Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS213N - Participación na convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a execución de programas de acollemento residencial en centros de protección á infancia e á adolescencia, dirixidos a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección.
A prestación a aquelas nenas, nenos ou adolescentes con medida de protección pola Xunta de Galicia dos servizos de acollemento residencial en centros de protección á infancia e á adolescencia co obxectivo de dar resposta ás súas necesidades e co fin de favorecer o pleno desenvolvemento de tódalas facetas da súa personalidade, nun ambiente o máis parecido ó ámbito familiar. Así, resulta esencial o traballo e a relación coa familia dos/das nenos, nenas ou adolescentes, sempre e cando esta sexa favorable a estes/as.
Poderán ser atendidos por este servizo aqueles nenos, nenas e adolescentes que conten con medida de protección á infancia ou adolescencia e para os cales a xefatura territorial correspondente asigne este recurso por responder ao seu interese superior.
De acordo co disposto no artigo 37 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, poderán ser beneficiarios do programa de acollemento residencial, así mesmo, as persoas maiores de idade cando fosen obxecto dunha medida de protección antes de acadar a condición referida.
Tamén poderán ser destinatarios do programa de acollemento residencial as persoas que cumpran unha medida de convivencia con familia ou grupo educativo, imposta ao abeiro da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.
Para poderen acollerse ao réxime de concerto social, as entidades que presten servizos sociais deberán cumprir os requisitos seguintes:
a) Estar debidamente inscritas no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Contar coa solvencia suficiente segundo os seguintes indicadores:
b.1) Solvencia económica e financeira. Acreditarase por un dos seguintes medios:
b.1.1) Volume anual de negocios, referido aos tres últimos exercicios concluídos dispoñibles en función da data de creación ou inicio das actividades da entidade. Reputarase solvente a entidade licitadora que acredite ter un volume de negocios no ámbito da atención á infancia e á adolescencia, referido ao ano de maior volume de negocios dos últimos tres concluídos, por un importe igual ou superior a:
Lotes ata 8 prazas residenciais (sen incluír atención de día): 180.000 euros por cada lote ao que se opte.
Lotes con 9 ou máis prazas residenciais (sen incluír atención de día): 250.000 euros por cada lote ao que se opte.
O volume anual de negocios da entidade acreditarase por medio de copia das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se a entidade está inscrita en dito rexistro. En caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante copia dos seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.
b.1.2) Un seguro de indemnización de responsabilidade civil, vixente ata o fin do prazo de presentación de ofertas, por un importe igual ou superior aos seguintes valores anuais.
Lotes ata 8 prazas residenciais (sen incluír atención de día): 180.000 euros por cada lote ao que se opte.
Lotes con 9 ou máis prazas residenciais (sen incluír atención de día): 250.000 euros por cada lote ao que se opte.
A súa acreditación efectuarase por medio de:
1. Unha declaración responsable asinada polo representante legal do licitador en que se exprese o importe asegurado e a súa vixencia, que deberá ser igual ou superior aos valores anuais indicados.
2. Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar de ser requirida, un certificado expedido pola aseguradora, en que consten os importes e riscos asegurados e data de vencemento do seguro, así como un documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, no caso en que proceda para garantir o mantemento da súa cobertura durante a execución do concerto.
b.2) Solvencia técnica ou profesional:
Reputarase solvente a entidade concertante que acredite, cando menos, un dos seguintes requisitos:
– Ter un ou varios servizos de natureza análoga ao obxecto deste concerto, que se prestasen a algunha Administración pública ou entidade privada (contabilizados ata o fin do prazo de presentación de proposicións) cuxos importes acumulados no ano de maior execución sexa igual ou superior ao 50 % do importe medio anual do custe do/dos lote/s do concerto social a que se opte.
A súa acreditación efectuarase por medio de:
Unha declaración responsable asinada polo representante legal do licitador en que figuren os principais servizos e traballos realizados de natureza análoga ao obxecto deste concerto nos últimos tres anos computados ata a data de fin de prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria, que inclúa importes, datas e destinatarios públicos ou privados.
Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida:
Se o destinatario foi unha entidade do sector público, copia da certificación de boa execución expedida ou visada polo órgano competente.
Se o destinatario é un suxeito privado, mediante unha copia da certificación de boa execución expedida por este ou, na falta de certificación, mediante unha declaración responsable da entidade en que manifeste ter realizado o traballo ou servizo a satisfacción daquel, acompañado dos documentos existentes no seu poder, que acrediten a realización da prestación.
– Polo menos a persoa que exerza de director/a e outro membro do equipo técnico contan, respectivamente en postos de características asimilables, cunha experiencia mínima de dous anos, dentro dos últimos tres, nalgunha empresa ou entidade que, pola súa vez, prestase servizos para unha Administración pública ou entidade privada, sempre que tanto o servizo prestado como as tarefas desempeñadas polo persoal teñan natureza análoga ao obxecto do concerto.
c) Contar cunha experiencia mínima de atención á infancia e á adolescencia de 2 anos.
d) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente.
e) Estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se detallan no punto K.3 desta resolución (póliza de seguros dos locais e de responsabilidade civil).
g) Acreditación da titularidade do centro ou dispoñibilidade mediante calquera título xurídico válido por un período non inferior ao da vixencia do concerto, así como, de ser o caso, a autorización da entidade ou persoa titular do local onde se atopa o centro e/ou se prestan os servizos.
h) Estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia
Servizo de Protección de Menores
Edificio Administrativo San Caetano, s/nº
15787 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544630
Email: proteccionmenores@xunta.gal
https://politicasocial.xunta.gal/es/temas/familia-e-infancia/proteccion-de-la-infancia
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG nº 45 do 6 de marzo de 2000).
Decreto 406/2003, do 29 de outubro, polo que se modifica o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG nº 222 do 14 de novembro de 2003).
Corrección de erros.-Decreto 406/2003, do 29 de outubro, polo que se modifica o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG nº 235 do 3 de decembro de 2003).
Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia (DOG nº 134 do 13 de xullo de 2011).
Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 3 do 7 de xaneiro de 2021).
Resolución do 18 de xaneiro de 2024 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a execución de programas de acollemento residencial en centros de protección á infancia e á adolescencia, dirixidos a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección, 475 prazas (DOG nº 25 do 5 de febreiro de 2024).
Resolución do 8 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 7 de maio de 2024 de selección de entidade privada sen ánimo de lucro no procedemento de asignación do concerto social para a execución de programas de acollemento residencial en centros de protección á infancia e á adolescencia, dirixidos a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección (DOG nº 95 do 16 de maio de 2024).
Real Decreto do 24 de xullo de 1889 polo que se publica o Código Civil (BOE nº 206 do 25 de xullo de 1889).
Lei Orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de Axuizamento Civil (BOE nº 15 do 17 de xaneiro de 1996).
Lei Orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE nº 175 do 23 de xullo de 2015).
Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE nº 180 do 29 de xullo de 2015).
Corrección de erros da Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE nº 285 do 28 de novembro de 2015).
Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia (BOE nº 134 do 5 de xuño de 2021).
Prazo de presentación: PECHADO
06/02/2024 00:00 - 05/03/2024 23:59
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Solicitudes .
1. As solicitudes de participación na convocatoria de concerto social deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo II).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A presentación da solicitude supón a aceptación incondicionada da persoa solicitante da totalidade do contido da convocatoria, sen excepción ou reserva ningunha.
Documentación complementaria .
1. As entidades interesadas deberán achegar, coa solicitude, a seguinte documentación:
a) Unha relación de todos os documentos que se presentan.
b) Declaración responsable ou certificación que acredite que conta coa solvencia económica e financeira e técnica ou profesional, segundo se indica na cláusula F desta convocatoria, no caso de optar por acreditala neste momento.
c) Documentación que acredite que a entidade conta cunha experiencia mínima de 2 anos na atención á infancia e á adolescencia, no caso de optar por acreditala neste momento. No caso de que esta experiencia derive de instrumentos xurídicos asinados coa Xunta de Galicia, acreditarase de oficio. A entidade presentará, de ser o caso, unha relación dos servizos prestados á Xunta de Galicia.
d) Relación do persoal adscrito ao servizo segundo o anexo V da resolución da convocatoria. O persoal poderase contratar ou asignar a este programa tras a adxudicación do concerto. Neste caso, indicarase neste momento «pendente de contratación». No caso de que se manteña o persoal subrogado, indicarase o número de orde que figure na táboa de subrogación que figura para cada lote no anexo VII.
e) Documentación que acredite os criterios de selección e preferencia (cláusula O) da resolución da convocatoria:
e.1) Proxecto de intervención educativa, diferenciado nas seguintes epígrafes:
– Proxecto educativo do centro.
– Itinerario de intervención educativa.
– Regulamento de organización, funcionamento e convivencia.
– Plan de formación continua do persoal.
e.2) Descrición das instalacións en que se levará a cabo o servizo. Para cada unha das instalacións ofertadas achegaranse as informacións e documentos seguintes:
– Situación xeográfica, coa súa localización en plano.
– Descrición clara das súas condicións físicas e arquitectónicas, que se acompañará de planos de planta e fotografías, tanto do exterior como dos espazos interiores, e sinalará para cada un destes o número de metros cadrados útiles e os usos correspondentes.
– Descrición do equipamento e recursos materiais con que conta.
e.3) Documentación que acredite a posesión da Marca Galega de excelencia en igualdade, do certificado de empresa familiarmente responsable e/ou do recoñecemento á promoción da parentalidade positiva, outorgado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), ou documentos equivalentes.
e.4) Declaración responsable ou documentación que acredite a continuidade na atención prestada no ámbito á protección á infancia e adolescencia e implantación na localidade onde se presta o servizo. No caso de que os servizos se refiran a programas efectuados no ámbito da Xunta de Galicia, a Comisión de Valoración comprobará, de oficio, os datos incluídos na declaración.
e.5) Documentación que acredite a experiencia da entidade no ámbito da protección á infancia e adolescencia. En caso de que a experiencia da entidade se refira a programas efectuados no ámbito da Xunta de Galicia, será suficiente cunha declaración responsable que comprobará, de oficio, a Comisión de Valoración.
f) Certificado de estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se mencionan no punto K.3 desta resolución do concerto (póliza de seguros dos locais e de responsabilidade civil).
g) Acreditación da titularidade do centro ou dispoñibilidade mediante calquera título xurídico válido por un período non inferior ao da vixencia do concerto, así como, de ser o caso, a autorización da entidade ou persoa titular do local onde se atopa o centro e/ou se prestan os servizos.
h) Certificado de estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.
i) Documentación que acredite os anos que a entidade, de ser o caso, leva desenvolvendo servizos relacionados coa protección á infancia e á adolescencia no concello a que se refira a oferta, cando non fosen financiados pola Consellería de Política Social e Xuventude.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE do representante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa empregada.
d) Inscrición no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT.
f) Comprobación de estar ao día coa Seguridade Social.
g) Comprobación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
h) Consulta da inexistencia de antecedentes penais do persoal que se designe para a prestación do servizo.
i) Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos de natureza sexual do persoal que se designe para a prestación do servizo.
j) Titulación universitaria, de ser o caso, do persoal que se designe para o servizo, segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.
k) Anos que a entidade, de ser o caso, leva desenvolvendo servizos relacionados coa protección á infancia e á adolescencia no concello ao que se refira a oferta, cando fosen financiados pola Consellería de Política Social e Xuventude.
2. No caso de que a entidade interesada se opoña á consulta, deberá indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
- Relación do persoal adscrito ao servizo (Anexo V)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Datos sobre o persoal a subrogar (Anexo VII)
- Relación mensual de nenos, nenas e adolescentes acollidos (Anexo IV)
- Relación do persoal adscrito ao servizo (Anexo V)
- Documentación a presentar pola entidade adxudicataria (Anexo III)
- Consentimento individualizado da comprobación de datos asinado por cada empregado/a da entidade adxudicataria (Anexo VI)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica de acordo coa LORPM nos centros para o cumprimento de medidas xudiciais privativas de liberdade do Complexo Montealegre (Ourense).
Selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña).
Participación na convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección.
Participación na convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do “Programa Integración Familiar”, cofinanciado polo Fondo Social Europeo plus no marco do ProgramaFSE+ Galicia 2021-2027.
Participación na convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, de prazas de atención de día dirixidas a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección.
Participación na convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do “Programa espazos de preservación familiar”, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.