos tres anos en programas de mellora da empregabilidade para persoas mozas.
b) Se é o caso, anexo/s IV acordo das entidades beneficiarias coas empresas/entidades para a realización das estadías formativas en Galicia, debidamente asinado/s.
c) Acreditación da persoa que, en nome e representación da entidade, asina a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolución, mandato, certificado expedido polo secretario ou secretaria, ou acta, onde se determine a dita representación.
d) Documentación acreditativa da personalidade xurídica da entidade solicitante mediante copia da escritura de constitución e dos estatutos da entidade solicitante, onde conste que dispón de personalidade xurídica e carece de fins lucrativos. Quedan exceptuadas da presentación destes documentos as entidades locais, agás que concorran en agrupación de concellos constituída a través dun convenio de colaboración, suposto en que deberán achegar copia do devandito convenio.
e) Acreditación da persoa representante da entidade de que a entidade conta con capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da subvención.
f) Para o caso de agrupacións de concellos baixo calquera modalidade: anexo I-bis pluralidade de entidades locais solicitantes, no caso de agrupacións de concellos ou mancomunidades de concellos, todos os concellos integrantes deberán cubrilo, copia do convenio de colaboración, memoria explicativa da realización conxunta do proxecto con indicación das achegas económicas ou doutra índole dos concellos agrupados, así como o nomeamento da persoa representante ou apoderada única da agrupación, de acordo co exixido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Ademais, cada un dos concellos da agrupación deberá presentar unha declaración, asinada pola persoa representante legal de cada un deles, en que se recolla o conxunto de todas as axudas ou subvencións, solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade polas distintas administracións públicas competentes ou entes públicos estatais ou internacionais, segundo o modelo que aparece no anexo I.
g) Certificación da persoa que exerza a secretaría da entidade local ou entidades locais de ter remitido ao Consello de Contas as contas xerais do último exercicio.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximo establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a entidade interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF de cada unha das entidades locais que integran a agrupación de concellos.
d) DNI/NIE da persoa representante de cada entidade que integra a agrupación de concellos.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria da entidade solicitante e de cada unha da entidades locais integrantes da agrupación de concellos.
f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da entidade solicitante e de cada unha da entidades locais integrantes da agrupación de concellos.
g) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia da entidade solicitante e de cada unha da entidades locais integrantes da agrupación de concellos.
h) DNI/NIE da persoa moza participante.
i) Certificado de residencia con data da última variación padroal da persoa moza participante.
j) Comprobación de estar inscrito/a e ser persoa beneficiaria no SNGX da persoa moza participante.
k) Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
Certificado de discapacidade da persoa moza cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesada a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar logo da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de Aceptación
- Renuncia o aceptación da subvención (Anexo III)
- Acordo das entidades beneficiarias coas empresas/entidades para a realización das estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos (Anexo IV)
- Resultados do proceso selectivo (Anexo V)
- Fase de xustificación
- Certificación da empresa/entidade de destino das estadías formativas (Anexo VII)
- Proba de asistencia diaria ás estadías formativas (Anexo IV-bis)
- Documentación do Plan Formativo Complementario en Habilidades e Competnecias para O emprego Realizadas coa Persoa Moza Participante e das Actividades de Orientación Laboral Realizadas (Anexo VIII)
- Memoria descriptiva das actividades realizadas (Anexo VI)
- Acordo das entidades beneficiarias coas empresas/entidades para a realización das estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos (Xustificación) (Anexo IV)
- Resultados do proceso selectivo (Xustificación) (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 8 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 20 do 30 de xaneiro de 2025).
-
Extracto da Orde do 8 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 20 do 30 de xaneiro de 2025).
-
Orde do 10 de abril de 2025 pola que se modifica a Orde do 8 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, dirixidas ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 77 do 23 de abril de 2025).
-
Resolución do 10 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica a Resolución do 9 de abril de 2025, de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 77 do 23 de abril de 2025).
-
Resolución do 26 de maio de 2025 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 8 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa) (DOG nº 102 do 30 de maio de 2025).
-
Resolución do 2 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica a Resolución do 30 de maio de 2025 de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa) (DOG nº 110 do 11 de xuño de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Incorporación ao consello asesor e consultivo de xuventude de Galicia.
Aberto todo o ano
Certificado de experiencias de educación non formal en materia de xuventude.
Aberto todo o ano
Subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa servizo de voluntariado xuvenil.
Prazo pechado: 16/01/2025 00:00 - 17/02/2025 23:59
Axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases A2, B.
Prazo pechado: 25/08/2025 09:00 - 25/09/2025 20:00