Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS319A
Carné Xove
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
O carné xove é unha tarxeta gratuíta, persoal e intransferible que permite á mocidade galega desfrutar de múltiples vantaxes e descontos en diferentes servizos, eventos culturais, deportivos etc. Pode empregarse nas entidades colaboradoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao Carné Xove Europeo.
Este carné ten as seguintes características:
Persoal e intransferible.
Gratuíto (non está suxeito ao pago de ningunha taxa).
Homologado cos existentes no resto das Comunidades Autónomas e nos países europeos adheridos ao programa.
É válido indefinidamente desde a data de expedición ata que se cumpran os 31 anos (sen necesidade de renovación).
Está dirixido a todas as persoas que se atopen entre os 12 e os 30 anos, ambos incluídos.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:
- Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.
Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:
- Persoas xurídicas.
- Entidades sen personalidade xurídica.
- Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
- Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
- Traballadores e traballadoras autónomos.
- Estudantes universitarios.
- Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.
Tramitar en liña
A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina.
Para presentar a solicitude en liña:
- Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
- Identifícate electronicamente.
- Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.
Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
Tramitar presencialmente
Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.
Podes presentar a solicitude en:
- As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
- As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
- As oficinas de Correos.
- As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
- Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.
As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en:
A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.
A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.
Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.
Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.
Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.
Documentación
No caso de querer solicitar o carné xove debe achegarse a solicitude cuberta segundo o Anexo I. Pódese acceder a esta solicitude nesta pestana de presentación na icona “Tramitar en liña”. Ou descargar a solicitude presencial.
Ademais, para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente por parte da Administración os seguintes documentos:
Fotocopia do DNI ou NIE da persoa solicitante. (No caso de non autorizar a consulta, debe presentarse).
Presentación dixital
Para realizar este trámite por medios electrónicos necesitas dispor dun dos sistemas de sinatura recoñecidos pola Comunidade Autónoma de Galicia (Chave365, DNIe, Certificado dixital).
Pulsa Tramitar en liña e segue os seguintes pasos:
Prepara a documentación que vaias achegar coa túa solicitude.
Cubre o formulario cos teus datos (se non rematas queda gardado en borradores).
Anexa a documentación na seguinte pestana.
Asina o formulario e despois podes obter o recibo acreditativo.
Presentación presencial
Pulsa en “solicitude presencial” e segue os pasos que se mostran a continuación:
Cubre o formulario e asínao.
Unha vez cuberto podes presentalo en calquera dos lugares habilitados segundo a Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas (oficinas de rexistro, oficinas de correos, representacións diplomáticas e consulares).
Anexos
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
- Anexo II
Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?
Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Desde a Carpeta cidadá podes:
- Consultar o estado do teu expediente.
- Acceder á documentación.
- Realizar os trámites que estean dispoñibles.
Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites).
Podes consultar a localización destas oficinas en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en:
Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Instituto da Xuventude de Galicia
Edificio Administrativo San Lázaro, planta 0
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 540 122/ 981 544 926
Email: carne.xove@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Servizo de Información Xuvenil
Ramón Piñeiro, 17-19
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881 997 605/ 881 997 606
Email: informacion.xuventude@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña
Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña
Edificio administrativo Monelos. Rúa Vicente Ferrer, nº2, 3º andar
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881 881 238/ 881 881 240
Email: xuventudecoruna.benestar@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982 294 224/ 982 294 599
Fax: 982 294 339
Email: xuventudelugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense
Celso Emilio Ferreiro, 27
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988 386 117/ 988 386 118
Fax: 988 386 119
Email: servizo.xuventude.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo
Praza da Estrela, s/n 1ª planta
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986 817 078/ 986 817 079
Fax: 986 817 082
Email: xuventude.voluntariado.vigo@xunta.gal
Órgano responsable
-
Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015). Ligazón á normativa
-
Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia (DOG nº 139 do 20 de xullo de 2012). Ligazón á normativa
-
Decreto 115/2026, do 13 de outubro, polo que se desenvolve o título II da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia (DOG nº 209 do 2 de novembro de 2026). Ligazón á normativa
Outros procedementos relacionados
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano
Incorporación ao consello asesor e consultivo de xuventude de Galicia.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Indemnizacións para vítimas de violencia de xénero.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Prazo aberto: 08/01/2026 00:00 - 01/12/2026 23:59
Selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica de acordo coa LORPM nos centros para o cumprimento de medidas xudiciais privativas de liberdade do Complexo Montealegre (Ourense).
Prazo pechado: 26/01/2023 00:00 - 22/02/2023 23:59