Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS210A - Recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia na comunidade autónoma de Galicia.
En particular, esta orde ten por obxecto o desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, canto aos requisitos e condicións para cada tipo de servizo e/ou libranza, as intensidades de protección dos servizos, o réxime de compatibilidades entre os servizos e libranzas, os criterios para a xestión das prestacións do sistema e a efectividade delas, o procedemento de valoración e recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para os/as menores de tres anos, así como dos supostos de emerxencia social, o procedemento para o recoñecemento da efectividade do dereito ás prestacións económicas das persoas solicitantes falecidas durante a tramitación do procedemento sen recibiren atención, as comisións provinciais de coordinación e o réxime de infraccións e sancións do Sistema a Autonomía e Atención á Dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia.
Titulares do dereito.
1. Poderán solicitar o recoñecemento da situación de dependencia os españois que, de conformidade co previsto no artigo 5 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, cumpran os seguintes requisitos:
a) Encontrarse en situación de dependencia nalgún dos graos establecidos.
b) Para os menores de tres anos, encontrarse en situación de dependencia conforme o disposto na disposición adicional décimo terceira da Lei 39/2006, do 14 de decembro.
c) Residir en territorio español e telo feito durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude. Para os menores de cinco anos o período de residencia exixirase a quen exerza a súa garda e custodia.
2. Así mesmo, será necesario que o beneficiario resida na Comunidade Autónoma de Galicia na data da presentación da solicitude.
3. As persoas que, reunindo os requisitos dispostos no parágrafo anterior, carezan da nacionalidade española ou non sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea, rexeranse polo establecido na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos tratados internacionais e nos convenios que se establezan co país de orixe. Aos/ás menores de idade que carezan da nacionalidade española aplicaráselles o disposto nas leis do/a menor vixentes, tanto no ámbito estatal como no autonómico, así como nos tratados internacionais.
4. As persoas en situación de dependencia que, como consecuencia da súa condición de emigrantes retornados, non cumpran o requisito do período de residencia no territorio español, poderán acceder ás prestacións con igual contido e extensión que as prestacións reguladas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, e na súa posterior normativa de desenvolvemento.
- Catálogo de servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia para o grao III, nivel 2 e 1, e para o grao II, nivel 2 e 1.
1. De conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia está configurado na Comunidade Autónoma de Galicia polo seguinte catálogo de servizos:
a) Servizos de prevención das situacións de dependencia e de promoción da autonomía persoal.
b) Servizo de teleasistencia.
c) Servizo de axuda no fogar.
d) Servizo de atención diúrna e de atención de noite para persoas en situación de dependencia:
1. Servizo de atención diúrna para persoas maiores.
2. Servizo de atención diúrna para persoas menores de 65 anos.
3. Servizo de atención diúrna especializada.
4. Servizo de atención de noite.
e) Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia:
1. Servizo residencial de persoas en situación de dependencia.
2. Estadías temporais en residencia.
3. Servizo de atención residencial a persoas en situación de dependencia, en razón dos distintos tipos de discapacidade.
f) Outros servizos de atención a persoas en situación de dependencia, en razón dos distintos tipos de discapacidade.
2. Os centros e servizos citados estarán suxeitos ao previsto na normativa vixente da Comunidade Autónoma de Galicia que regule a calidade, condicións e réxime de prestación dos servizos.
Libranzas do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia para o grao III, nivel 2 e 1, e para o grao II, nivel 2 e 1.
De conformidade co establecido no artigo 4 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, as libranzas do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia son as seguintes:
a) A libranza vinculada ao servizo, que ten por finalidade facilitar, por medio dunha achega económica, a adquisición dun servizo privado dos enumerados no artigo 7.1 desta orde, cando non sexa posible ser prestado mediante a oferta pública da rede de servizos sociais de atención á dependencia definida no artigo 2.2 desta orde.
b) A libranza para coidados no medio familiar, cuxa finalidade é que, con carácter excepcional, a persoa en situación de dependencia reciba no seu medio familiar os coidados non profesionais que precise e así se determine no correspondente programa individual de atención.
c) A libranza de asistencia persoal, que terá por obxecto a promoción da autonomía das persoas en situación de gran dependencia e dependencia severa, neste último suposto como complemento adicional da Comunidade Autónoma.
- Catálogo de servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia para o grao I, nivel 2 e 1.
1. De conformidade co establecido no Real decreto 175/2011, do 11 de febreiro, polo que se modifica o Real decreto 727/2007, do 8 de xuño, sobre criterios para determinar as intensidades de protección dos servizos e a contía das prestacións económicas da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, e o Real decreto 615/2007, do 11 de maio, polo que se regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia, o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia está configurado polo seguinte catálogo de servizos:
a) Servizos de prevención das situacións de dependencia.
b) Servizos de promoción da autonomía persoal.
1. Servizo de habilitación e terapia ocupacional.
2. Servizo de atención temperá.
3. Servizo de estimulación cognitiva.
4. Servizo de promoción, mantemento e recuperación da autonomía funcional.
5. Servizo de habilitación psicosocial para persoas con enfermidade mental ou discapacidade intelectual.
6. Servizo de apoios persoais e coidados en equipamentos especiais.
c) Servizo de teleasistencia.
d) Servizo de axuda no fogar.
e) Servizo de atención diúrna e de atención de noite para persoas en situación de dependencia:
1. Servizo de atención diúrna para persoas maiores.
2. Servizo de atención diúrna para persoas menores de 65 anos.
3. Servizo de atención diúrna especializada.
4. Servizo de atención de noite.
2. Os centros e servizos citados estarán suxeitos ao previsto na normativa vixente da Comunidade Autónoma de Galicia que regule a calidade, condicións e réxime de prestación dos servizos.
3. A prevención será prioritaria para as persoas en situación de dependencia en grao I, co obxecto de previr o agravamento do seu grao e nivel de dependencia, polo que debe formar parte de todas as actuacións que se realicen no ámbito do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.
4. Os plans de prevención das situacións de dependencia, elaborados pola Comunidade Autónoma, concretarán no seu correspondente ámbito territorial os criterios, recomendacións e condicións mínimas que estableza o Consello Territorial do SAAD.
- Libranzas do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia para o grao I, nivel 2 e 1.
De conformidade co establecido no Real decreto 175/2011, do 11 de febreiro, as libranzas do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia son as seguintes:
a) A libranza vinculada ao servizo, que ten por finalidade facilitar, por medio dunha achega económica, a adquisición dun servizo dos enumerados no artigo 9.1 desta orde, cando non sexa posible ser prestado mediante a oferta pública da rede de servizos sociais de atención á dependencia definida no artigo 2.2 da mesma orde.
b) A libranza para coidados no medio familiar, cuxa finalidade é que, con carácter excepcional, a persoa en situación de dependencia reciba no seu medio familiar os coidados non profesionais que precise e así se determinen no correspondente programa individual de atención.
As persoas que, reunindo os requisitos dispostos , carezan da nacionalidade española ou non sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea, rexeranse polo establecido na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos tratados internacionais e nos convenios que se establezan co país de orixe. Aos/ás menores de idade que carezan da nacionalidade española aplicaráselles o disposto nas leis do/a menor vixentes, tanto no ámbito estatal como no autonómico, así como nos tratados internacionais.
As persoas en situación de dependencia que, como consecuencia da súa condición de emigrantes retornados, non cumpran o requisito do período de residencia no territorio español, poderán acceder ás prestacións con igual contido e extensión que as prestacións reguladas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, e na súa posterior normativa de desenvolvemento.
Poderán ser persoas beneficiarias das prestacións reguladas na presente orde as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ter o recoñecemento da situación de dependencia nalgún dos graos establecidos na Lei 39/2006, do 14 de decembro, segundo o disposto no artigo 2 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, conforme o calendario de aplicación progresiva establecido na disposición derradeira primeira da citada lei.
b) Que a prestación sexa determinada como a modalidade de intervención máis axeitada, segundo as necesidades de atención da persoa en situación de dependencia, no programa individual de atención.
c) Que se acredite o cumprimento dos requisitos específicos para o aceso ás prestacións que correspondan en cada caso, conforme a normativa vixente.
d) Que a percepción da prestación se adecue ao réxime de compatibilidades regulada no capítulo III da presente orde.
- Requisitos específicos de acceso e intensidade dos servizos:
Intensidades dos servizos.
1. A intensidade dos servizos do Sistema a Autonomía e Atención á Dependencia establecerase no correspondente programa individual de atención. A intensidade determinarase polo contido prestacional de cada un dos servizos asistenciais e pola súa duración ou extensión segundo o grao e nivel de dependencia recoñecido, nos termos establecidos nos artigos seguintes.
2. Enténdense por servizos asistenciais os que ten que recibir a persoa en situación de dependencia para a súa atención e coidado persoal na realización das actividades da vida diaria, así como os que teñen como finalidade a promoción da súa autonomía persoal.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña
Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Coruña
Rúa Concepción Arenal, nº 7 - 9
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881504
Fax: 981881506
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo
Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal de Lugo
Rúa Serra de Ancares, nº 68 baixo
27003 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294427
Fax: 982889162
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense
Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal de Ourense
Rúa Sáenz Díez, nº 33
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386199
Fax: 988386159
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo
Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8
Teléfono: 986817805/ 986817824
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade
Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 34 de 19 de febreiro de 2010).
Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 9 do 13 de xaneiro do 2012).
Corrección de erros. Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 42 do 29 de febreiro de 2012).
Corrección de erros. Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 67 do 9 de abril de 2012).
Orde do 9 de Agosto de 2012 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 157 do 20 de agosto de 2012).
Orde do 1 de abril de 2013 pola que se aproba o modelo de informe social unificado para a área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal e se aproba a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 69 do 10 de abril de 2013).
Orde do 19 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 86 do 6 de maio de 2013).
Corrección de erros. Orde do 19 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 94 do 20 de maio de 2013).
Orde do 27 de marzo de 2014 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 64 do 2 de abril de 2014).
Corrección de erros. Orde do 19 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 153 do 13 de agosto de 2014).
Orde do 25 de febreiro de 2015 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 45 do 6 de marzo de 2015).
Orde do 27 de agosto de 2015 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 169 do 4 de setembro de 2015).
Decreto 142/2023, do 21 de setembro, polo que se regulan o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 212 do 8 de novembro de 2023).
Orde do 16 de novembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 222 do 22 de novembro de 2023).
Orde do 30 de novembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competente (DOG nº 229 do 1 de decembro de 2023).
Lei 39/2006, 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de Dependencia (BOE nº 299 do 15 de decembro de 2006).
Real Decreto 504/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o baremo de valoración da situación de dependencia establecido pola Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia (BOE nº 96 do 21 de abril de 2007).
Real Decreto 615/2007, do 11 de maio, polo que se regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia (BOE nº 114 do 12 de maio de 2007).
Real Decreto 614/2007, do 11 de maio, sobre nivel mínimo de protección do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia garantido pola Administración Xeral do Estado (BOE nº 114 do 12 de maio de 2007).
Corrección de erros do Real Decreto 615/2007, do 11 de maio, polo que se regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia (BOE nº 140 do 12 de xuño de 2007).
Real Decreto 99/2009, do 6 de febreiro, polo que se modifica o Real Decreto 614/2007, do 11 de maio, sobre nivel mínimo de protección do sistema para a autonomía e atención á dependencia garantido pola Administración Xeral do Estado (BOE nº 43 do 19 de febreiro de 2009).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
-
Solicitude normalizada.
-
Fotocopia compulsada do DNI/NIE/Pasaporte do solicitante ou calquera outro do-cumento acreditativo da súa identidade, de conformidade coa normativa vixente, no caso de que non se autoriza a súa consulta.
-
Cando a persoa solicitante sexa un menor de idade, copia compulsada do libro de familia, que inclúa a folla na que apareza o nome do/a beneficiario/a, no caso de non posuír DNI.
-
Acreditación da representación que se ten da persoa solicitante, se e o caso, e copia compulsada do DNI/NIE do representante.
-
Certificado de empadroamento emitido polo concello correspondente que acredite a residencia nun municipio da comunidade autónoma no momento de presentar a solicitude, en el caso de que no se autorize a súa consulta. Da presentación deste documento están eximidas as persoas que estean sendo atendidas dentro do sistema público de servizos sociais (residencias, centro de día, axuda no fogar) da Comunidade Autónoma de Galicia.
-
Certificado/s de empadroamento emitido polos concellos correspondentes que acrediten a residencia da persoa solicitante en España durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.
Para o caso de menores de cinco anos, certificado de empadroamento que acredite a residencia de quen teña a súa representación.
No suposto de residentes que carezan da nacionalidade española deberán presentar certificado emitido polo Ministerio do Interior que acredite o cumprimento dos mesmos períodos.
-
No caso de ser emigrante retornado e non cumprir o requisito do período de residencia, acreditarase esta circunstancia mediante certificado de emigrante retornado expedido na Delegación do Goberno correspondente ou mediante a correspondente baixa consular.
-
Informe de condicións de saúde emitido por un profesional do Servizo Galego de Saúde, doutras administracións públicas que traten habitualmente á persoa solicitante ou de entidades concertadas ou conveniadas coa Seguridade Social ou reximes especiais, conforme o modelo do anexo II.
Terá o carácter de informe de condicións de saúde complementario o emitido por profesionais de entidades, asociacións e corporacións sen ánimo de lucro no ámbito da discapacidade, así como o emitido por profesionais de entidades xestoras de servizos sociais de centros residenciais onde se atope o solicitante.
Estarán exentas da presentación do informe sobre as condicións de saúde as persoas solicitantes de homologación que tiveran recoñecida a necesidade de axuda de terceira persoa, cunha puntuación de 45 puntos ou máis, segundo o Real decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade.
-
Informe social, emitido polo/a traballador/a social dos servizos sociais comunitarios do domicilio da persoa solicitante e, se e o caso, do/a traballador/a social do sistema de saúde ou do/a traballador/a social dos servizos sociais especializados, conforme o modelo do anexo III.
-
Certificado de discapacidade coa puntuación de axuda de terceira persoa (ATP) cando fora emitido por outra comunidade autónoma, se e o caso.
-
Resolución de grao e nivel, se e o caso, cando sexa emitido por outra comunidade autónoma.
-
Manifestación da persoa solicitante ou do seu representante, conforme o punto nº 10 e 11 do modelo anexo I da solicitude, da súa preferencia dentro do catálogo de servizos e prestacións económicas do sistema para a autonomía e atención á dependencia.
No caso de solicitude de prestación económica para coidados no contorno familiar, certificado de empadroamento do coidador, declaración xurada do grao de parentesco que os une ou tipo de relación se non e a filial, conforme o punto nº 11 do modelo anexo I da solicitude, e DNI/NIE ou outro documento acreditativo da súa identidade.
-
Certificado de convivencia da persoa solicitante segundo padrón municipal.
-
Declaración do imposto da renda das persoas físicas, certificado de toda clase de pensións percibidas pola persoa solicitante ou declaración xurada de non percibilas, xunto coa autorización para a consulta e comprobación dos seus datos económicos conforme o modelo anexo I da solicitude, en cuxo caso o solicitante non estará obrigado a presentar estes documentos.
-
Declaración responsable acerca do patrimonio da persoa solicitante na que se detalle o conxunto das súas titularidades de bens e dereitos de contido económico, de xeito que quede completamente acreditada a súa situación patrimonial, conforme o anexo IX.
-
Copia compulsada, de ser o caso, do DNI/NIE ou doutro documento acreditativo da súa identidade, do cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade, que dependan economicamente do solicitante.
Cando existan menores de idade que dependan economicamente da persoa solicitante, copia compulsada do libro de familia no caso de que estes non posúan DNI.
-
Declaración do imposto da renda das persoas físicas, certificado de toda clase de pensións percibidas polo cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade, economicamente a cargo da persoa solicitante, ou declaración xurada de non percibilas, xunto coa autorización para a consulta e comprobación dos seus datos económicos conforme o modelo anexo I da solicitude, en cuxo caso non estarán obrigados a presentar estes documentos, e declaración responsable do seu patrimonio, conforme o modelo anexo IX.
-
O solicitante e as demais persoas obrigadas a presentar copia compulsada do DNI/NIE ou doutro documento acreditativo da súa identidade, sinaladas no artigo anterior, autorizarán expresamente o departamento territorial da consellería competente en materia de servizos sociais a acceder aos datos do DNI por medios dixitais, suposto en que non será necesaria a presentación de copias destes documentos en soporte papel.
- Inicio
- Autorización (Anexo IX)
- Declaración (Anexo VII)
- Compromiso de cumprir coas condicións en materia de seguridade social relativas á persoan que prestará os servizos de asistencia persoal (Anexo I)
- Valoración de características (Anexo X)
- Informe de saúde (Anexo VIII-II)
- Solicitude (Anexo VIII-I)
- Informe Social (Anexo VIII-III)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración do pagamento por asistencia persoal (Anexo VIII)
- Declaración de mantemento dos requisitos que deron lugar ao recoñecemento do dereito á libranza de asistencia persoal (Anexo VII)
- Declaración de mantemento dos requisitos que deron lugar ao recoñecemento do dereito á libranza vinculada á adquisición do servizo (Anexo IV)
- Certificación acreditativa da utilización do servizo (Anexo V)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Axudas para a posta en marcha de casas do maior.
Selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica de acordo coa LORPM nos centros para o cumprimento de medidas xudiciais privativas de liberdade do Complexo Montealegre (Ourense).
Selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña).
Participación na convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do “Programa Integración Familiar”, cofinanciado polo Fondo Social Europeo plus no marco do ProgramaFSE+ Galicia 2021-2027.
Participación na convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, de prazas de atención de día dirixidas a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección.
Participación na convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do “Programa espazos de preservación familiar”, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.