Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS213A - Selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica de acordo coa LORPM nos centros para o cumprimento de medidas xudiciais privativas de liberdade do Complexo Montealegre (Ourense).
1. A presente convocatoria ten por obxecto establecer o proceso para a selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación de Monteledo e no centro de atención específica de Montefiz, do complexo de Montealegre en Ourense. Así mesmo, incluirá a atención dos fillos e fillas menores de tres anos que convivan coas súas nais internadas, de acordo co disposto na letra n) do número 2 do artigo 56 da citada lei, e no artigo 34 do Real decreto 1774/2004, do 30 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.
No marco do disposto na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, así como na Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código penal, o termo «persoa menor» entenderase extensivo á totalidade daquelas persoas ás cales lles sexa aplicable algunha medida derivada da dita Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, independentemente de que alcanzaran ou non a maioría de idade no momento da execución, de acordo co uso que do dito termo se dá na antedita lei.
2. O procedemento terá o código BS213A para os efectos de identificación na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) e o acceso ao formulario de inicio específico, de uso obrigatorio para as entidades interesadas.
Finalidade e obxectivos da convocatoria
1. Seleccionarase unha entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade no centro de reeducación de Monteledo e no centro de atención específica de Montefiz, do complexo de Montealegre en Ourense, de xeito que quede garantida a execución das seguintes medidas:
a) Internamento en réxime aberto, semiaberto ou pechado, tanto preventivas como firmes.
b) Internamento terapéutico en réxime aberto, semiaberto e pechado (tanto preventivas como firmes).
c) Permanencia fin de semana no centro.
2. As necesidades que se tratan de satisfacer a través do convenio son as seguintes:
a) Dar cumprimento ás medidas xudiciais privativas de liberdade impostas polos xulgados de menores, incluídas as obrigas que, de xeito accesorio, a/o xuíza/xuíz asocie ao período de efectivo internamento.
b) Proporcionar unha atención residencial integral e continuada ás persoas menores internadas, que dea cobertura ás necesidades de alimentación, lavandaría, limpeza e mantemento das instalacións, de xeito que se asegure unha atención residencial de calidade.
c) Levar a cabo unha intervención educativa integral e terapéutica dirixida á súa inserción social.
d) Garantir a vixilancia no centro.
e) Garantir a saúde das persoas menores e facilitar a atención sanitaria nos supostos previstos na normativa aplicable.
f) Garantir os dereitos dos menores internados recoñecidos no artigo 56 da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro.
3. Os equipamentos do Complexo Montealegre en Ourense a que se refire a presente convocatoria son:
a) Centro de reeducación de Monteledo, con trinta e sete prazas autorizadas.
Vinte e cinco destas prazas destinaranse á execución das medidas de internamento en réxime aberto, semiaberto ou pechado, tanto preventivas como firmes, así como de permanencia fin de semana en centro.
As doce prazas restantes conformarán unha unidade de atención específica para o cumprimento das medidas de internamento terapéutico en réxime aberto, semiaberto e pechado.
Excepcionalmente, en ausencia de medidas de internamento terapéutico en réxime aberto, semiaberto ou pechado, a dita unidade de atención específica destinarase ao cumprimento das medidas de internamento en réxime aberto, semiaberto ou pechado, tanto preventivas como firmes, e permanencia fin de semana.
b) Centro de atención específica de Montefiz con vinte e tres prazas autorizadas.
Neste centro levarase a cabo a execución das medidas de internamento terapéutico en réxime aberto, semiaberto ou pechado, tanto preventivas como firmes.
4. Para levar a cabo a execución das medidas xudiciais, a Xunta de Galicia cederá o uso á entidade seleccionada con que se formalice o instrumento convencional dos inmobles sitos no complexo Montealegre en Ourense correspondentes ao centro de reeducación Monteledo e ao centro de atención específica Montefiz por un período de tempo igual á duración do convenio e das súas posibles prórrogas.
A cesión de uso dos bens inmobles así como dos bens mobles de que dispoñen os centros axustarase ao establecido na Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. Entenderase outorgada, en todo caso, coa excepción do dereito de propiedade e sen prexuízo de dereitos de terceiras persoas. A utilización dos centros pola entidade colaboradora terá un mero carácter instrumental para a execución da actividade conveniada e queda circunscrita á súa vixencia, sen que se poida alegar dereito ningún, nin usarse para outro fin distinto do previsto.
O equipamento e os bens mobles necesarios de que dispoñen os centros estarán identificados e relacionados con carácter de inventario nun anexo á disposición das entidades interesadas no procedemento, que se anexará ao convenio que se asine no seu día.
5. No desenvolvemento da actividade conveniada, a entidade debe cumprir de forma estrita a normativa aplicable, así como as circulares que resulten de aplicación e, en particular, a título meramente enunciativo:
a) Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.
b) Real decreto 1774/2004, do 30 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.
c) Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
d) Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
e) Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia.
f) Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
g) Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.
h) Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia.
i) Orde do 1 de agosto de 1996 pola que se regulan os contidos mínimos do regulamento de réxime interior e o proxecto educativo dos centros de atención a menores.
j) Circular nº 1 do 29 de xaneiro de 2021, en que se establece o procedemento das actuacións para a execución das medidas xudiciais de internamento acordadas polos xulgados de menores.
Así mesmo, serán de aplicación cantas outras disposicións lexislativas e regulamentarias relacionadas coa actividade obxecto de execución sexan de aplicación, así como aquelas que entren en vigor durante o período de execución do convenio e sexan de aplicación.
Poderán participar no procedemento de selección as entidades privadas sen ánimo de lucro cuxos fins, obxecto ou ámbito de actividades teñan relación directa co obxecto do convenio segundo os seus estatutos ou regras fundacionais e figuren inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social e Xuventude na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. O cumprimento deste requisito será comprobado de oficio pola Administración convocante.
Deberán dispoñer dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución das medidas privativas de liberdade nos termos establecidos no convenio e na normativa de aplicación.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia
Servizo de Xustiza Penal Xuvenil
San Caetanoi, s/n
Teléfono: 981545761/ 881999356
Email: dxfamilia.politicasocial@xunta.gal
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Resolución do 11 de xaneiro de 2023 pola que se convoca o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación de Monteledo e no centro de atención específica de Montefiz do complexo de Montealegre en Ourense (DOG nº 17 do 25 de xaneiro de 2023).
Resolución do 6 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 2 de marzo de 2023 pola que se declara deserto o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación de Monteledo e no centro de atención específica de Montefiz do complexo de Montealegre en Ourense (DOG nº 66 do 4 de abril de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
26/01/2023 00:00 - 22/02/2023 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será de 20 días hábiles contado a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Os sábados e festivos considéranse inhábiles para todos os efectos.
Presentación de solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, que corresponde co anexo III, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave 365).
2. Na solicitude, anexo III, asinada polo/a representante da entidade, deberán figurar datos identificativos e acreditativos de determinados aspectos sinalados nesta resolución e demais normativa aplicable:
a) Identificación da persoa solicitante, da persoa que a represente, enderezo para notificacións, datos bancarios e identificación da persoa para as funcións de coordinación e comunicación.
b) Declaracións sobre:
1º. Subscrición para o centro, das seguintes pólizas de seguros:
1º.1. Póliza de seguros que cubra os danos e sinistros que se produzan nos locais, instalacións ou bens, aparellos e materiais afectos ao servizo.
1º.2. De responsabilidade civil que cubra:
1º.2.1. Os danos que puidese sufrir calquera persoa, en si mesma ou nos seus bens, e que deriven do funcionamento do centro ou instalacións en que se leva a cabo a atención residencial e a intervención educativa integral.
1º.2.2. Os danos que puidesen ser causados a terceiras persoas e aos seus bens polos/as profesionais e, en xeral, por calquera persoa dependente do centro ou entidade, incluídos os actos derivados de actividades relacionadas coa actividade conveniada, realizadas por calquera das persoas anteriormente citadas, tanto dentro como fóra das instalacións.
1º.2.3. Os danos que puidesen ser causados a terceiras persoas e aos seus bens polas persoas menores atendidas, tanto dentro como fóra das instalacións.
A suma asegurada deberá ser dun mínimo de 300.000,00 € por sinistro e por anualidade e equipamento.
1º.3. De accidentes de menores residentes no centro, causados tanto no interior do centro e instalacións anexas, como nos desprazamentos e actividades realizadas no exterior do centro.
A suma asegurada deberá ser dun mínimo de 20.000,00 € por persoa por falecemento e 50.000,00 € por invalidez permanente, incluír a asistencia médica ilimitada e cubrir os gastos sanitarios e de enterramento.
2º. Adscrición á execución das medidas dos medios persoais e materiais precisos para a súa boa execución, e, en todo caso, os indicados na memoria que se adxunta como documentación complementaria.
3º. Condicións do cadro de persoal que vai desempeñar as súas funcións nos centros: inexistencia de sentenza firme pola comisión de delito contra a liberdade e indemnidade sexual que inclúe a agresión e o abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos, en aplicación do artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil.
c) Indicación da documentación complementaria que se xunta e, se é o caso, constancia dos datos relativos a documentos achegados anteriormente con indicación do tipo, órgano administrativo ante o que se presentou, código de procedemento e data de presentación e/ou manifestación da oposición á consulta dos documentos sinalados no punto sexto.
Documentación complementaria
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Escritura ou documento de constitución, estatutos en que conste a finalidade e as normas polas que se regula a entidade na súa actividade, así como as súas modificacións, se as houbese, inscritos no correspondente rexistro oficial cando isto fose exixible conforme a normativa que lle sexa aplicable.
b) Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade para o caso de que esta se atribúa a persoa distinta á que figura no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social e Xuventude.
c) Certificación/s expedida/s pola entidade pública acreditativa/s da experiencia da entidade en programas con menores que se atopen baixo unha medida de protección por parte da administración pública ou que deban cumprir medidas xudiciais ao abeiro da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, no caso de que se trate doutra administración pública distinta da Administración autonómica galega.
d) Proxecto de intervención educativa para cada centro coa estrutura e contidos mínimos determinados no punto 1.8 do anexo II. No dito proxecto incluiranse, se é o caso, os programas que, a maiores, presente a entidade para a súa valoración.
O proxecto de intervención educativa do centro Monteledo debe recoller, a existencia dunha unidade de atención específica para o cumprimento das medidas de internamento terapéutico, atendendo ás súas características singulares.
e) Memoria en que se indiquen os recursos humanos e materiais con que contará a entidade en cada centro para a execución das medidas de acordo co previsto no punto 2 do anexo II.
Na dita memoria figurarán, así mesmo, se é o caso, os medios materiais e persoais que, a maiores, presente a entidade en cada centro para a súa valoración, con indicación nestes últimos do número de horas anuais que prestará cada profesional.
f) Plan de formación continua do persoal co contido indicado no punto 3 do anexo II.
g) Memoria descritiva dos proxectos de investigación en que participe a entidade, relacionados coa intervención educativa e/ou terapéutica que se leva a cabo nos centros para o cumprimento de medidas privativas de liberdade, avalados por universidades e outros organismos públicos de investigación, se é o caso.
h) Proposta desagregada dos gastos totais derivados da execución da actividade obxecto de convenio, asinada polo responsable da entidade, cuxo importe en ningún caso poderá superar o previsto na presente convocatoria.
A dita proposta diferenciará para cada un dos centros entre gastos de persoal, gastos da seguridade, gastos de funcionamento do centro e gastos das persoas menores internadas.
2. De conformidade co artigo 28.3 da lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requeriráselle para que a enmende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerárase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificado sobre cumprimento de obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
f) Certificación acreditativa da implantación dun plan de igualdade.
g) Resolución de recoñecemento da Marca Galega de Excelencia en Igualdade.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio ao achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña).
Participación na convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección.
Participación na convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do Programa de avaliación e tratamento terapéutico a menores en situación de risco ou desamparo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Participación na convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do “Programa Integración Familiar”, cofinanciado polo Fondo Social Europeo plus no marco do ProgramaFSE+ Galicia 2021-2027.
Participación na convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, de prazas de atención de día dirixidas a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección.
Participación na convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do “Programa espazos de preservación familiar”, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.