Guía de procedementos e servizos

AU219A

Cambio de titularidade de aproveitamentos hidráulicos.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Se vostede, como particular ou representando a unha persoa xurídica desexa transmitir ou dispoñer da súa concesión debe solicitar da Xunta de Galicia a oportuna autorización.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

Zona Hidrográfica de Galicia Norte

Rúa Vicente Ferrer, nº 2 - 9ª planta

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182531/ 981182536

Fax: 981182532

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

Zona Hidrográfica de Galicia Centro

Rúa Tomiño, nº 16 baixo

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544726/ 981543959

Fax: 981545347

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

Zona Hidrográfica de Galicia Sur

Rúa López de Neira, nº 3 - 4ª planta, local 403

36202  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817159

Fax: 986817155

Augas de Galicia
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Segundo a Orde de modificación do 18 de xuño de 2019 (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019), o prazo de presentación de solicitude comezará o día 15 de xullo de 2019 e permanecerá aberto durante todo o ano.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Para todas as solicitudes:

    • Taxas administrativas devengadas pola tramitación da solicitude.

    • Calquera outra documentación que se considere oportuno presentar.

  • Para solicitudes de usos privativos por disposición legal:

    • Copia do documento que acredite a transmisión da titularidade da finca a nome da persoa solicitante.

  • Para solicitudes de concesión de augas:

    • Documento público ou fidedigno que acredite o tracto sucesivo da concesión ou a súa reaunudación

    • Copia do título de propiedade ou dereito real do ben ao que se destinan as augas (se non se acredita o tracto sucesivo) e declaración responsable de non poder acreditar fidedignamente o tracto sucesivo.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • NIF da entidade solicitante.

  • Para os casos de usos privativos por disposición legal:

  • Resolución do recoñecemento do uso privativo de augas.

  • Para os casos de concesión de augas:

  • Autorización administrativa previa (cando o aproveitamento implique un servizo público)

  • Datos da resolución de concesión das augas

Despois de presentar

Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de "IF321D. Recurso en materia de augas"

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 222 do 18 de novembro de 2010).

    • Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).

    • Orde do 18 de xuño de 2019 pola que se modifica a Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019).

    • Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do Dominio Público Hidráulico, que desenvolve os títulos preliminar I, IV, V, VI e VII da Lei 29/1985, do 2 de agosto, de Augas (BOE nº 103 do 30 de abril de 1986).

    • Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Augas (BOE nº 176 do 24 de xullo de 2001).

    • Corrección de erros do texto refundido da Lei de Augas, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo (BOE nº 287, do 30 de novembro de 2001).

    • Real Decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano (BOE nº 45, do 21 de febreiro de 2003).

    • Corrección de erratas do Real Decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano (BOE nº 54, do 4 de marzo de 2003).

    • Real Decreto-Lei 4/2007, do 13 de abril, polo que se modifica o texto refundido da Lei de Augas, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo (BOE nº 90, do 14 de abril de 2007).

    • Real Decreto 1120/2012, do 20 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano (BOE nº 207, do 29 de agosto de 2012).

    • Real Decreto 11/2016, do 8 de xaneiro, polo que se aproban os Plans Hidrolóxicos das demarcacións hidrográficas de Galicia-Costa, das Concas Mediterráneas Andaluzas, do Guadalete e Barbate e do Tinto, Odiel e Pedras (BOE nº 19, do 22 de xaneiro de 2016).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano