Guía de procedementos e servizos

BS213D

Selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei Orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña)

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 25/01/2020 00:00 - 21/02/2020 23:59

A presente convocatoria ten por obxecto establecer o proceso para a selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na LORPM no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña). Así mesmo, incluirá a atención dos fillos e fillas menores de tres anos que convivan coas súas nais internadas, de acordo co disposto na alínea n) do artigo 56 da citada lei e no artigo 34 do Real decreto 1774/2004, do 30 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

Poderán participar no procedemento de selección as entidades privadas sen ánimo de lucro cuxos fins, obxecto ou ámbito de actividades teñan relación directa co obxecto do convenio segundo os seus estatutos ou regras fundacionais e figuren inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. O cumprimento deste requisito será comprobado de oficio pola Administración.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ADMINISTRATIVO SAN CAETANO

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545761

Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

Prazo de presentación: PECHADO

25/01/2020 00:00 - 21/02/2020 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será de 20 días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Os sábados e festivos considéranse inhábiles para todos os efectos.

En calquera caso, deberán dispoñer dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do convenio.

Presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo III).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365( https://sede.xunta.gal/chave365).

Na solicitude, anexo III, asinada polo/a representante da entidade, deberán figurar datos identificativos e acreditativos de determinados aspectos sinalados nesta resolución e demais normativa aplicable:

a) Identificación do solicitante, do/da representante, enderezo para notificacións, datos bancarios e identificación da persoa para as funcións de coordinación e comunicación.

b) Declaracións sobre:

1º. Subscrición para o centro, das seguintes pólizas de seguros:

1º.1. Póliza de seguros que cubra os danos e sinistros que se produzan nos locais, instalacións ou bens, aparatos e materiais afectos ao servizo.

1º.2. De responsabilidade civil que cubra:

1º.2.1. Os danos que puidese sufrir calquera persoa, en si mesma ou nos seus bens, e que deriven do funcionamento do centro ou instalacións en que se leva a cabo a atención residencial e a intervención educativa integral.

1º.2.2. Os danos que puidesen ser causados a terceiras persoas e aos seus bens polos/as profesionais e, en xeral, por calquera persoa dependente do centro ou entidade, incluídos os actos derivados de actividades relacionadas coa actividade conveniada, realizadas por calquera das persoas anteriormente citadas, tanto dentro como fóra das instalacións.

1º.2.3. Os danos que puidesen ser causados a terceiras persoas e aos seus bens polas persoas menores atendidas, tanto dentro como fóra das instalacións.

A suma asegurada deberá ser dun mínimo de 150.000,00 € por sinistro e 300.000,00 € por anualidade e equipamento.

1º.3. De accidentes de menores residentes no centro, causados tanto no interior do centro e instalacións anexas, como nos desprazamentos e actividades realizadas no exterior do centro.

A suma asegurada deberá ser dun mínimo de 6.000,00 € por persoa por falecemento e 30.000,00 € por invalidez permanente, incluír a asistencia médica ilimitada e cubrir os gastos sanitarios e de enterramento.

2º. Adscrición á execución das medidas dos medios persoais e materiais precisos para a súa boa execución e, en todo caso, os indicados na memoria que se adxunta como documentación complementaria.

3º. Condicións do persoal que vai desempeñar as súas funcións no centro: inexistencia de sentenza firme pola comisión de delito contra a liberdade e indemnidade sexual que inclúe a agresión e o abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos, en aplicación do artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil.

c) Indicación da documentación complementaria que se xunta e, se é o caso, constancia dos datos relativos a documentos achegados anteriormente con indicación do tipo, órgano administrativo ante o que se presentou, código de procedemento e data de presentación e/ou manifestación da oposición á consulta dos documentos sinalados no punto sexto.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As entidades deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Escritura ou documento de constitución, estatutos en que conste a finalidade e as normas polas que se regula a entidade na súa actividade, así como as súas modificacións se as houbese, inscritos no correspondente rexistro oficial cando isto fose exixible conforme a normativa que lle sexa aplicable.

b) Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade para o caso de que esta se atribúa a persoa distinta á designada no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social.

c) Certificación/s expedida/s pola entidade pública acreditativa/s da experiencia da entidade en programas con menores que se atopen baixo unha medida de protección por parte da Administración pública ou que deban cumprir medidas xudiciais ao abeiro da LORPM (no caso de que se trate doutra Administración pública distinta da Xunta de Galicia).

d) Proxecto de intervención educativa coa estrutura e contidos mínimos determinados no punto 1.7 do anexo II. No dito proxecto incluiranse, se é o caso, os programas que a maiores presente a entidade para a súa valoración.

e) Memoria en que se indiquen os recursos humanos e materiais cos que contará a entidade no centro para a execución das medidas de acordo co previsto no punto 2 do anexo II.

Na dita memoria figurarán así mesmo, se é o caso, os medios materiais e persoais que a maiores presente a entidade para a súa valoración, con indicación nestes últimos do número de horas anuais que prestará cada profesional.

f) Plan de formación continua do persoal co contido indicado no punto 3 do anexo II.

g) Memoria descritiva dos proxectos de investigación en que participe a entidade, relacionados coa intervención educativa que se leva a cabo nos centros para o cumprimento de medidas privativas de liberdade, avalados por universidades e outros organismos públicos de investigación, se é o caso.

h) Proposta desagregada dos gastos totais derivados da execución da actividade obxecto de convenio, asinada polo responsable da entidade, cuxo importe en ningún caso poderá superar o previsto na presente convocatoria.

A dita proposta diferenciará entre gastos de persoal, gastos da seguridade, gastos de funcionamento do centro e gastos das persoas menores internadas.

i) Declaración responsable do número de persoas traballadoras fixas con discapacidade e porcentaxe que representan sobre o cadro total de persoal (se é o caso).

2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Accederase a dita consulta de acordo co previsto ao respecto na normativa en materia de protección de datos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electrónicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse no marco do cumprimento da norma reguladora en materia de protección de datos, os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Certificado sobre cumprimento de obrigas coa Seguridade Social.

e) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

f) Certificación acreditativa da implantación dun plan de igualdade.

g) Resolución de recoñecemento da Marca Galega de Excelencia en Igualdade.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio ao achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electrónicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

3 meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña) (DOG nº 16 do 24 de xaneiro de 2020).

    • Resolución do 9 de xullo de 2020 pola que se modifica a Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal. (DOG nº 138 do 13 de xullo de 2020)

    • Corrección de erros. Resolución do 9 de xullo de 2020 pola que se modifica a Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal. (DOG nº 147 do 23 de xullo de 2020)

    • Resolución do 17 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 16 de xullo de 2020 de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no Centro de Reeducación Concepción Arenal (A Coruña) (código de procedemento BS213D) (DOG nº 149 do 27 de xullo de 2020)

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano