Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS213D
Selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña).
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Política Social e Igualdade
1. A presente convocatoria ten por obxecto establecer o proceso para a selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña). Así mesmo, incluirá a atención dos fillos e fillas menores de tres anos que convivan coas súas nais internadas, de acordo co disposto na alínea n) do artigo 56 da citada lei e no artigo 34 do Real decreto 1774/2004, do 30 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.
O termo «persoa menor» entenderase no marco do disposto na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, así como na Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código penal, como extensivo á totalidade daquelas persoas ás cales lles sexa aplicable algunha medida derivada da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, independentemente de que alcanzasen ou non a maioría de idade no momento da execución, de acordo co uso que do dito termo se dá na antedita lei.
2. O procedemento terá o código BS213D para os efectos de identificación na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) e o acceso ao formulario de inicio específico, de uso obrigatorio para as entidades interesadas.
Poderán participar no procedemento de selección as entidades privadas sen ánimo de lucro cuxos fins, obxecto ou ámbito de actividades teñan relación directa co obxecto do convenio, segundo os seus estatutos ou regras fundacionais, e figuren inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social e Xuventude na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. O cumprimento deste requisito será comprobado de oficio pola Administración convocante.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
San Caetano, Edificio 8B
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545400
Email: dxfamilia.politicasocial@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
27/06/2022 00:00 - 22/07/2022 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será de 20 días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Os sábados e festivos considéranse inhábiles para todos os efectos.
En calquera caso, deberán dispoñer dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución da medida privativa de liberdade nos termos establecidos no convenio e na norma de aplicación.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Na solicitude, anexo III, asinada polo/a representante da entidade, deberán figurar datos identificativos e acreditativos de determinados aspectos sinalados nesta resolución e demais normativa aplicable:
a) Identificación da persoa solicitante, da persoa que a represente, enderezo para notificacións, datos bancarios e identificación da persoa para as funcións de coordinación e comunicación.
b) Declaracións sobre:
1º. Subscrición para o centro das seguintes pólizas de seguros:
1º.1. Póliza de seguros que cubra os danos e sinistros que se produzan nos locais, instalacións ou bens, aparellos e materiais afectos ao servizo.
1º.2. De responsabilidade civil que cubra:
1º.2.1. Os danos que poida sufrir calquera persoa, en si mesma ou nos seus bens, e que deriven do funcionamento do centro ou instalacións nos cales se leva a cabo a atención residencial e a intervención educativa integral.
1º.2.2. Os danos que poidan ser causados a terceiras persoas e aos seus bens polos/as profesionais e, en xeral, por calquera persoa dependente do centro ou entidade, incluídos os actos derivados de actividades relacionadas coa actividade conveniada, realizadas por calquera das persoas anteriormente citadas, tanto dentro como fóra das instalacións.
1º.2.3. Os danos que poidan ser causados a terceiras persoas e aos seus bens polas persoas menores atendidas, tanto dentro como fóra das instalacións.
A suma asegurada deberá ser dun mínimo de 300.000,00 € por sinistro e anualidade.
1º.3. De accidentes de menores residentes no centro, causados tanto no interior do centro e instalacións anexas como nos desprazamentos e actividades realizadas no exterior do centro.
A suma asegurada deberá ser dun mínimo de 20.000,00 € por persoa por falecemento e 50.000,00 € por invalidez permanente, incluír a asistencia médica ilimitada e cubrir os gastos sanitarios e de enterramento.
2º. Adscrición á execución das medidas dos medios persoais e materiais precisos para a súa boa execución, e, en todo caso, os indicados na memoria que se xunta como documentación complementaria.
3º. Condicións do cadro de persoal que vai desempeñar as súas funcións no centro: inexistencia de sentenza firme pola comisión de delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e o abuso sexual, acoso sexual exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos, en aplicación do artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil.
c) Indicación da documentación complementaria que se xunta e, se é o caso, constancia dos datos relativos a documentos achegados anteriormente con indicación do tipo, órgano administrativo ante o que se presentou, código de procedemento e data de presentación e/ou manifestación da oposición á consulta dos documentos sinalados no punto sexto.
Documentación complementaria.
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Escritura ou documento de constitución, estatutos en que conste a finalidade e as normas polas cales se regula a entidade na súa actividade, así como as súas modificacións se as houber, inscritos no correspondente rexistro oficial cando isto fose exixible conforme a normativa que lle sexa aplicable.
b) Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade para o caso de que esta se atribúa a persoa distinta á que figura no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social e Xuventude.
c) Certificación/s expedida/s pola entidade pública acreditativa/s da experiencia da entidade en programas con menores que se atopen baixo unha medida de protección por parte da Administración pública ou que deban cumprir medidas xudiciais ao abeiro da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, no caso de que se trate doutra Administración pública distinta da Administración autonómica galega.
d) Proxecto de intervención educativa coa estrutura e contidos mínimos determinados no punto 1.7 do anexo II. No dito proxecto incluiranse, se é o caso, os programas que a maiores presente a entidade para a súa valoración.
e) Memoria en que se indiquen os recursos humanos e materiais con que contará a entidade no centro para a execución das medidas de acordo co previsto no punto 2 do anexo II.
Na dita memoria figurarán, así mesmo, se é o caso, os medios materiais e persoais que a maiores presente a entidade para a súa valoración, con indicación nestes últimos do número de horas anuais que prestará cada profesional.
f) Plan de formación continua do persoal co contido indicado no punto 3 do anexo II.
g) Memoria descritiva dos proxectos de investigación en que participe a entidade, relacionados coa intervención educativa que se leva a cabo nos centros para o cumprimento de medidas privativas de liberdade, avalados por universidades e outros organismos públicos de investigación, se é o caso.
h) Proposta desagregada dos gastos totais derivados da execución da actividade obxecto de convenio, asinada polo responsable da entidade, cuxo importe en ningún caso poderá superar o previsto na presente convocatoria.
A dita proposta diferenciará entre gastos de persoal, gastos da seguridade, gastos de funcionamento do centro e gastos das persoas menores internadas.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a enmende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a enmenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
d) Certificado sobre cumprimento de obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
f) Certificación acreditativa da implantación dun plan de igualdade.
g) Resolución de recoñecemento da Marca galega de excelencia en igualdade.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio ao achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo III)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 7 de xuño de 2022 pola que se convoca o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña) (DOG nº 120 do 23 de xuño de 2022).
-
Corrección de erros. do 7 de xuño de 2022 pola que se convoca o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña) (DOG nº 130 do 8 de xullo de 2022).
-
Resolución do 11 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 10 de agosto de 2022 de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña) (DOG nº 158 do 22 de agosto de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Prazas xuvenís, Programa campaña de verán
Prazo aberto: 03/06/2026 16:00 - 02/09/2026 21:00
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano